Digital Object Identifier

O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais.

Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012). O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.

É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.

O sistema de control DOI foi elaborado pola Corporación Nacional para Iniciativas de Investigación (CNRI), unha asociación estadounidense non lucrativa destinada a promover o desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación no campo da investigación científica.

A Fundación DOI xestiona o sistema DOI en nome das axencias encargadas dos rexistros DOI e é unha autoridade de rexistro da ISO 26324.

Véxase tamén

Notas

Ligazóns externas

Tags:

InternetLingua inglesaOrganización Internacional para a Estandarización

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cantigas de Santa MaríaGerardo Pardo de VeraBaldur BrönnimannAnimaisPartido Comunista dos Traballadores de EspañaPili PampínIdade Media3/24Guerra de Sucesión EspañolaCastro de BaroñaPastora VegaMesopotamiaAdiviñaSurribasManuel Gallego VilaRefraneiro galego sobre o mes de maioA fiestra valdeiraVitoriaThe Lady in the VanCastro de Santa TregaCervantesCambreAbrilÁlvaro CunqueiroParlamento VascoVento feridoFesta da coca de RedondelaPepe CarreiroConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeTereixa NavazaTAlfredo García RamosChimpínAnya Taylor-JoyJuan CorralRamiro CarregalPaulino PereiroMosDublínCarmen Guillén LorenteGrupo EroskiFerrolLista de ríos de EspañaBárbaroDereito de autoríaDaniel BasteiroManuela ReyMaría Xosé QueizánPraza da QuintanaXosé Quiroga SuárezArandoEstoniaXurxo de CapadociaEleccións municipais de 2023 en GaliciaXosé Manuel PiñeiroSergio RamosInstituto de Tecnoloxía de MassachusettsMariana EspósitoRepública Popular da ChinaCategoría Primera AEl LuísPedro Vázquez de NeiraImmanuel KantPorto da LúaQueens Park Rangers F.C.Isaac NewtonPanteón de Galegos IlustresBipartito galegoGárgola (arquitectura)Vilar de Infesta, RedondelaGoián, Ferreira de Pantón, PantónAlecrínDua LipaMexacánSuízaRibeira🡆 More