Río Dniéper

O Dniéper (en ruso: Днепр/Dnepr; en belaruso: Дняпро/Dnyapro, en ucraíno: Дніпро/Dnipro) é un río con 2290 km de percurso (o cuarto en Europa logo do Volga, o Danubio e o Ural).

Dniéper
Río Dniéper
O Dniéper en Kíiv.
PaísRusia, Belarús, Ucraína
NacementoAltiplano de Valdai
Lonxitude2.290 km
Conca516.000 km²
Caudal medio1.670 m³/s
DesembocaduraMar Negro
Río Dniéper
Mapa da conca do río Dniéper.

Percorrido

O Dniéper nace no altiplano de Valdai (Rusia occidental), para entrar despois en Belarús; foi logo, durante 115 km, de fronteira natural entre Belarús e Ucraína, para por fin facer o resto do seu curso a través da Ucraína, na cal baña a capital, Kíiv, atravesándoa de norte a sur. Ao longo dos tres países mantén esencialmente o mesmo nome, aínda que con pequenas variantes gráficas e de pronunciación.

O Dniéper desauga no mar Negro cun longo estuario, non lonxe da cidade de Odesa, a occidente da península de Crimea. O seu caudal medio na foz é de 1670 m³/s.

A conca hidrográfica do Dniéper abrangue unha área de 516 000 km², unha superficie maior que a de España, o que a torna na terceira en Europa, despois das do Volga e do Danubio.

Explotación económica

Nos últimos 800 km do río está regulado por unha serie de grandes encoros. Estes encoros son: o de Kíiv (Kyivs'ke) (922 km², cunha lonxitude de 110 km e unha largura de 12 km, presenta gran cantidade de algas), o de Kaniv (582 km²), o de Kremenchuk (2252 km²), o encoro de Dniprodzerzhin (567 km²), o de Zaporiz (410 km²) e o de Kakhov (2155 km²). As presas destes encoros son utilizados para producir enerxía hidroeléctrica, que representa sobre do 10% electricidade xerada en Ucraína.

Nome e historia

O río Dniéper é mencionado polo grego Herodoto no Século V a.C. como Borysthenes. Os historiadores romanos denominárono Danaper. O vello nome usado na época medieval, cando do Rus de Kíiv, era Slavutich.

O Dniéper foi de sempre a principal vía de comunicación nesta zona, facilitando as comunicacións entre o Mar Negro e o mar Báltico. A través desta ruta fluvial, viquingos e polacos movéronse cara ao sur.

O Dniéper foi, durante a última guerra mundial, o eixo da "liña Stalin", escenario de duros combates entre os exércitos alemáns e soviéticos.

Cidades ás beiras do Dniéper

Desde o seu nacemento até a desembocadura temos entre as cidades principais erguidas as súas orelas:

  • Dorogobuzh, Rusia
  • Smolensk, Rusia
  • Orša, Belarús
  • Sklou, Belarús
  • Mahilëu, Belarús
  • Byhau, Belarús
  • Rahacou, Belarús
  • Zlobin, Belarús
  • Rècyca, Belarús
  • Kíiv, Ucraína
  • Kaniv, Ucraína
  • Čerkasi, Ucraína
  • Kremenchuk, Ucraína
  • Kamianske, Ucraína
  • Dnipro, Ucraína
  • Zaporizhzhia, Ucraína
  • Marhanets, Ucraína
  • Nikopol, Ucraína
  • Nova Kakhovka, Ucraína
  • Khersón, Ucraína

Afluentes do Dniéper

Destacan entre os tributarios máis importantes do Dniéper en orde desde a fonte:

  • Drut (D)
  • Sozh (E)
  • Berezina (D)
  • Pripyat (D)
  • Irpen (D)
  • Sula (E)
  • Vorskla (E)
  • Samara (E)
  • Ros (D)
  • Bazavluk (D)
  • Ingulec (D)
  • Konka(D)
  • Desna (E)

Notas

Véxase tamén

Tags:

Río Dniéper PercorridoRío Dniéper Explotación económicaRío Dniéper Nome e historiaRío Dniéper Cidades ás beiras do DniéperRío Dniéper Afluentes do DniéperRío Dniéper NotasRío Dniéper Véxase taménRío DniéperEuropaLingua belarusaLingua rusaLingua ucraínaRío DanubioRío UralRío Volga

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

2020MilánBojan KrkićLista de palabras galegas de orixe celtaGalego-portuguésMiguel Ángel Zabalza Beraza25 de abrilMaruxa MalloLista de xentilicios de concellos galegos1915Manuel RivasEstado NovoXogos floraisVicente RiscoCarles PuigdemontCristina MaróOs vellos non deben de namorarseImperio BritánicoGerardo Pardo de VeraFauna de GaliciaPedro RieloÁlvaro MorataTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaRetorno a Tagen AtaJuana AcostaDaniel BasteiroPablo PicassoPaulino PereiroPovoaçãoDonald TrumpBoyanka Kostova (grupo musical)Carlos NegroEduardo IndaJosé López CamposForcareiBreogánLingua casteláAdrenalinaÁnxel CasalWikiLaurent CantetFesta dos maiosAs leis de CelavellaLuis Mateo DíezDeportivo da CoruñaCohesiónEsperantoTelexornalRamón CabanillasLeopoldo RubidoAmieiroEstatua de Che Guevara en OleirosAlfonso Basterra CamporroAs aves na cultura popular galegaItxu DíazDodecágonoO comparativo galegoO CarballiñoCuruxa comúnSonDeSeuAlberto FortesMaría PitaTonhito de PoiTeoAna Luísa BouzaXosé Neira VilasSupermanAntón Villar PonteLorenzo VarelaEmilio Pérez TouriñoMártires de CarralSénecaStellantis🡆 More