Yolanda Díaz: Política española. Ministra de Traballo de España

Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España.

    Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.

Yolanda Díaz Pérez
Yolanda Díaz
Díaz en xaneiro de 2020.

Actualmente no cargo
Dende o 13 de xaneiro de 2020
Presidente Pedro Sánchez
Goberno da XIV Lexislatura
Monarca Filipe VI
Precedido por Magdalena Valerio
(como Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social)

Actualmente no cargo
Dende o 13 de xaneiro de 2016

4 de decembro de 2012 – 2016

Yolanda Díaz: Traxectoria, Notas, Véxase tamén
Tenente de alcalde de Ferrol
2007 – 2008

Datos persoais
Nacemento 6 de maio de 1971 (52 anos) Fene, Galicia
Partido PCE
Esquerda Unida (ata 2019)
Profesión Avogada

Na rede
IMDB: nm12306579 Facebook: Yolanda-Díaz-Pérez-1388495761396359 Twitter: Yolanda_Diaz_ Instagram: yolanda.diaz.perez Telegram: yolandadiaz Dialnet: 2701682 Editar o valor em Wikidata

Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 (XI lexislatura) é deputada no Congreso dos Deputados.

Traxectoria

É filla de Xesús Díaz Díaz (Suso Díaz), exsecretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia e sobriña de Xosé Díaz Díaz, ex-deputado do Bloque Nacionalista Galego. Foi a primeira das nenas nadas no novo barrio obreiro de San Valentín, Fene, vinculado daquela aos estaleiros de ASTANO. Na adolescencia trasladouse a Santiago de Compostela e estudou no instituto Rosalía de Castro. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, para despois ampliar estudos en París. Realizou tres mestrados, en Urbanismo, en Relacións Laborais e en Recursos Humanos, materia na que está especializada.

Empezou traballando como avogada nun bufete compostelán. En 1998 colexiouse e abriu o seu despacho (laboralista) en Ferrol.

Accedeu á coordinación xeral de Esquerda Unida en 2005, cando era a candidata da formación á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións dese ano. Obtivo uns 12.000 votos (0,8%), a cuarta forza máis votada.

Nas eleccións municipais de 2003 foi cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol. A coalición recuperou representación no Concello, da que se vira privada na lexislatura anterior pola crise que derivou na ruptura e o xurdimento de Esquerda Galega-Os Verdes. Obtivo dúas actas de edil, acompañada polo veterano dirixente Fernando Miramontes.

Acordo de goberno en Ferrol

Yolanda Díaz: Traxectoria, Notas, Véxase tamén 
Díaz nunha manifestación da Plataforma Queremos Galego!

Nas eleccións municipais de 2007 foi de novo cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol. Obtivo 5.203 votos (14,19%) e catro edís: Javier Galán, Miguel Reimúndez, Sari Alabau e ela mesma. Tras formalizar un acordo para un goberno co PSOE, foi elixido alcalde o socialista Vicente Irisarri, con Yolanda Díaz como primeira tenente de alcaldía.

O 28 de outubro de 2008, o goberno de coalición rachou. Irisarri permaneceu como rexedor en minoría no PSOE e Esquerda Unida pasou á oposición. Yolanda Díaz mantívose como voceira.

Parlamento de Galicia

No 2009 foi a candidata de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas, mais non logrou entrar no Parlamento. En 2012 repetiu pola provincia da Coruña e foi elixida deputada autonómica. Ese ano formaron a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), xunto con Anova-Irmandade Nacionalista, Espazo Ecosocialista Galego e Equo-Galicia. Foi a viceportavoz do seu grupo no Parlamento ata as eleccións xerais de 2015, nas que se presentou ao Congreso dos Deputados.

Congreso dos Deputados

É deputada no Congreso dos Deputados desde 2016. Tanto nas eleccións xerais de 2015 como nas de 2016 foi candidata na lista de En Marea pola provincia da Coruña e entrou como deputada por esa provincia. Nas eleccións xerais de abril de 2019 e nas de novembro do mesmo ano foi candidata na lista de En Común-Unidas Podemos pola Provincia de Pontevedra e foi escollida deputada por estoutra provincia. Dentro do Congreso, foi vogal e portavoz adxunta de varias comisións.

Ministra

En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Traballo e Economía Social no goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos, o primeiro na democracia. Tomou posesión o día 13 dese mes. No acto sinalou que o principal reto deste país é recuperar o traballo con dereito, debemos derrogar a reforma laboral para retomar os dereitos das traballadoras e os traballadores.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Yolanda Díaz TraxectoriaYolanda Díaz NotasYolanda Díaz Véxase taménYolanda Díaz19716 de maioFeneGoberno de EspañaMinisterio de Traballo e Economía Social (España)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gonzalo Rodríguez MourulloJosé María Gutiérrez HernándezKMarcial DoradoMarcos PereiroDiego VillaresIlustración en GaliciaRichard GereLois DiéguezJulio García ComesañaSegunda República EspañolaDiego SimeoneFernando AlonsoNormativa oficial do galegoNordés (vento)BurroFauna de GaliciaLiceo Brigantino (revista)Irmandades da FalaPilar RubioXosé Lois FoxoErupción volcánica de La Palma de 2021Abraham MateoFlora invasora de GaliciaApoloCopia por contactoAtentado de HipercorInsectosDía das Letras GalegasPremio Vidal BolañoBahrainSarriaLuis EnriqueVilanova de ArousaGhaleb Jaber IbrahimMetro-Goldwyn-MayerWayback MachinePalabras xaponesas de orixe portuguesaSuízaPartido LibertarioIago AspasSonDeSeuGonzalo López AbenteGoogleBenito CorbalCerdeiraBifidobacteriumLista de paísesQEsvásticaMúsica tradicional galegaLionel MessiAfonso VIISalman RushdieAs Pontes de García RodríguezMexacánPaís VascoGustave CourbetJan van EyckJuan Constenla CarbónLady GagaFrente Obrero (España)AsturiasNino BravoTameiga, MosLista de nomes femininos en galegoArgimiro Marnotes FernándezLista de voces dos animaisPortugalMolécula bipolarPobo galego🡆 More