Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada: Enciclopedia

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega.

A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada: Gran Enciclopedia Gallega, Gran Enciclopedia Galega, Notas
Deseño da cuberta. Texto dourado sobre fondo vermello.
Autor/aVarios.
Ilustrador/aVirxilio Fernández e outros.
OrixeGalicia.
LinguaEn papel: galego ou castelán,
En DVD: en galego.
Tema(s)Temática galega.
Xénero(s)Consulta (enciclopedia).
Editorial
Data de pub.Dende 1974.
FormatoEn papel ou en DVD.
ISBN
EditorSilverio Cañada Acebal
editar datos en Wikidata ]

Gran Enciclopedia Gallega

A primeira edición, de corenta e tres tomos, en castelán, publicouse no ano 1974. Dirixida por Ramón Otero Pedrayo, os coordinadores editoriais foron sucesivamente Perfecto Conde Muruais, Arturo Reguera López e Xosé Ramón Fandiño Veiga, coa implicación de Xesús Alonso Montero.

Unha obra senlleira, de información fina e sotil, de síntese vital, reflexo total e perciso da realidade de Galicia no seu ser histórico e social

Gran Enciclopedia Galega

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada: Gran Enciclopedia Gallega, Gran Enciclopedia Galega, Notas 
Varios exemplares da GEG ocupan as baldas da Biblioteca de Galicia.

Trinta anos despois publicáronse en galego por dous grupos editoriais distintos, Editorial Novos Vieiros da Coruña (66 tomos) e o Grupo El Progreso de Lugo (44 tomos).

Foi dirixida por Benxamín Casal e participaron cincocentos colaboradores. Membros do consello asesor foron, entre outros, Isaac Díaz Pardo, Xosé Ramón Barreiro, Xaime Isla Couto, Alfonso Zulueta de Haz, Alfredo Conde, Víctor Freixanes, Manuel María, Basilio Losada, Xavier Alcalá, Antonio Bonet Correa, Xosé García Oro, Manuel Lucas Álvarez, Xesús Alonso Montero ou Xaime Quessada.

Hai un gran traballo de recollida de datos, de pescudas, de contrastar en fontes diferentes, de facer que todo o que deste país poida ser interesante quede reflectido nesta magna obra para que sexa realmente unha ferramenta útil de traballo e para deixar fixada enciclopedicamente o que Galicia é nos albores dun novo milenio.
Blanca García Montenegro, Presidenta do Grupo El Progreso.

Versión en DVD

A versión en DVD, en galego, é do ano 2005. Ten 100 000 entradas, 25 000 fotografías, 2500 gráficos e 500 mapas (incluíndo un mapa individual por cada un dos 315 concellos de Galicia).

Dende a portada a información preséntase en cinco apartados:

  • Enciclopedia.
  • Biografías, con preto de 4000 artigos.
  • Heráldica, máis de 2000 entradas de apelidos e liñaxes.
  • Descubre Galicia, cun índice que chega ata o nivel das parroquias.
  • "Dossier", cartafol onde o usuario pode apartar a información que máis lle interese.

Ademais dispón dun apartado de anexos, unha función de procura avanzada, e un directorio de axuda.

No ano 2011 foi distribuída polo Grupo El Progreso polo prezo de 9,95 .

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Gran Enciclopedia GallegaGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Gran Enciclopedia GalegaGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada NotasGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Véxase taménGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rosalía de CastroFerroAtlánticaAWStatsGrupo SargadelosAustraliaDelfínidosWikipediaAs aves na cultura popular galegaMadridEduardo Inda25 de abrilArceCamilo Díaz BaliñoEcce HomoNova YorkJosé Luis Rodríguez ZapateroFiúnchoHenrique VIII de InglaterraReal Academia GalegaAsteraceaeMiguel de CervantesXosé Carlos MorellItxu DíazPontevedraVilalba, Vilalba, VilalbaWikiClint EastwoodFrancisco AsoreyGoogleAguia imperial ibéricaMario CaneiroEduardo Blanco AmorJosé Luís Valladares FernándezLuís CíliaLino LópezCristiano RonaldoBoyanka Kostova (grupo musical)Real Club Celta de Vigo28 de decembroImperio BritánicoLista de xentilicios de concellos galegosLista das aves de GaliciaPaspallásParadigmas dos verbos irregulares galegos1868Francisco Castro VelosoRibadeoAbril na cultura popular galegaLista de ríos de GaliciaRexina VegaSegunda guerra mundialYolanda DíazHEstatua de Che Guevara en OleirosLeninismoQueiroaManuel Gago MariñoAC-211Xosé Luís BernalLingua galegaManuel Otero MartínezSegunda República EspañolaYolanda CastañoAntón Villar PonteMovimento das Forças ArmadasWayback MachineFoca monxeClara CampoamorRamón Otero PedrayoLista de programas de Televisión EspañolaIrene FerrerasLipoproteína de Braun🡆 More