2013: Ano

2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano.

2013
Calendario gregoriano2013
MMXIII
Ab urbe condita2766
Calendario armenio1462
Calendario chinés4709 – 4710
Calendario hebreo5773 – 5774
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2068 – 2069
 ·  Shaka Samvat1935 – 1936
 ·  Kali Yuga5114 – 5115
Calendario persa1391 – 1392
Calendario musulmán1434 – 1436
Calendario rúnico2263
Década de 2010
2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou ao 2013 como Ano Internacional da Cooperación na Esfera da auga e o ano internacional da Matemática do planeta Terra (non é un ano internacional recoñecido pola ONU, conta co apoio da UNESCO).

Foi o ano internacional da Quinua pola FAO e o ano da Serpe segundo o horóscopo chinés, foi o Ano da Fe, segundo a Igrexa católica e o ano de Luigi comezou neste ano segundo Nintendo, acabando en marzo de 2014.

Acontecementos

Xaneiro

2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
Tropas francesas durante a intervención militar en Malí.
2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
Traxedia da discoteca Kiss deixa 239 mortos no Brasil.
2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
Torre executiva PEMEX tras a explosión.
  • 1 de xaneiro
  • 2 de xaneiro
  • 5 a 20 de xaneiro - 34ª edición do Rally Dakar que atravesou os países da Arxentina, Chile e o Perú.
  • 7 de xaneiro - En Zürich (Suíza), Lionel Messi gaña o seu cuarto Balón de Ouro sobre Cristiano Ronaldo e Andrés Iniesta, superando así a Johan Cruyff, Marco van Basten e Michel Platini no número de trofeos.
  • 8 de xaneiro - En Siria, en plena guerra, mísiles do exército impactan en Alepo, unha das cidades máis conflitivas da contenda.
  • 9 de xaneiro - A Fragata Libertad da Arxentina regresa á Base Naval de Mar del Plata tras estar 78 días retida no porto Tema de Ghana polo reclamo xudicial dos fondos voitre.
  • 10 de xaneiro
    • Ante a imposibilidade de que o presidente Hugo Chávez xuramente fisicamente para o seu novo mandato (2013 - 2019) en Venezuela, o mesmo pobo fai un "xuramento" en nome do xefe de Estado nun multitudinario acto.
    • Dous atentados deixan un saldo de 101 vítimas mortais no Paquistán.
  • 11 de xaneiro - Francia inicia a intervención militar en Malí para frear o avance de rebeldes islámicos ligados a Al Qaeda.
  • 15 de xaneiro
    • Australia anuncia que retirará as súas tropas de Afganistán a finais de 2013 e non no primeiro trimestre de 2014, como estaba previsto. Isto débese a que a seguridade do país ocupado transferiuse ao seu exército e Policía Nacional.
    • Durante a guerra civil siria, dous ataques con explosivos destrúen a Universidade de Alepo, deixando 80 persoas falecidas.
  • 17 de xaneiro
    • A secretaria de Estado dos Estados Unidos, Hillary Clinton, exhorta o goberno comunista de Laos, para que abra unha investigación co fin de coñecer o paradoiro dun activista social nese país, Somphone Sombath, quen desapareceu na capital, Vientiane, en decembro de 2012.
    • En Colombia o ELN atribúese o secuestro de cinco enxeñeiros, entre eles dous peruanos e un canadense no norte de Bolívar.
  • 21 de xaneiro - A Lúa eclipsa o planeta Xúpiter, fenómeno só visible en Suramérica.
  • 22 de xaneiro - Nos arredores da Base militar de Incirlik, en Turquía, polo menos 25 persoas son detidas cando participaban nunha manifestación contra o despregue de mísiles da OTAN na fronteira con Siria. Os protestantes temen que o país se converta no centro dunha actividade militar contra a súa veciña nación do sur. Pola súa parte, a organización bélica asegura que esta misión ten como fin protexer Turquía da guerra civil en Siria.
  • 23 de xaneiro - Na capital de Venezuela, Caracas, a oposición realiza unha multitudinaria congregación en rechazo á decisión que tomou o Tribunal Supremo de Xustiza de postergar indefinidamente a toma de posesión presidencial de Hugo Chávez, pola súa enfermidade. Estivo presente o dirixente opositor, Henrique Capriles, quen exhortou a unidade da oposición e a derrotar “a violencia” do Goberno. O oficialismo tamén estivo aglomerado para expresar a súa solidariedade co xefe de Estado, quen se encontraba na capital cubana desde o 11 de decembro do ano anterior.
  • 25 de xaneiro
  • 26 a 28 de xaneiro: I Cumio da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños e a Unión Europea en Santiago de Chile.
  • 26 de xaneiro - Sentenza de morte a 21 persoas deriva en protestas contra o tribunal na cidade exipcia de Port Said, nas que morren 31 manifestantes e dous axentes da policía, isto no contexto da Traxedia de Port Said ocorrida un ano atrás.
  • 27 de xaneiro - No centro da cidade de Santa Maria, Río Grande do Sur, Brasil, un violento incendio deixa 239 mortos e 124 feridos na discoteca Kiss.
  • 28 de xaneiro - A raíña Beatriz dos Países Baixos anuncia que abdicará o próximo 30 de abril, no seu fillo Guillerme.
  • 31 de xaneiro
    • Explosión da Torre Executiva Pemex (capital de México), deixa 37 mortos, 126 lesionados e varias persoas atrapadas dentro do edificio sinistrado, que quedou con importantes danos no interior.
    • Preto da cidade de Pretoria, en Suráfrica, un tren impacta con outro estacionado, deixando polo menos 200 persoas feridas e unha perda duns 164.206 rands surafricanos.
    • O volcán Lokon da illa Célebes, en Indonesia, expulsa unha nube de po duns 800  m de altura e rexistra dúas explosións durante as primeiras horas do día, pondo en alerta os habitantes da illa. En consecuencia, as autoridades fixan un raio de seguridade de 2,5 km e a Axencia Nacional de Vulcanoloxía de Indonesia alerta a poboación a través dun diario local sobre a probabilidade de máis erupcións e pide que se manteñan afastados do accidente xeográfico.

