El Catón Compostelano: Primeiro periódico de Galiza

El Catón Compostelano foi o primeiro periódico de Galicia.

O primeiro número apareceu o 1 de maio de 1800 na cidade de Santiago de Compostela.

El Catón Compostelano
El Catón Compostelano: Traxectoria, Notas, Véxase tamén
Editar o valor em Wikidata
Fundación1800
Lingualingua castelá
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 580717
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

El Catón Compostelano, que Eugenio Carré Aldao alcumou como “primeiro xornal galego”, veu a luz en Santiago de Compostela no ano 1800. Trátase dunha publicación semanal na que se tocaban temas de corte erudito e polémico, dende a necesidade da educación das mulleres ata a orixe das linguas de España; da paz, a liberdade ou o tempo, á necesidade dunha Historia Natural de Galicia ou a descrición dunha “embarcación que poida navegar polo ayre”. Este xornal tivo unha curta existencia de menos de seis meses. Cada entrega era presentada como un Discurso e todo apunta a que era Francisco del Valle-Inclán -catedrático, bibliotecario e reitor da Escola de San Clemente de Santiago de Compostela- o factótum da publicación.

No ano 2000 o Consello da Cultura Galega celebrou o bicentenario da súa aparición editando un facsímile, xunto cun volume de Estudos. O exemplar escolleito para a realización desta reprodución foi o adquirido polo CCG ós herdeiros de Ramón Vázquez Salgado. Componse esta colección de vinte e un discursos, o mesmo número de entregas que ten a serie que atesoura a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre da Coruña.

O único exemplar completo consérvase na Biblioteca do Seminario Maior de Ourense, que procede da biblioteca que en testamento doou o cóengo arquiveiro e bibliófilo ourensán Emilio Duro Peña. Consta de vinte e dous encadernados en pergamiño.

A reprodución de El Catón Compostelano ofrécea en formato PDF o Consello da Cultura Galega na súa páxina web, ata o Discurso XXI e o Discurso XXII -que completa o Discurso XXI, e que falta no facsímile-.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

El Catón Compostelano TraxectoriaEl Catón Compostelano NotasEl Catón Compostelano Véxase taménEl Catón Compostelano

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

YouTubeDesviación típicaAntonio Fernández RivadullaBubelaOllos de augaTVasoiraGabriel AlénTonhito de PoiInterstellar (filme)Aires da miña terraWikipedia en igalaOs vellos non deben de namorarseMonforte de LemosC++Stanley KubrickCarlos CalveloLingua francesaArqueasBernardino GrañaMoscovaLista de paísesMarie CurieLola ÍndigoAntonio Posse RoybanesLingua kusaalValgaFundación WikimediaAlbert EinsteinRaquel AtanesAna María Fernández MartínezFreixoJulio Ulloa VenceMasculino e feminino en galegoIsabel RiscoVixía de HerbeiraLa Voz de GaliciaLingua inglesaWiiFrancisco de QuevedoToledoDolores del Río Sánchez-GranadosTeoAC-173Xosé Carlos Carracedo PortoMeigaOs demostrativos galegosLugoO incerto señor Don HamletSilledaHistoria de GaliciaJosé Luis GilInés ReyWikipedia en kusaalLista de voces dos animaisCandela PeñaSantiago de CompostelaMazáHindemburg Melão Jr.MadridLista de WikipediasMasturbación coas mamasViveiroComarcas de GaliciaBloque Nacionalista GalegoFrancisco Castro VelosoO CarballiñoQAntía OteroElena RivoNacho CastañoCangasAna ObregónChacho🡆 More