Teixugo: Mamífero

O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre.

Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda.

Teixugo europeo
Teixugo: Descrición, Reprodución, Alimentación
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Omnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Melinae
Xénero: Meles
Especie: M. meles
Nome binomial
Meles meles
Linnaeus, 1758
Distribución Meles meles
Distribución Meles meles

Distribución Meles meles

O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles. As súas principais subespecies son o Meles meles meles (na Europa occidental), o Meles meles marianensis (na Península Ibérica), o Meles meles leptorynchus (en Rusia), o Meles meles leucurus (na China e no Tíbet) e o Meles meles anaguma (no Xapón).

Trátase dun animal de hábitos nocturnos, sendo moi raro atopalo durante o día. O teixugo pode rubir polas árbores, aínda que non se atopa adaptado para facelo. Tamén pode correr con certa rapidez e nadar. En caso de perigo, ao verse ameazado emite fortes bruídos (Reinochholf, 1995). É moi rebuldeiro cos membros da súa especie, tanto de novo como de adulto e participa no aseo corporal dos compañeiros de especie.

Descrición

O teixugo mide entre 60 e 90 centímetros e ten un peso entre 7 e 13 quilogramos.

É doado de identificar: na cabeza ten bandas brancas e negras, únicas. As orellas teñen rebordes brancos; as patas e o abdome son negros e o lombo gris prateado. Semella un pequeno oso, ou ben un cocho peludo, pois fai uns ruídos característicos de seu. A súa pelaxe empregábase non hai moito para facer brochas de afeitar. As patas dianteiras teñen as poutas con uñas moi longas, poderosas, coas que escarva profundas covas.

Reprodución

O celo vai de febreiro a outubro, pero sobre todo marzo, abril e maio. O período de gravidez é un tanto variable, sobre 60 días. Trae ó mundo entre 1 e 5 crías, que nacen núas e cegas coa pelaxe abrancazada, e que abren os ollos aos 30 días. Son amamantadas ata os 3 meses.

Alimentación

É omnívoro, come animais como miñocas, caracois, vermes, ras, pequenos mamíferos, prea, raíces, bulbos, froita ou castañas.

Hábitat

Habita en bosques frondosos e mixtos, é solitario. Defeca sempre nos mesmos lugares e vai sempre polos mesmos sendeiros polo que é doado dar con el. Toma parella para toda a vida. Escava numerosos tobos na terra que son usados pola familia. As galerías das súas tobeiras son moi complexas, con catro a oito saídas. As cámaras de repouso están a metro e medio de profundidade. Xeralmente as covas do teixugo desembocan en auténticas covas naturais. Hiberna, e nos seus sonos invernais, que poden durar varias semanas, vive das reservas de graxa acumuladas durante o outono. O teixugo tratouse de domesticar sen éxito.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Teixugo DescriciónTeixugo ReproduciónTeixugo AlimentaciónTeixugo HábitatTeixugo Galería de imaxesTeixugo NotasTeixugo Véxase taménTeixugoAsiaChipreCórsegaEscandinaviaEuropaIrlandaIslandiaReino UnidoSardeñaSicilia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón NietoCristina MaróReal Academia GalegaGuimarãesAlfonso RuedaRevolución dos CaraveisChus NogueiraCélula pancreática acinarÁngeles VázquezPrehistoriaMaría José Gómez RodríguezMoinanteFC Bayern MünchenArqueasPokémonMartin Luther KingAmistades PeligrosasQuenllaEduardo PondalDescomposición de matricesFelipe Senén LópezAlba de Evan FreijedoPadrendaRaquel AtanesLois DiéguezManuel RivasLedicia CostasTamagos, Tamagos, VerínDavid GuettaXogo da chaveO GroveNova YorkAcción Gallega (1920)Juan Manuel LilloTuiMuiñeiraÁreas lingüísticas do galegoOU-933BillardaTarragonaJavier CasqueiroCity of Manchester StadiumAgustín Fernández PazPontevedraEtruscosO divino saineteEdicións A Nosa TerraLionel MessiTorre de HérculesSuso de ToroXavier SeoaneFidel Castro69 (sexo)Miguel Ángel RevillaJuan CaamañoMercedes QueixasPaís VascoSalma HayekOU-403Congreso dos Estados Unidos de AméricaProvincias de EspañaMareas vivasDon Juan TenorioSinusoide (vaso sanguíneo)Masculino e feminino en galegoCelso Emilio FerreiroAsturiasVoltaireSantiago de CompostelaCroaciaUnión do Povo GalegoJosé María Gutiérrez HernándezEnxeñaría navalToni KroosPep GuardiolaLaureano Amboage QuiñoyAlfred Hitchcock🡆 More