Febreiro

2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
Lino Oviedo en 2008.
2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
O 28 de febreiro, Bieito XVI convértese en Papa Emérito.
2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
Evento meteorítico en Rusia.
  • 1 de febreiro - Un atentado suicida contra a embaixada dos Estados Unidos de América en Ancara (Turquía) deixa tres vítimas mortais.
  • 2 de febreiro - En Paraguai, o candidato presidencial, Lino Oviedo, falece nun accidente aéreo, cando retornaba da cidade de Concepción á capital, Asunción. O Goberno de Federico Franco iniciou unha investigación para esclarecer cales foron exactamente as causas do accidente.
  • 3 de febreiro - Eleccións parlamentarias de Cuba de 2013.
  • 6 de febreiro - Terremoto de 8 graos nas Illas Salomón produce un tsunami que acaba coa vida de trece poboadores da illa.
  • 8 de febreiro
    • Ataques contra xiítas en Iraq deixan polo menos 31 mortos.
    • Seis persoas morren polas inundacións que afectan os distritos de Miraflores, Alto Selva Alegre e Cerro Colorado, na cidade de Arequipa, no Perú.
    • Catro persoas morren ao caer unha avioneta na Universidade Nacional de Lomas de Zamora na Arxentina.
  • 9 de febreiro
    • Un autobús que trasladaba seguidores do equipo de fútbol O'Higgins de Rancagua desbarranca en Tomé, (Rexión do Biobío), no sur de Chile, deixando 16 falecidos e 20 feridos graves.
    • En Colombia, un terremoto de 7.0 graos, na escala de Richter deixou danos materiais e 37 feridos.
  • 10 de febreiro - Empeza o ano novo chinés, (ano 4711, ano da Serpe).
  • 11 de febreiro
    • Avalancha humana deixa 36 mortos nunha estación de ferrocarril durante a festividade relixiosa do Kumbhamela na India.
    • O papa Bieito XVI anuncia que renunciará ás súas funcións o día 28 do mesmo mes por razóns de saúde.
    • 18 mortos deixa a explosión dunha mina de carbón no norte de Rusia.
    • Dez mortos por accidente aéreo en Liberia.
  • 12 de febreiro - Corea do Norte realizou a proba nuclear máis grande da súa historia, ocasionando un sismo de 5,0 graos Richter.
  • 15 de febreiro - Hai 1491 feridos (112 hospitalizados), a maioría pola onda de choque producida polo estalido que causou a creba de cristais, ventanais e danos materiais en edificios en Cheliabinsk, ao sur dos Urais por impacto de meteorito en Rusia. Horas despois, o asteroide 2012 DA14 pasa a 27.860 quilómetros da Terra, sendo así, o obxecto espacial de maior tamaño que se achegara tanto á Terra.
  • 16 de febreiro - Máis de 75 mortos e 200 feridos nun atentado no oeste de Paquistán.
  • 17 de febreiro - Eleccións lexislativas de Ecuador de 2013.
  • 20 de febreiro
    • Nun val próximo a Quito, capital de Ecuador, inaugúrase oficialmente o Aeroporto Internacional Mariscal Sucre, que substitúe o Antigo Aeroporto Internacional Mariscal Sucre. O traslado do aeródromo fíxose polos ruídos que afectaban á poboación e pola curta pista de aterraxe que ocasionara 11 accidentes desde que iniciou as súas operacións.
    • O primeiro ministro Boiko Borisov de Bulgaria anuncia a dimisión do seu goberno, tras dez días de intensas protestas populares contra os altos prezos da electricidade.
  • 22 de febreiro - Eleccións lexislativas de Djibuti de 2013.
  • 24 de febreiro
    • 85.ª cerimonia dos Premios Óscar no Teatro Dolby dos Ánxeles (Estados Unidos)
    • O presidente cubano Raúl Castro é ratificado para continuar no poder até o ano 2018.
    • Vitoria de Nikos Anastasiadis nas eleccións presidenciais de Chipre de 2013.
    • LIV Festival Internacional da Canción de Viña del Mar en Chile
    • En Romanía, o presidente do denominado Instituto de Investigación dos Crimes do Comunismo e da Memoria do Exilio Romanés, Andrei Muraru, anunciou que se presentará ao Parlamento Nacional un proxecto de lei para prohibir as organizacións e símbolos comunistas. Esta declaración foi moi cuestionada por, segundo os críticos, unha lei como esa violaría a liberdade de expresión e que se intenta impedir un réxime como o do desaparecido expresidente, Nicolae Ceaușescu, o cal tamén transgrediu os dereitos humanos.
  • 24 e 25 de febreiro - Eleccións xerais de Italia de 2013.
  • 25 de febreiro - En Colombia realízase un paro cafeteiro, para esixir ao goberno melloras económicas e o subsidio do gran de café.
  • 26 de febreiro - 19 turistas mortos e 3 feridos ao incendiarse un globo aerostático en Luxor (Exipto)
  • 27 de febreiro - Tres mortos e sete feridos por tiroteo na compañía madeireira Kronospan na cidade de Menznau, cerca de Lucerna (Suíza)
  • 28 de febreiro - Renuncia de Bieito XVI, primeiro Sumo Pontífice en deixar o cargo en vida desde Gregorio XII en 1415.

