Freixo: Xénero de plantas

Véxase no texto.

Freixos (xénero Fraxinus)
Freixo: Etimoloxía, Descrición, Especies seleccionadas
Detalle da especie (Fraxinus ornus)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Tribo: Oleeae
Xénero: Fraxinus
Tourn. ex L.
Especies
Sinonimia
  • Ornus Boehm., Defin. Gen. Pl.: 476 (1760).
  • Fraxinoides Medik., Vorles. Churpfälz. Phys.-Okon. Ges. 1: 198 (1791).
  • Mannaphorus Raf., Amer. Monthly Mag. & Crit. Rev. 1: 175 (1818).
  • Calycomelia su altura maxima esta entre 25 30 metros de alturaKostel., Allg. Med.-Pharm. Fl. 3: 1003 (1834).
  • Leptalix Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Ornanthes Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Samarpses Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Aplilia Raf., New Fl. 3: 93 (1838).
  • Meliopsis Rchb., Deut. Bot. Herb.-Buch: 135 (1841).
  • Petlomelia Nieuwl., Amer. Midl. Naturalist 3: 187 (1914).

Os freixos son árbores pertencentes ao xénero Fraxinus da familia das oleáceas. Contén unhas 45-65 especies de árbores de porte mediano a grande, de folla caediza polo xeral, aínda que unhas poucas especies subtropicais teñen follas persistentes. Adoitan ocupar lugares frescos, lameiros, brañas, ribeiras. En Galicia son abundantes dúas especies, que se mesturan coma especie das fragas, coma árbore de ribeira ou raramente formando freixedos:

Na Coruña tense tamén descrito o Fraxinus ornus, o freixo de flor.

Etimoloxía

O nome galego e portugués freixo provén do latín: fraxinus, que á vez dá nome ao xénero. Derivaría á súa vez do grego Phraxis (sebe), xa que é unha árbore típica nas sebes.

Descrición

Os freixos son árbores polo xeral rexas que acadan os 15 - 20 metros de altura; o toro é recto e cilíndrico, proxecta moita sombra. É unha especie dioica (pés masculinos e femininos por separado). As follas son opostas, raramente en verticilos de tres, e xeralmente pinnadocompostas, malia seren simples nalgunhas especies. As sementes están contidas nunha sámara.

Especies seleccionadas

  • Fraxinus americana - Freixo branco
  • Fraxinus caroliniana
  • Fraxinus nigra - Freixo negro
  • Fraxinus pennsylvanica - Freixo de Pensilvania, freixo americano.
  • Fraxinus profunda (sin.: F. tomentosa
  • Fraxinus quadrangulata - Freixo azul
    América do Norte occidental e suroccidental
  • Fraxinus anomala
  • Fraxinus cuspidata
  • Fraxinus dipetala
  • Fraxinus dubia
  • Fraxinus gooddingii
  • Fraxinus greggii
  • Fraxinus Illinoiensys
  • Fraxinus latifolia
  • Fraxinus lowellii
  • Fraxinus papillosa
  • Fraxinus purpusii
  • Fraxinus rufescens
  • Fraxinus texensis
  • Fraxinus uhdei
  • Fraxinus velutina
    Paleártica oriental (Asia oriental e central)
  • Fraxinus apertisquamifera
  • Fraxinus baroniana
  • Fraxinus bungeana
Freixo: Etimoloxía, Descrición, Especies seleccionadas 
Freixo común a florear
Freixo: Etimoloxía, Descrición, Especies seleccionadas 
Póla do freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia)
Freixo: Etimoloxía, Descrición, Especies seleccionadas 
Detalle das sementes do freixo común
Freixo: Etimoloxía, Descrición, Especies seleccionadas 
Freixo de flor (Fraxinus ornus)
  • Fraxinus ninfomano
  • Fraxinus chiisanensis
  • Fraxinus floribunda
  • Fraxinus griffithii
  • Fraxinus hubeiensis
  • Fraxinus lanuginosa
  • Fraxinus longicuspis
  • Fraxinus malacophylla
  • Fraxinus mandshurica
  • Fraxinus mariesii
  • Fraxinus micrantha
  • Fraxinus lefa
  • Fraxinus platypoda
  • Fraxinus raibocarpa
  • Fraxinus sieboldiana
  • Fraxinus spaethiana
  • Fraxinus trifoliata
  • Fraxinus xanthoxyloides

Ameazas

Freixo: Etimoloxía, Descrición, Especies seleccionadas 
Antracnose nun freixo de Ayrshire do Norte, Escocia.
Freixo: Etimoloxía, Descrición, Especies seleccionadas 
Rebentos infrecuentes a medrar dun toro de freixo caído nunha fraga de Lawthorn, Ayrshire, Escocia.

