Mar Negro

O mar Negro (en latín Pontus Euxinus, abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar situado entre a Europa Oriental e a Asia Occidental.

Atópase encerrado entre os Balcáns, a estepa póntica, Crimea, o Cáucaso e a península de Anatolia. O estreito do Bósforo conéctao co pequeno mar de Mármara, e o estreito dos Dardanelos conecta ao mar anterior co mar Exeo, que é unha división do mar Mediterráneo. Tamén está conectado co mar de Azov, situado ao nordés, polo estreito de Kerch. O mar Negro forma unha depresión elíptica cunha pendente de leste a oeste, e ten unha superficie de 436 400 km² (sen incluír o mar de Azov), unha profundidade máxima de 2212 m e un volume de 547 000 km³. Os países ribeiregos do mar Negro son, empezando polo sur e en sentido horario, Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia (o Krai de Krasnodar, o Óblast de Rostov e Crimea), e Xeorxia.

Mar Negro
Mar Negro
Localización administrativa
EstadoBulgaria Bulgaria
Xeorxia Xeorxia
Romanía Romanía
Rusia Rusia
Turquía Turquía
Ucraína Ucraína
Localización xeográfica
Océano / MarMar epicontinental
ContinenteEuropa - Asia
Cunca2 millóns Km2
Xeografía
Mares contiguosMar de Azov
mar de Mármara
(mar Exeo,
mar Mediterráneo)
Illas interiores10+
AfluentesDanubio (2.888 km),
Dniéper (2.290 km)),
Dnister (1.352 km)
Kubán (870 km)
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Karkinit
esteiro do Dniéper
PenínsulasCrimea
EstreitosBósforo (Mármara)
Dardanelos (Exeo)
estreito de Kerch (Azov)
Características
Superficie436 400 km²
Lonxitude máxima1175 km
Profundiade máxima2212 m
Capacidade547 000 km³
Outros datos
Salinidade17%
Mapa
Mar Negro
Localización do mar Negro.
Mar Negro

Vista satélite
Mar Negro
O mar Negro coa península da Crimea e o mar de Azov ao norte.

Está delimitado polos montes Pónticos ao sur e polas montañas do Cáucaso ao leste, e conta cunha ampla meseta ao nordés. A súa maior lonxitude de leste a oeste é de 1 175 km. Entre as cidades importantes das súas costas están: Batumi, Burgas, Constancia, Giresun, Hopa, Istambul, Kerch, Mangalia, Năvodari, Novorossiisk, Odesa, Ordu, Poti, Rize, Sinope, Samsun, Sebastopol, Sochi, Sozopol, Sukhumi, Trebisonda, Varna, Ialta e Zonguldak.

Existe unha saída neta de auga de 300 km³ ao ano a través do Bósforo e do estreito de Dardanelos cara ao mar Exeo, mentres que a auga do Mediterráneo discorre cara ao mar Negro como parte dun camiño de ida e volta de intercambio hidrolóxico. O fluxo que sae do mar Negro é máis frío e menos salino, e o fluxo que entra desde o Mediterráneo é máis cálido e salino, polo que este fluxo é o resultado dos cambios de densidade causados pola diferente salinidade, o que dá lugar a unha gran cantidade de auga anóxica a 150 m baixo a superficie, que teñen a particularidade de descompoñer os barcos afundidos fabricados en ferro pero non así os barcos de madeira. O mar Negro tamén recibe auga do gran sistema fluvial de Eurasia polo norte do mar. Os ríos que lle achegan máis auga son o Danubio, o Dnister, o Dniéper e o Don.

Os niveis de auga deste mar variaron significativamente ao longo da historia. Debido a estas variacións do nivel da auga na conca, os límites actuais deste mar foron ás veces bancais xeolóxicas secas. Cando se dan determinados niveis de auga elevados é posible que o mar se conecte con outras augas próximas para estabilizarse. É a través dunha destas rutas de conexión máis activas, o estreito turco, onde este mar conéctase cos océanos do mundo. Cando esta ligazón hidrolóxica non está presente, o mar Negro transfórmase nunha conca endorreica que opera de forma independente do sistema global dos océanos, como é o caso do mar Caspio. O estreito turco conecta o mar Negro co Exeo, e abarca o Bósforo, o mar de Mármara e o estreito de Dardanelos.