Marzo

2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
Uhuru Kenyatta, novo presidente de Kenya.
2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
Papa Francisco. Foi electo o 13 de marzo como primeiro Sumo Pontífice latinoamericano.
  • 4 de marzo
    • Rebeldes toman completamente a cidade siria de Raqqa, en plena guerra civil. Primeira cidade que dominan completamente, algo significativo na súa loita.
    • Accidente aéreo deixa decenas de mortos na República Democrática do Congo. O avión veuse abaixo sobre un barrio residencial, cando estaba a punto de aterrar na cidade de Goma, ao leste do país.
  • 5 de marzo - No Hospital Militar Dr. Carlos Arvelo da cidade de Caracas, falece ás 16:25 hora local (20:55, UTC), o Presidente de Venezuela, Hugo Chávez aos 58 anos de idade e tras 14 anos de goberno. A noticia tivo alcance mundial e foi seguida por millóns de persoas en todo o mundo. A raíz disto máis de 16 países declararon varios días de dó nacional en homenaxe a Hugo Chávez.
  • 6 de marzo
    • Rebeldes sirios secuestran 21 soldados filipinos da ONU, mentres inspeccionaban un posto de observación danado na fronteira dos Altos do Golán.
    • Un accidente aéreo deixa 9 falecidos no Perú, nas proximidades de Lima e Cuzco. A avioneta quedou completamente destruída polo mal tempo de tormentas eléctricas e caeu moi cerca de Tacna.
  • 7 de marzo - En Libia decenas de homes armados asaltaron o canal de televisión Al Asema, en Trípoli, e secuestraron cinco xornalista. Así mesmo, os agresores destruíron parte dos equipos do canal, que deixou de emitir temporalmente tras o ataque.
  • 8 de marzo
  • 9 de marzo - En Kenya, Uhuru Kenyatta é elixido presidente na primeira volta co 50,07% dos votos. A Corte Suprema determinará se o resultado anunciado pola IEBC (Comisión Electoral Independente) é legal.
  • 10 e 11 de marzo - Lévase a cabo referendo sobre a soberanía das Illas Malvinas para determinar se a poboación desexa continuar baixo a administración británica, o cal resulta así cun 99,83% de aprobación.
  • 10 de marzo - Corea do Norte anulou o Tratado de Non Agresión coa súa veciña Corea do Sur. Dito armisticio finalizou a guerra de Corea, polo tanto, a súa anulación significa que ambas nacións quedan novamente en estado de Guerra
  • 11 de marzo - Corea do Norte anuncia que está lista para unha Guerra Total en contra de Corea do Sur e Estados Unidos.
  • 12 de marzo - Comezo do conclave no que se elixirá o sucesor do Papa emérito Bieito XVI.
  • 13 de marzo - O cardeal arxentino Jorge Mario Bergoglio é elixido Papa, adoptando o nome de Francisco. É o Papa número 266 da historia, o primeiro americano e o primeiro xesuíta.
  • 15 de marzo - Inicia a temporada da temporada 2013 de Fórmula 1.
  • 16 de marzo - Referendo constitucional de Cimbabue de 2013.
  • 17 de marzo - Na capital do Perú, Lima, ten lugar un referendo para revogar a alcaldesa, Susana Villarán. Foi solicitado e aceptado o ano anterior (véxase Referendo municipal de Lima de 2013).
  • 18 de marzo
    • Na batalla de Alepo, úsanse por primeira vez armas químicas na guerra civil siria, deixando 26 mortos e 86 feridos, moi posiblemente por culpa de Al-Assad.
    • En Mogadixo (capital somalí) un atentado terrorista preto do Palacio Presidencial, chamado Vila Somalia, deixa entre 7 e 10 mortos. Os perpetradores conduciran un vehículo cargado de explosivos até cerca doutro (libre de explosivos) e ao estalar incendiou un minibus urbano onde pereceron as vítimas. O ataque tería como branco un camión, onde se encontraban funcionarios gobernamentais, segundo algunhas testemuñas.
  • 20 de marzo - En Cidade de Panamá (capital panameña) desátase un incendio no vertedoiro de lixo máis grande da cidade, Cerro Patacón. O fume esténdese por case toda a cidade provocando severos danos ambientais. As autoridades e corpos especiais traballan para manter o sinistro baixo control.
  • 23 de marzo - Encontro entre o papa emérito Bieito XVI e o seu sucesor Francisco.
  • 24 de marzo - Na capital de República Centroafricana, Bangui, rebeldes toman o Palacio Presidencial, derrocando o presidente, François Bozizé (quen se encontra en paradoiro descoñecido), e asume de forma interina o poder, o militar, Michel Djotodia. O golpe de Estado é a consecuencia final da rebelión iniciada o ano anterior. A Unión Africana, a ONU, entre outros organismos, expresaron o seu rechazo ao golpe. Mentres que Francia enviou as súas tropas para evitar que o aeroporto da cidade tamén caia en mans dos rebledes (véxase Golpe de Estado de República Centroafricana de 2013).
  • 27 de marzo - En Taiwán un morto e numerosos edificios danados por sismo 6.1 graos.
  • 30 de marzo - Corea do Norte declárase en estado de guerra total coa república surcoreana.