O escaravello Agrilus planipennis, xilófago, accidentalmente introducido en América do Norte dende o leste de Asia con produtos de pau de freixo contra o 1998, ten matado a millóns de árbores no Medio Oeste dos Estados Unidos e o veciño Ontario, e algunhas áreas illadas máis pequenas do leste de América do Norte. Ameaza uns 7 billóns de freixos nas Américas. Advírteselle á poboación de non transportar produtos de madeira inacabados, coma leña, para deter o espallamento da praga deste insecto.

O freixo tamén é afectado polas larvas e eirugas dalgunhas especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas).

Usos

Caracterízanse por ter unha madeira dura, flexíbel e resistente aos golpes repetidos, considerándose madeira nobre. A densidade vai dende o 20% de 670 kg/m³ para o Fraxinus americana, até a máis alta do 710 kg/m³ para o freixo común (Fraxinus excelsior)). Estas características fana idónea para facer arcos, mangos de ferramentas, paláns e billardas, bates de crícket, bates de béisbol, hurleys, paus de hóckey, raquetas de tenis e outros usos que esixen gran forza e resistencia. Tamén adoita usarse coma material para instrumentos musicais como guitarras.

No agro galego, estimábase moito para a fabricación das distintas partes do carro, coma o eixo ou as cangas; tamén para os mangos de instrumentos e aínda hoxe en día emprégase para facer partes curvas de mobles e barcos. A Armada Española utilizou os freixos do norte da península na industria da cordoaría dos barcos e outras pezas de artillaría. Ademais subministra excelente leña e carbón.

No eido das menciñas populares, as follas en infusión teñen servido coma laxante, diurético, para combater as enfermidades renais e a reuma, mentres que a casca (moumiña) serve para baixar a febre e curar as dores de cabeza.

Empréganse tamén en paisaxismo e xardinaxe coma especies ornamentais., un exemplo é a Praza de Galicia, na cidade de Pontevedra.

Etnoloxía

En Galicia, e dentro dun marco celta, o freixo era unha das árbores sagradas, representaba a verticalidade, a frouxidade, o oposto ao carballo, que representaba a horizontalidade, a rixidez, a forza.

Na mitoloxía norueguesa, a Árbore do Mundo Yggdrasil considérase normalmente que é un freixo, e o primeiro home, Ask, formouse do pau dun freixo. Arredor de toda Europa, disque as serpes escorréntanse coas follas dun freixo, ou debuxando un círculo cunha póla de freixo. No folclore irlandés dise que as sombras dun freixo danan a colleita. En Cheshire, dicíase que o freixo cura as espullas e o raquitismo. Véxase tamén a letra ash ("freixo" en inglés). En Sussex o freixo e mais o umeiro coñecíanse coma os "Facedores de Viuvas" porque as grandes pólas a miúdo caen sen advertencia.

Na mitoloxía grega, as melíades eran ninfas do freixo, quizais especificamente da especie (Fraxinus ornus), do mesmo xeito que as dríades eran as ninfas do carballo. Moitos ecos de arcaicos ritos helenos e mitos implicaban aos freixos.

O freixo zumega unha substancia azucrada que, suxestionouse, era fermentada para crear o hidromel da poesía nórdica (skáldskapar mjaðar; en islandés moderno, skáldskaparmjöður).

Nome común

Frexo, fresno, freno, freneiro, freixo, freixeiro, freixeira, freixe, freisno, afreixo e afereixo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Freixo EtimoloxíaFreixo DescriciónFreixo Especies seleccionadasFreixo AmeazasFreixo UsosFreixo EtnoloxíaFreixo Nome comúnFreixo NotasFreixo Véxase taménFreixo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fala de EstremaduraMoisés Rodríguez PérezIllas CanariasEscáncerPedro Campos CouceiroCarles PuigdemontCan de palleiroProtocolo de transferencia de arquivosAlfonso RuedaXurxoXosé FortesMiguel de CervantesA ComarcaIsidro Parga PondalLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaRocco SiffrediEleccións municipais de 2019 en GaliciaMontserrat García ChavarríaTeléfonoPraza da QuintanaOvidio RodeiroVillablinoCódigo QRPedro RieloDeportivo da CoruñaConíferasTomiñoMarta SánchezLista de paísesOs ÁnxelesMaría JamardoCantiga de amigoMiguel DelibesConcepción ArenalFesta dos maiosPepe CarreiroWikipediaCorfúIndependentismo galegoProvincias de EspañaJohnny ThomsonAna BelénXela AriasMaría do Socorro Ortega RomeroJéssica BouzasLourenzo Fernández PrietoArturo RegueraXogoPradairo comúnLista de palabras galegas de orixe celtaIlustrísimaHistoria de LugoLuis Mateo DíezPartido Nacionalista VascoO lapis do carpinteiroJenna JamesonMichael JacksonCarbohidratoDiada de Sant JordiRosalía Fernández RialReis CatólicosBaroso, Ambosores, OurolFelaciónGuerras púnicasRío MiñoEsmeralda CervantesCurtisTereixa ConstenlaSonetoXosé Luís Méndez Ferrín🡆 More