Biblioteca De Galicia: Biblioteca pública de Galicia, situada na Cidade da Cultura

8°31′35″O / 42.8698688, -8.5263844

A Biblioteca de Galicia é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto estadounidense Peter Eisenman e forma xunto con outros seis edificios a Cidade da Cultura de Galicia, localizada en Santiago de Compostela.

Biblioteca De Galicia: Características, Fondos e coleccións, Notas
Vista do edificio da Biblioteca de Galicia.
Biblioteca De Galicia: Características, Fondos e coleccións, Notas
Sinal exterior da Biblioteca de Galicia.

Características

Biblioteca De Galicia: Características, Fondos e coleccións, Notas 
Biblioteca de Galicia

Representa ao sistema bibliotecario galego ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do eido bibliotecario. A Xunta de Galicia inaugurouna o 11 de xaneiro de 2011. A Biblioteca arrincou con máis de 250 000 volumes, sen contar prensa, e un equipo de trinta expertos á fronte. En 2013 os seus fondos contaban con 800 000 volumes aproximadamente.

Conta con 15.702 m² útiles, distribuídos en seis alturas.

Biblioteca De Galicia: Características, Fondos e coleccións, Notas 
Interior.

A biblioteca, cuxa misión é a de reunir, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia e toda a produción impresa, sonora, audiovisual ou informática vencellada co mesmo, garda na súa colección dende volumes do século XVI, manuscritos ou primeiras edicións dos autores do Rexurdimento ata carteis de festas, reflexo da historia do país. Asemade, promociona e difunde a cultura galega, facilitando o acceso ao patrimonio bibliográfico galego, xa sexa de xeito presencial ou virtual, e será unha peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas. Neste marco, destinará recursos especiais á promoción da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, potenciando o seu valor e a diversidade cultural.

Tanto os cidadáns en xeral como o público profesional poden acceder á información relevante para usos culturais e educativos.

Entre as coleccións que alberga a biblioteca atópanse os fondos bibliográficos de Isaac Díaz Pardo, Rodolfo Nuñez de las Cuevas, Basilio Losada, Xesús Alonso Montero, Carlos Casares, Luis Losada Espinosa, Agustín Sixto Seco ou Celso Collazo Lema.

Biblioteca De Galicia: Características, Fondos e coleccións, Notas 
Interior.

O edificio tamén custodia os fondos do Consello da Cultura Galega: Arquivo da Emigración Galega. Arquivo Sonoro de Galicia e o Centro de Documentación Sociolingüística.

Fondos e coleccións

Na Biblioteca de Galicia custódianse as bibliotecas persoais de Xesús Alonso Montero, Celso Collazo Lema, Isaac Díaz Pardo, Basilio Losada, Luis Losada Espinosa, Rodolfo Núñez de las Cuevas e Agustín Sixto Seco.

A colección da hemeroteca histórica iníciase co primeiro xornal publicado en Galicia, El Catón Compostelano. Esta hemeroteca inclúe tanto cabeceiras publicadas en Galicia como na emigración (Caras y Caretas, El Eco de Galicia...).

A cartoteca inclúe os fondos que ingresan por depósito legal desde o ano 2008, amais da colección de mapas de Carlos Díaz e Alicia Castro. Esta colección inclúe a maioría dos mapas antigos impresos dende o século XVI (190 mapas) con exemplares como os de Ojea ou a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán. Tamén no 2008 o xeógrafo Nuñez de las Cuevas doou a súa colección bibliográfica que inclúe 387 mapas. Entre eles atópanse mapas realizados na segunda guerra mundial como os realizados polo exército alemán cando non estaba completo o Mapa Topográfico Nacional. Destaca asemade o mapa usado polo Estado Maior do Xeneral Dwight D. Eisenhower, en 1945, indicando as distintas zonas de acción e ocupación de Alemaña polos diferentes países da coalición.

Na biblioteca gárdanse tamén fondos gráficos, sonoros e audiovisuais.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Biblioteca De Galicia CaracterísticasBiblioteca De Galicia Fondos e colecciónsBiblioteca De Galicia NotasBiblioteca De Galicia Véxase taménBiblioteca De GaliciaCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

HistoriografíaHonoluluEurocopa de FútbolIllas CanariasLingua estonianaDon't ask, don't tellIphigénie en Tauride (Gluck)Reconquista de VigoRevolución Rusa de 1917Galera (barco)BrecaAmeixónPrimeira guerra mundialTranslocase da membrana internaRomaFerraraCarballeda de AviaQuiralidade (química)Hibernia (personificación)Bufo realEumetopias jubatusFactor intrínsecoCameloPolpa dentariaLista das aves de GaliciaCrónica troianaLei de vagos e maleantesFrank SinatraHistoria da filosofía occidentalCaldeirónSelección de fútbol do UruguaiCronoloxía da segunda guerra mundialGalipediaCinque TerreMasturbación coas mamasParque nacionalLingua gregaAmazonGran Premio do Reino Unido de 1989Madama ButterflyMitocondriaSt. LouisAtaque de denegación de servizoCorpo cetónicoAnguíaAbdul KalamRío AmazonasLingua indonesiaMétopaChamaeleo chamaeleonArvicola amphibiusSarcopterygiiPietro BadoglioPhilip GlassContratoBicogrosoRafael NadalNvidiaKingston, OntarioCirrio comúnÁcido nervónicoCorallium rubrumLámpada incandescenteInositolBill CosbyCastrelo do ValPiñeiroIndianapolis, IndianaBenito KamelasÁcido isovaléricoCerebrósidoAntigo ExiptoÁlex Fidalgo🡆 More