Abril

Maio

Xuño

Xullo

2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
Imaxe do accidente de Angrois tomada desde a autoestrada do Atlántico.

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

Ciencia e tecnoloxía

Arte e cultura

Deportes

Nacementos

Mortes

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
Frederick Sanger.

Decembro

Día das letras galegas

Premio Nobel

No ano de 2013, as seguintes persoas foron galardoadas co premio Nobel:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


2013: Acontecementos, Ciencia e tecnoloxía, Arte e cultura 
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

2013 Acontecementos2013 Ciencia e tecnoloxía2013 Arte e cultura2013 Deportes2013 Nacementos2013 Mortes2013 Día das letras galegas2013 Premio Nobel2013 Notas2013 Véxase tamén2013Calendario gregorianoMartes

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xohana TorresRoko (actriz)Game Boy AdvanceSalgueiroMona LisaBenito CorbalCarádridosGatipedroATorre de HérculesLuísa VillaltaVilagarcía de ArousaEscola da TebraVilanova de ArousaHeredeiros da CrusMexacánBifidobacteriumXoán Vicente ViqueiraAlfonso RuedaAlexandre BóvedaMarta DoviroMártires de CarralGuimarãesBaionaSonsoles EspinosaJosé Antonio Ponte FarHelmut NewtonSerxio María Rodríguez ÁlvarezGaliciaRibeiraRafael NadalLista de anfibios de GaliciaMBahrainLingua casteláAlicia BorrásElvira Suanzes FernándezGerardo Pardo de VeraRamón Otero PedrayoOU-402Paporroibo realFauna de GaliciaVómito (grupo musical)XXX edición dos Premios GoyaXII Lexislatura do Parlamento de GaliciaPremio Vidal BolañoTeruelLista de WikipediasPep GuardiolaEmiratos Árabes UnidosBipartito galegoNova narrativa galegaArtrópodosChairaRa verdeMiguel HernándezDon Juan TenorioBurroSuso VaamondePontedeumeOs PinosInside Llewyn DavisConxugaciónCristina MaróO Pedrouzo, Arca, O PinoMaruca do MediterráneoProfesiónLuís Pérez BarralGuerra de VietnamA Pobra do CaramiñalLiga de Campións da UEFAParroquias de Galicia🡆 More