Nome

Mar Negro 
Costa do Mar Negro en Ordu
Mar Negro 
Cabo Kapchik en Crimea
Mar Negro 
Mar Negro preto de Constancia, Romanía

Nomes modernos

Os nomes actuais do mar adoitan ser equivalentes do nome galego "Mar Negro", incluídos os que se dan nos países ribeiregos:

Estes nomes non quedaron establecidos do todo ata o século XII, pero hai indicios de que poderían ser bastante máis antigos. En Grecia, o nome histórico Ponto Euxino (Eύξεινος Πόντος, Eúxeinos Póntos), que significa «Mar Hospitalario/Acolledor», segue sendo usado amplamente.

Nomes históricos e etimoloxía

O nome máis antigo que se coñece do mar Negro é mar de Zalpa, chamado así tanto polos hattianos e os seus conquistadores os hititas. A cidade hitita de Zalpa estaba "situada probablemente en ou preto do estuario do río Marrassantiya, o moderno Kızıl Irmak, na costa do Mar Negro".

En xeral, acéptase que o nome principal grego Ponto Euxino é unha tradución da palabra iraniana *axšaina-. ("sombrío, gris, azul escuro"). Os antigos viaxeiros gregos adoptaron o nome como Á-xe(i)nos, identificado coa palabra grega áxeinos (hostil aos estranxeiros)., e logo, máis tarde, cando as súas correntes lles foron máis familiares e navegables, foi designado como Pontos Euxeinos (de eu- "ben" e xeinos "estranxeiro") ou Pont-Euxin (é dicir "Mar amigábel" ou "acolledor"). Outros pensan que era chamado acolledor precisamente por lle dar un nome contrario ao que ocorría en realidade, co fin de evitar as súas treboadas.

E o nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o norte, o "azul" para o oeste, o "branco" para o sur e o "verde" para o leste. ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual). O nome Πόντος Ἄξεινος Póntos Áxeinos (Mar Inhóspito), testemuñado por primeira vez por Píndaro (c. 475 a.C.), considerábase un mal presaxio e se eufemizaba ao seu oposto, Εὔξεινος Πόντος. Eúxeinos Póntos (Mar Hospitalario), tamén testemuñado por primeira vez por Píndaro. Esta denominación converteuse na de uso común en grego, aínda que en contextos mitolóxicos seguiuse preferindo o nome "verdadeiro" Póntos Áxeinos.

Na obra Geographika (1.2.10) Estrabón di que na antigüidade, o mar Negro era chamado a miúdo "O Mar" (ὁ πόντος, ho pontos). Estrabón (7.3.6) cre que o mar Negro foi chamado "Inhóspito" antes da colonización grega porque era difícil de navegar e porque as súas costas estaban poboadas por tribos salvaxes. O nome foi cambiado polo de "Hospitalario" despois de que os milesios gregos colonizasen a costa sur, o Ponto, converténdoa en parte da civilización grega.

A suposición popular fai derivar "Mar Negro" da cor escura da auga ou das condicións climáticas. Algúns estudosos entenden que o nome deriva dun sistema de simbolismo cromático que representa os puntos cardinales, co negro ou escuro para o norte, o vermello para o sur, o branco para o oeste e o verde ou azul claro para o leste. Por iso é polo que "Mar Negro" significase "Mar do Norte". De acordo con este esquema, o nome só podería orixinarse cun pobo que vivía entre o norte (negro) e o sur (vermello)s: isto apunta á aqueménidas (550-330  aC).

No Gran Bundahishn, unha escritura zoroastriana do persa medio, o Mar Negro chámase Siyābun. No libro de xeografía persa do século X Hudud al-'Alam, o mar Negro chámao mar de Xeorxia (daryā-yi Gurz). As Crónicas xeorxianas usan o nome zğua sperisa ზღუა სპერისა (Mar de Speri) en nome da tribo kartveliana de sapires ou saspiris. Outros nomes modernos como Chyornoye more e Karadeniz (ambos significan Mar Negro) orixinouse durante o século XIII. Un mapa de Asiae Nova Descriptio de 1570 do Theatrum Orbis Terrarum de Abraham Ortelius etiqueta o mar como Mar Maggior (Mar Grande), comparao do latín mare major.

