Estatua De Che Guevara En Oleiros: Escultura en Oleiros

8°22′10″O / 43.341411111111, -8.3694111111111

A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez. A estatua, de oito metros de alto, está feita de ferro cunha base de pedra galega. Está rodeada de céspede artificial.

Estatua de Che Guevara
Estatua De Che Guevara En Oleiros: Antecedentes, Descrición, Actos vandálicos
Estatua de Che Guevara
Presentación
LocalizaciónOleiros
TipoEscultura
Construción
Data da construción2008
Dimensións
Altura8 m alto
Equipo
EscultorJuan Quintanilla Álvarez

Antecedentes

Oleiros é un concello gobernado dende 1983 por Alternativa dos Veciños de xeito ininterrompido. O seu alcalde, Anxo García Seoane, gobernaba entón con 9 dos 21 concelleiros, é recoñecido admirador da revolución cubana. O concello de Oleiros ten adicado prazas, avenidas e rúas a distintos persoeiros comunistas como Che Guevara, Enrique Líster, Karl Marx ou Santiago Carrillo (en 2013). Nas paredes da casa do concello hai fotos de Che Guevara.

O proxecto da estatua a Che Guevara e o nome dos gañadores fíxose público no diario cubano Granma o 26 de febreiro de 2008. Ao coñecerse a nova o alcalde de Oleiros falaba de que só era un proxecto e que a estatua mediría tres metros sen concretar a súa localización.

Descrición

Estatua De Che Guevara En Oleiros: Antecedentes, Descrición, Actos vandálicos 
Guerrilleiro Heroico, de Alberto Korda.

A finais de maio de 2008 confirmouse o proxecto baseado na foto que Alberto Korda fixo ao Che. Un obradoiro de Arteixo estaba a construír as dúas pezas da estatua formadas por aceiro corten apoiadas sobre figuras xeométricas de granito cor gris mondariz e cun custo de 106.000 euros. O proxecto da urbanización da rotonda de Nirvana aprobouse polo Concello de Oleiros sen concretar que estatua se ía instalar alí. Cando se souberon os detalles do proxecto, o custo e a súa localización comezaron as protestas. Os concelleiros do PP María Vieites e Andrés González de Oleiros foron acusados pola Policía Local de pegar carteis no mobiliario urbano contra a inauguración da estatua.

As reaccións culminaron cunha manifestación convocada polo PP de Oleiros de menos dun cento de persoas o día anterior á inauguración ás 20:30 horas. Dende o blog quecheden, expresión coa que o alcalde de Oleiros se dirixiu aos críticos, continuouse coa protesta.

Si fuese un Cristo o una estatua de Santa María de La Hoz, aquí no protestaba ni dios, que les den a su puta madre
Anxo García Seoane

En 2009 Pablo Cobián, voceiro do PP en Oleiros, presentou unha denuncia contra o alcalde de Oleiros por prevaricación e afirmou que se o PP gañase as eleccións quitaría a estatua. En 2011 a denuncia foi rexeitada e en 2013 a Audiencia Provincial da Coruña arquivouna definitivamente.

Inauguración

Estatua De Che Guevara En Oleiros: Antecedentes, Descrición, Actos vandálicos 
Manifestación o día anterior á inauguración.

Dende a súa instalación a estatua estivo cuberta por unha lona negra e ata a inauguración vixiada por un axente de seguridade e tamén púxose unha cámara de seguridade nun dos farois da rotonda. Os cables da cámara ían pendurados 50 metros de farol en farol ata unha casa próxima. Esta cámara foi denunciada á Axencia de Protección de Datos.

Na placa que hai ao pé da estatua pon:

Oleiros al Heroico Guerrillero
al soldado de la libertad y la independencia
cooperante guerrillero internacionalista
soñador de utopías realizables
Ernesto Che Guevara O Che
el hombre, el mito creado con la revolución castrista
símbolo de todos los revolucionarios del mundo

A estatua foi inaugurada ás 12:00 horas do sábado 28 de xuño de 2008 coa presenza de varios centos de convidados: o alcalde de Oleiros, autoridades cubanas e venezolanas que pagaron do seu propio peto a viaxe a Oleiros. Á inauguración non acudiu ningún representante de PSOE, BNG ou PP. O alcalde comezou o discurso dicindo: «Benvidos ao territorio libre de Oleiros, onde os fachas non teñen nada que facer». Un dos fillos do Che, Camilo Guevara, foi quen descubriu a estatua. Un grupo dunha ducia de persoas protestou con pancartas durante a inauguración momento no que se produciron as situacións máis tensas ao chamar ao Che asasino polo que o alcalde de Oleiros mandou actuar á Policía Local, orde revogada pola Garda civil que era quen levaba a seguridade do acto e tiña orde de actuar se se producían insultos. A resposta dalgún dos asistentes foi chamar fascistas aos que protestaban .

