Lola Índigo: Cantante española

Miriam Doblas Muñoz, nada en Madrid o 1 de abril de 1992, popularmente coñecida como Lola Índigo, é unha cantante e bailarina española.

O seu primeiro sinxelo "Ya no quiero ná" alcanzou a certificación de dobre disco de platino en decembro de 2018.

Infotaula de personaLola Índigo
Lola Índigo: Traxectoria, Discografía, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Miriam Doblas Muñoz Gerardo Editar o valor em Wikidata
1 de abril de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Granada (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLola Índigo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante (2017–), bailarina (2015–), artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2017 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPop latino e Funk Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Spain Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblolaindigomusic.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm9380741 Facebook: LolaIndigoOficial Twitter: lolaindigomusic Instagram: lolaindigo Youtube: UCX-dnA-fM_Udj_XyUY1XNnA TikTok: lolainditok Spotify: 3bvfu2KAve4lPHrhEFDZna iTunes: 1408847364 Last fm: Lola+Indigo Musicbrainz: c56f7a49-0e17-4fd8-a830-d334fe773434 Discogs: 6612001 Allmusic: mn0003781289 Deezer: 48765861 Genius: Lola-indigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Inicios

Miriam Doblas naceu en Madrid na primavera de 1992, pero foi criada dende pequena na localidade granadina de Huétor Tájar, de onde se sente natural.

Comezou moi nova no mundo artístico, destacando a súa faceta como bailarina e coreógrafa. Foi profesora de baile e incluso chegou a participar nalgúns musicais. Como bailarina traballou na China e Os Ánxeles xunto a artistas de renome como Chris Brown, Miguel Bosé, Sweet California, Enrique Iglesias, Marta Sánchez e The Baseballs.

No ano 2010 participou no talent Fama Revolution de Cuatro.

2017: Paso por Operación Triunfo

Coñecida inicialmente como Mimi ou Mimi Doblas, foi a primeira expulsada de Operación Triunfo 2017, concurso emitido en La 1 de Televisión Española en horario de máxima audiencia.

2018-presente: primeiros lanzamentos

Non foi ata despois do seu paso polo concurso musical cando conseguiu certa popularidade en España, xa co nome de Lola Índigo, tras publicarse en xullo de 2018 o seu primeiro sinxelo, "Ya no quiero ná", que superou os nove millóns de reproducións en Spotify, entrou na lista dos cincuenta temas máis virais do mundo, e o videoclip acumula máis de cincuenta e un millóns de reproducións en YouTube. O tema foi definido como unha mestura de estilo trap, feminismo e funk, e ponse en escena cun corpo de baile que forma Mónica Peña, Saydi Lubanzadio, Laura Ruiz e Claudia Riera, todas elas capitaneadas por Lola Índigo e saídas do reality Fama, ¡a bailar! 2018, agás Laura Ruiz.

Ese mesmo ano, formou parte do elenco de concursantes da sétima edición de Tu cara me suena, en Antena 3 quedando en cuarto lugar.

En decembro gravou xunto ós seus compañeiros de OT 2017 Aitana, Ana Guerra, Agoney Hernández e Raoul Vázquez, e o rapeiro canario Maikel Delacalle a canción «El mundo entero» para a marca Coca Cola, xunto cun anuncio televisivo.

O 14 do mesmo mes publicou «Borracha (Remix)», canción na que colaborou xunto a Juan Magán e De la Ghetto co cantante Yera. Unha semana máis tarde, o 21 de decembro, lanzou o seu segundo sinxelo, titulado «Mujer bruja», acompañada da cantante Mala Rodríguez.

O 22 de xaneiro de 2019 publicou o sinxelo «Fuerte».

Discografía

Sinxelos

  • 2018: «Ya no quiero ná»
  • 2018: «Mujer bruja» (con Mala Rodríguez)
  • 2019: «Fuerte»

Colaboracións

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Lola Índigo TraxectoriaLola Índigo DiscografíaLola Índigo NotasLola Índigo Véxase taménLola Índigo1 de abril1992EspañaMadrid

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O Amenedo, Grixalba, SobradoDomingo García-SabellShinovaReal Sociedad de FútbolRebeliom do InframundoToni KroosManuel Jesús González CapónIvana BaqueroCódigo QRMasculino e feminino en galegoBeatriz MatoAltriJuan Carlos Rodríguez CebriánArmando RequeixoSexo analOs Castros, A CoruñaVicente RiscoTamara CanosaListenbourgPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Sistema solarParroquias de GaliciaLiteratura galega do século XXGalernaHeraldo de Galicia (A Habana)José Ramón Soraluce BlondJosé Luis Rodríguez ZapateroJuan MagánBull terrierFidel CastroLeninAciñeiraJosé CoronadoMarçal MolinéCantanteBala (grupo musical)Miguel Anxo BastosVillarmentero de CamposPeer-to-peerValladolidGoretti SanmartínMelgachoJavier Arias FouzSelena GomezA CañizaJoe BidenDía do LibroBelugaOliveira de VigoCantiga de amigoPortadaPRECVulvaNico HülkenbergMarcos PereiroDover (banda)Salvador García-BodañoFaneca bravaNordés (vento)Raquel Castro MartínezBernd SchusterLingua casteláAkureyriRomárioA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoManfred GnädingerCrime de honraPosición aconchegadaReal Academia GalegaAngelina JolieLedicia CostasDolores O'RiordanAC-413Xosé Ramón GayosoFragas do Eume🡆 More