Os escritores ingleses do século XVIII utilizaban a miúdo o termo Euxine Sea (/ˈjksɪn/ ou /ˈjkˌsn/). Edward Gibbon, por exemplo, chamaba ao mar desta forma na súa obra The History of the Decline and Fall of the Roman Empire. Durante o Imperio Otomán, chamábase Bahr-e Siyah ou Karadeniz, ambos significaban "Mar Negro" en turco otomán, e o primeiro consistía en lingua persoárabe .

Xeografía

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Mar Negro como segue:

'No suroeste. O límite nordés do Mar de Mármara. [Unha liña que une o Cabo Rumili co Cabo Anatoli (41°13'N)]. No estreito de Kerch. [Unha liña que une os cabos Takil e Panaghia (45°02'N)].

A zona que rodea o mar Negro denomínase comunmente Rexión do Mar Negro. A súa parte setentrional atópase dentro do cinto de Chernozem (cinto de terra negra) que vai desde o leste de Croacia (Eslavonia), ao longo do río Danubio (norte de Serbia, norte de Bulgaria (Chaira Danubiana) e sur de Romanía (Chaira Valaquia)) ata o nordés de Ucraína e máis aló a través da Rexión Central da Terra Negra e o sur de Rusia ata Siberia.

A zona litoral do mar Negro adoita denominarse litoral póntico ou zona póntica.

As maiores baías do mar Negro son a baía de Karkinit en Ucraína; o golfo de Burgas en Bulgaria; as baías de Dnieprovski e Dniestrovski, ambas as dúas en Ucraína; as baías Sinop e Samsun, ambas as dúas en Turquía.

Litoral e zonas económicas exclusivas

Lonxitude do litoral e superficie das zonas económicas exclusivas
País Lonxitude da costa (km) Zona económica exclusivas area (km2)
Mar Negro  Turquía 1,329 172,484
Mar Negro  Ucraína 2,782 132,414
Mar Negro  Rusia 800 67,351
Mar Negro  Bulgaria 354 35,132
Mar Negro  Xeorxia 310 22,947
Mar Negro  Romanía 225 29,756
Total 5,800 460,084

Conca de drenaxe

Os ríos máis grandes que desembocan no Mar Negro son:

  1. Danubio
  2. Dnieper
  3. Don
  4. Dnister
  5. Kızılırmak
  6. Kuban
  7. Sakarya
  8. Bug Meridional
  9. Çoruh/Chorokhi
  10. Yeşilırmak
  11. Rioni
  12. Yeya
  13. Mius
  14. Kamchiya
  15. Inguri
  16. Kalmius
  17. Molochna
  18. Tylihul
  19. Velykyi Kuialnyk
  20. Veleka
  21. Rezovo
  22. Kodori
  23. Bzyb/Bzipi
  24. Supsa
  25. Mzymta

Estes ríos e os seus afluentes forman unha conca hidrográfica de 2 millón de km2 no Mar Negro que abarca total ou parcialmente 24 países:

Illas

Algunhas illas do mar Negro pertencen a Bulgaria, Romanía, Turquía e Ucraína:

  • Illa de Santo Tomás - Bulgaria
  • Illa de Santa Anastasia - Bulgaria
  • Illa de San Cirico - Bulgaria
  • Illa de San Iván - Bulgaria
  • Illa de San Pedro - Bulgaria
  • Illa Sacalinu Mare - Romanía
  • Illa Sacalinu Mic - Romanía
  • Misura / Novaya Zemliya - Romanía e Ucraína
  • Illa de Utrish
  • Illa de Krupinin
  • Illa Sudiuk
  • Illa Kefken
  • Illa de Oreke
  • Illa de Giresun - Turquía
  • Illa de Dzharylgach - Ucraína
  • Illa das Serpes - Ucraína

Clima

Mar Negro 
Xeo no golfo de Odesa

A variación climática a curto prazo na rexión do Mar Negro está moi influída polo funcionamento da oscilación do Atlántico Norte, os mecanismos climáticos resultantes da interacción entre o Atlántico norte e as masas de aire de latitudes medias. Aínda que os mecanismos exactos que causan a Oscilación do Atlántico Norte seguen sen estar claros, crese que as condicións climáticas establecidas en Europa occidental median nos fluxos de calor e precipitacións que chegan a Europa central e Eurasia, regulando a formación de ciclóns invernais, responsables en gran medida das achegas rexionais de precipitacións. e inflúen nas temperaturas da superficie do mar Mediterráneo (SST).