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) do 7 de xuño de 2008 publicou a adxudicación da obra de acondicionamento da rotonda de Nirvana á empresa López Cao asinada polo alcalde de Oleiros con data 30 de xuño. A urbanización da rotonda tiña un orzamento de 182.432,26 euros pagados integramente polo concello de Oleiros. O día 31 de maio de 2008 o xornal La Opinión, da Coruña publicara unha foto dunha das pezas da estatua xa rematada, case un mes antes do concurso público.

Repercusión internacional

El Heraldo de Honduras falaba de Oleiros como "ciudad conmocionada y dividida por la escultura de Ernesto Guevara" e tamén mencionaba a instalación de "varias cámaras de seguridad de parte de la Alcaldía para resguardar el monumento". Un xornal da cidade de Rosario fala de García Seoane como "alcalde de La Coruña, fanático del guerrillero" e menciona tamén a loita coa "oposición gallega", que "criticó con furia" o proxecto. O xornal arxentino amplía información falando de Seoane como "mandatario independiente, que se dice amigo de Fidel Castro", que fai continuas homenaxes ao guerrilleiro que incluyen su fotografía en dependencias municipales, justo al lado de los retratos del rey Juan Carlos. Continúan dicindo que a estatua de Che está colocada nunha praza pública de Oleiros e non nunha rotonda.

Actos vandálicos

Estatua De Che Guevara En Oleiros: Antecedentes, Descrición, Actos vandálicos 
Estatua do Che Guevara o 9 de xullo de 2008.
Estatua De Che Guevara En Oleiros: Antecedentes, Descrición, Actos vandálicos 
Estatua do Che Guevara o 26 de outubro de 2015.

O día 9 de xullo de 2008 a estatua foi obxecto dun acto vandálico. Apareceu con manchas de pintura vermella e amarela. Segundo García Seoane as pintadas foron feitas por dúas persoas que foron gravadas e identificadas pero ao carecer de licenzas a cámara non tiñan validez legal as probas.

O concello de Oleiros substituíu a cámara instalada antes da inauguración por dúas cámaras en agosto de 2008 que foron retiradas en febreiro de 2009 pola denuncia na Axencia de Protección de Datos do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC).

En xuño de 2009, a Policía Local de Oleiros identificou a un veciño que estaba a facer pintadas na estatua cun aerosol.

En 2015, dous días antes da homenaxe no 48 aniversario do pasamento de Che Guevara a estatua apareceu cunha pintada de asesino.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Estatua De Che Guevara En Oleiros AntecedentesEstatua De Che Guevara En Oleiros DescriciónEstatua De Che Guevara En Oleiros Actos vandálicosEstatua De Che Guevara En Oleiros NotasEstatua De Che Guevara En Oleiros Véxase taménEstatua De Che Guevara En OleirosCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Grupo RompentePere AragonèsCaldas de ReisCharles DarwinTerraSancho GraciaSegunda República EspañolaAmieiroCelso Fernández SanmartínAntonio Crespo IglesiasLapa (molusco)Lista de paísesKeanu ReevesMatriz cadradaPaco LodeiroLonga noite de pedraEstadio Municipal de RiazorPierre Simon LaplaceAlexandre BóvedaManuel FragaQJoe BidenEverton F.C.María Jesús MonteroLuz Pozo GarzaPedro FeijooNiceto Alcalá-ZamoraAdolf HitlerÍñigo AlfonsoRede privada virtualMeg RyanCarlos AymerichLeón, EspañaFrancisco Porto MellaA fiestra valdeiraLesión deportivaLista de prefixos e sufixosManuel MurguíaPrehistoriaLabregos do tempo dos SputniksMaría a BalteiraAsturiasRocío LeiraDiego Rivas RegoCopia por contactoHindemburg Melão Jr.Illas BalearesAdolfo SuárezDemocracia OurensanaAntonio López DíazWikipedia en igalaDepartamento de ApurímacLista de episodios de O detective ConanA Mesa pola Normalización LingüísticaVichelocregoContactorBurgosMar MediterráneoQuerela das mulleresSara ErraniAC-211Carlos de Matos GomesRoisO lobo da xenteOrlando BloomSérgio TannusRías Baixas (serie de televisión)Exeria (escritora)Dámaso I, papaYolanda DíazAriadna Fernández GonzálezMúsica tradicional galegaGonzalo LouzaoFauna de GaliciaLista de Wikipedias🡆 More