Mártires De Carral: Militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846

8°21′19″O / 43.22966, -8.35532

Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.

Mártires De Carral: A revolta, A represión da revolta, Recoñecemento
Monumento aos Mártires de Carral, inaugurado en 1905, obra de Juan Álvarez Mendoza.

A revolta

Mártires De Carral: A revolta, A represión da revolta, Recoñecemento 
Placa do monumento onde se citan ós fusilados.

Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abril constituíuse en Santiago de Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galicia, que os sublevados consideraban literalmente tratada como "verdadeira colonia da corte".

Unha vez declarada a revolta, Solís dirixiu unha arenga aos seus soldados. Nesta alocución a intención do alzamento atópase claramente expresada no final do discurso:

Gallegos: españoles todos: viva la reina libre, viva la Constitución, fuera estranjeros, abajo el dictador Narvaez, abajo el sistema tributario.

— Lugo 2 de abril de 1846. El comandante general interino. Miguel Solís y Cuetos, Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos de Galicia, Juan do Porto, 1846.

O movemento foi un anatema para a Igrexa, que os acusaba de querer establecer unha "República e Convención" como a francesa.

A represión da revolta

O goberno enviou tropas baixo o mando do xeneral José Gutiérrez de la Concha para recuperar o territorio. O día 23 de abril comezou a batalla de Cacheiras, na localidade homónima (concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto), entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A gran superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral De la Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.

Solís refuxiouse nun primeiro momento no Mosteiro de San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde. Foi xulgado tres días despois en Carral, nun xuízo sumarísimo, e condenado a morte xunto cos seus compañeiros sublevados. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña.

Mártires De Carral: A revolta, A represión da revolta, Recoñecemento 
Homenaxe aos Mártires de Carral organizado polas Irmandades da Fala. Discurso de Manuel Lugrís Freire, 1931.

Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo, sen que se escribise sobre as súas tumbas inscrición ningunha. O párroco, que presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria".

Recoñecemento

Dez anos despois, un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega da Coruña, se erixiu o actual, construído no centro de Carral con granito das canteiras do Illó (Barro) e deseñado polo arquitecto lucense Juan Álvarez Mendoza. Pódese ver o escudo de Galicia e unha inscrición que di: "Mártires da liberdade. Mortos o 26 de abril de 1846". Este monumento, aínda que non se poida considerar en si un cruceiro, reúne motivación e formas de tal e, ademais, a estrutura da obra ten forma de cruz. Este recordatorio físico sería escenario de varias homenaxes, como a celebrada o 26 de abril de 1931 e da que se conserva unha fotografía na que se ve a Manuel Lugrís Freire dirixíndose aos asistentes.

Segundo conta Manuel Murguía, nesa curta primavera de 1846 só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo. Aquela constituíu a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galicia cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte", en palabras de Antolín Faraldo.

Notas

Véxase tamén

Mártires De Carral: A revolta, A represión da revolta, Recoñecemento 
Tettamancy, 1912, Los mártires de Carral.

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Mártires De Carral A revoltaMártires De Carral A represión da revoltaMártires De Carral RecoñecementoMártires De Carral NotasMártires De Carral Véxase taménMártires De CarralCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Comarca da Mariña OrientalCreampieParque Nacional das Illas AtlánticasAntepretéritoCamp NouGrupo NósJorge PeteiroJosé Calvo SoteloNoruegaAntón Villar PonteBipartito galegoTereixa ConstenlaAbril na cultura popular galegaMaría Xosé QueizánHistoria de DinamarcaSalvador IllaPontevedraAriadna Fernández GonzálezEpítetoBlogGuerra das Comunidades de CastelaVacaDistritos de PortugalMáquina de vaporRoisLingua casteláRefraneiro galego sobre o mes de maioGuepardoNacionalidade históricaEster ExpósitoAristótelesÍñigo AlfonsoLauren BacallArgimiro Marnotes FernándezCSSToledoBristolA CoruñaGuerra civil españolaPraza Roxa (Santiago de Compostela)Haruki MurakamiUniversidade de VigoMercedes PeónMigración das avesBidueiroRamón María del Valle-InclánVorticelaLucas VázquezDominic ThiemManuel TurizoRedondelaKeanu ReevesPeneHorteláAustriaLingua galegaEnciclopediaGolda MeirArmando RequeixoRosario Porto OrtegaRakel WinchesterKAlcaldes da CoruñaProtocolo de transferencia de arquivosCirrioGalaicosTanxugueirasGallaeciaMaruca do Mediterráneo🡆 More