Alexandre Bóveda: Político e economista galego

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Infotaula de personaAlexandre Bóveda
Alexandre Bóveda: Traxectoria, Querela arxentina contra os crimes do franquismo, Galería de imaxes
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1903 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
A Caeira, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGaliza
Actividade
Ocupaciónpolítico , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAmalia Álvarez Gallego

Traxectoria

Dende moi neno adicouse ó estudo do francés e da contabilidade. Estudou peritaxe mercantil na Escola de Comercio da Coruña por libre, ó mesmo tempo que impartía clases ós máis novos nun colexio de Ourense. Asiduo lector da Revista Nós pronto comezou a escribir en La Zarpa de Basilio Álvarez. Foi nas follas deste xornal onde se deu a coñecer como un gran comunicador.

Alexandre Bóveda: Traxectoria, Querela arxentina contra os crimes do franquismo, Galería de imaxes 
Seminario de Estudos Galegos. Alexandre Bóveda Iglesias foi nomeado socio aitivo o 20 de outono do 1928, Sant-Iago, 28 de outono de 1931.

Máis adiante, participou nunhas oposicións en Madrid a unha das dez prazas de xefe de Facenda do estado conseguindo o número un en 1924. Por este motivo José Calvo Sotelo ofrécelle un posto no seu Comité de Intervención de Cambios; porén Alexandre rexeitou a oferta e volveu a Galiza para traballar na delegación de facenda de Ourense. Tras aprobar outras oposicións marchou a Pontevedra a ocupar o posto de Xefe de Contabilidade con tan só 23 anos. Pronto tomou contacto co faladoiro que presidían Castelao e Antón Losada Diéguez no Café Méndez Núñez e viuse envolto nas actividades dos dous galeguistas. Ámbolos dous introducírono na política e noutros campos, como a Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, onde coñeceu a Amalia Álvarez Gallego (filla de Xerardo Álvarez Limeses), coa que casou o 20 de outubro de 1930 no Convento de San Xoán de Poio e coa que tivo cinco fillos.

En 1930 convértese no primeiro director da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. En 1928 e 1929 recibira unha bolsa da Deputación de Pontevedra para viaxar a Barcelona e Guipúscoa para estudar o funcionamento das Caixas de Aforros.

En 1932 participou na asemblea pro-estatuto que se celebrou en Santiago de Compostela e resultou elixido membro da comisión redactora. Tivo un papel moi activo na redacción do estatuto e na Asemblea de municipios que se creou para debatelo. En 1933 foi elixido membro do Comité da Autonomía presidido por Bibiano Fernández Osorio-Tafall. O 20 de outubro de 1934 publicouse unha orde ministerial impoñéndolle un destino administrativo forzoso na delegación de facenda de Cádiz. Retornou no outubro do ano 1935 a Galiza ó obter unha praza na delegación de facenda de Vigo.

En 1936 participou na campaña electoral, á que acode como candidato da Fronte Popular pola provincia de Ourense mentres tomaba posesión dun cargo na delegación de facenda de Pontevedra. Tralo golpe de estado foi detido o 20 de xullo de 1936 acusado de traizón e condenado a morte nun xuízo celebrado o 13 de agosto dese mesmo ano. A sentenza executouse o 17 de agosto na Caeira (Poio). Na madrugada antes do seu fusilamento escribiu varias cartas, a derradeira delas dicía así:

Alexandre Bóveda: Traxectoria, Querela arxentina contra os crimes do franquismo, Galería de imaxes 
Monumento a Bóveda na Caeira (Poio).
Madrugada do 1.936

Querido Vitín:
Non sei si fixen ben ou mal en procurar que me axudases con proveito. En calquera caso foi con desexo do teu ben.
Eu morro tranquío; confío en que serei recibido donde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar) condéname.
Sé agora máis home que endexamais porque é cando máis o precisas, polos nosos vellos e polos nenos, de quen, sin que puidéramos esperalo, vas ser un pouco pai.
Confórtaos a todos e procura ser sempre bon. Non te arrepintas de canto ben teñas feito e podas ainda facer.
Vitinciño: Aos papás, a Vera, a Carlos, a Cesar, a todos, as miñas apertas.
Pra ti, irmanciño bon, a máis grande que poidas recibir de Alexandre.

P.S. / Rezai por min que eu lembrarei-vos sempre e (se podo, como espero) intercederei por vós. -ás 5 e 1/4.

No mencionado xuízo sumarísimo, Alexandre Bóveda verbalizou unhas palabras que o erixirían definitivamente como un emblema histórico do galeguismo:

Alexandre Bóveda: Traxectoria, Querela arxentina contra os crimes do franquismo, Galería de imaxes 
Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
A miña patria natural é Galiza. Ámoa ferventemente. Xamais a traizoaría, aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa até máis alá da miña morte. Se entende o Tribunal que por este amor entrañábel debe de me ser aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrifício máis por ela. Fixen canto puiden por Galiza e máis faría se puidese. Se non podo, até gostaría de morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado.

Xosé Sesto, tras a execución, colocou a bandeira baixo a chaqueta de Bóveda.

Está enterrado no camposanto de Santo Amaro.

Alexandre Bóveda é un dos mitos do galeguismo. Foi convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais. Na data da súa morte celébrase actualmente o Día da Galiza Mártir.

Querela arxentina contra os crimes do franquismo

En 2019 a súa familia incorporouse á Querela arxentina contra os crimes do franquismo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Alexandre Bóveda TraxectoriaAlexandre Bóveda Querela arxentina contra os crimes do franquismoAlexandre Bóveda Galería de imaxesAlexandre Bóveda NotasAlexandre Bóveda Véxase taménAlexandre Bóveda17 de agosto190319364 de xuñoA Caeira, Poio (San Salvador), PoioAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoGaleguismo (política)GaliciaOurensePartido Galeguista (histórico)PoioSegunda República Española

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TeatroAlberte MománKm 3Lista de nomes masculinos en galegoNervio ópticoMike TaylorTahuataMaría JamardoFilipinasTeixugoO CarballiñoEl Correo GallegoCarlos NegroLingua árabeAnticorpoGrecia antigaLista de monarcas de GaliciaEscociaXosé Luís BernalBoiro NovoRuxe RuxeDólar EisenhowerXosé Manuel PiñeiroDKurdistánVíctor DupláÁlvaro CunqueiroLingua galegaPepe MiñonesViticulturaO derradeiro libro de Emma Olsen25Charles BronsonO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoSeychellesMarge SimpsonNadalArtistaBaiuca (banda)Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaCopia por contactoBillardaHerexíaHRevolución dos CaraveisFuxan os VentosMoecheDigital object identifierXentilicioPotaAcademia Chinesa de CienciasAdvanced Encryption StandardEduardo Sanches MaragotoAs crónicas do sochantrePremio Espasa de EnsaioMoldaviaBiblioteca Galega 120Mártires de CarralEfecto FöhnFlandresAmesJimmy GaroppoloLa Voz de GaliciaCondón1979Hans Staden (filme)Belén RegueiraGrupo NósAsiaO incerto señor Don HamletVerónica Martínez DelgadoAustriaMiguel Ángel Zabalza BerazaPicapeixeFrancisco Pérez Durán🡆 More