Características

Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. Descargan tamén no Mar Negro o Dnister, o Dniéper e o Don. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.

Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma de Ucraína.

Formación

Teoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno

O Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.

Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, isto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estruturas constituídas polo ser humano a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destes moluscos indica que teñen unha idade duns 7 000 anos.

Tendo en conta estes feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocorreu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce superaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e desaugaba no mar Mediterráneo.

Teoría da inundación ou o dioivo

En 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produciu unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.

Historia

Dende a antigüidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vías de entrada do gas natural ruso en Europa.

Fauna

Mar Negro 
Mexillón cebra.

O Mar Negro conta con especies animais características como son:

  • O mexillón cebra: O Mar Negro é, xunto ao Mar Caspio, o lugar de orixe desta especie de onde se foi estendendo a través da acción do home a gran parte do planeta. Na actualidade está considerada como especie invasora na maior parte destes lugares de destino.
  • A carpa común ou europea: É orixinaria tanto do Mar Negro coma do Caspio e o Mar de Aral. Ao igual que o mexillón cebra é unha especie invasora en gran número de ecosistemas.
  • O neogobius melanostomus: Tamén é orixinaria do Mar Negro e Caspio e tamén é unha perigosa especie invasora, como por exemplo nos Grandes Lagos de América do Norte.

Poboación

Mar Negro 
Localización das principais cidades do mar Negro.

As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Istambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Ialta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebisonda, Samsun e Zonguldak.

Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro.

Mar Negro 
Estanbul
Mar Negro 
Odesa

Pos. Cidade País Rexión Poboación urbana

Mar Negro 
Samsun
Mar Negro 
Sevastopol

1 Istambul Turquía Istambul 13 624 240
2 Odesa Ucraína Odesa 1 003 705
3 Samsun Turquía Samsun 535.401
4 Sebastopol Ucraína Crimea 379,200
5 Sochi Rusia Krasnodar Krai 343,334
6 Varna Bulgaria Varna 334,870
7 Trebisonda Turquía Trebisonda 305,231
8 Constanţa Romanía Constanța 283,872
9 Novorosíisk Rusia Krasnodar Krai 241,952
10 Burgas Bulgaria Burgas 223,902

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Mar Negro NomeMar Negro XeografíaMar Negro CaracterísticasMar Negro FormaciónMar Negro HistoriaMar Negro FaunaMar Negro PoboaciónMar Negro NotasMar Negro Véxase taménMar Negro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gonzalo Torrente BallesterConflito das EncrobasXosé Rubia BarciaGalipediaCatedral de OurenseRonaldoO pensadorHenrique MonteagudoGarcilaso de la VegaBloque Nacionalista GalegoManuel Lago González2005Flora invasora de GaliciaMaceiraMartiño de DumioWikiLista de prefixos e sufixosSete SabiosAna ObregónLista de nomes masculinos en galegoPavillón Multiúsos Fontes do SarLuka ModrićNiceto Alcalá-ZamoraLugoMiguel Pampín RúaReal Club Celta de VigoTereixa NavazaCanle (comunicación)Timothée ChalametJosé Luis GilRosario Porto OrtegaBipartito galegoVienaGalego-portuguésAndorraNocelloJosé Antonio Primo de RiveraReconquistaMatriz cadradaHelsingin JalkapalloklubiFauna de GaliciaFragas do EumeCosta da MorteAires da miña terraJ. R. R. TolkienCuntisAlejandra PizarnikMarina CastañoMadridCantabriaImperio BizantinoMoscovaIndonesiaCaralloBernardino GrañaFranciaKarl MarxCota lácteaIllas BalearesXestaImperio BritánicoCandela PeñaPrepucio do clítorisViveiroVacaGrupo EroskiPetróglifoAgustina de AragónSara ErraniPosicións sexuaisPrimeira República GalegaDigital object identifierManuel González González (músico)Teoría de gruposNigel Williams-GossBidueiroKeanu Reeves🡆 More