Granada: Cidade de España

Granada é unha cidade española, capital da provincia homónima, no territorio histórico de Granada, en Andalucía.

Conta cunha poboación de 238.292 habitantes (01/01/2004) e de 450.000 na súa área metropolitana que se estende pola Veiga de Granada. Está situada aos pés de Serra Nevada, na confluencia dos ríos Genil, Darro e Beiro, cunha altitude media de 700 m sobre o nivel do mar. Ao bordo dunha fértil planicie, a Veiga de Granada, que está rodeada por tres macizos montañosos.

Modelo:Xeografía políticaGranada
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 37°10′41″N 3°36′03″O / 37.1781, -3.60083°36′03″O / 37.1781, -3.6008
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Granada Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalCidade de Granada Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación230.595 (2023) Editar o valor em Wikidata (2.619,8 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie88,02 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Darro Editar o valor em Wikidata
Altitude738 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
abril de 1491Conquista de Granada Editar o valor em Wikidata
Santo padrónCecilio de Elvira e Nosa Señora das Angustias Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMarifrán Carazo (2023–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal18001–18015, 18182 e 18190 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE18087 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webgranada.org Editar o valor em Wikidata

Orixe etimolóxica

Foron os zirís os que no século XI trasladaron a capital de Medina Elvira até Medina Garnata, nome que lle foi dado en referencia á froita do mesmo nome que abundaba naquela rexión.

Historia

Historia Antiga

Poboada desde tempos iberos ( século VIII a.C.) segundo parece co nome Ilturir, ten contacto coa cultura de Tartessos e cos pobos Bastetanos. Consérvanse restos de murallas defensivas do século VI a. C. do asentamento que cambiou o seu nome por Iliberri, que se mantén até a súa submisión aos romanos en 193 a.C.. Os romanos chamáronlle Iliberis.

Idade Media

Granada: Orixe etimolóxica, Historia, Clima 
A cidade de Granada

A cidade forma parte do Reino Visigodo de Toledo até que en 711, Tarik somete Iliberis. En 713 Abdelaziz conquista definitivamente o territorio despois de sufocar unha rebelión. En 740 hai unha rebelión dos bérberes africanos. Tropas sirias acoden a loitar contra eles. En España conseguen vencer os sirios. Outórganselles terras en varios lugares, entre outros en Elvira. En 756, a poboación moura defínese no asentamento de dous núcleos (é a época do Emirato Independente): o Albaicín e a Alhambra.

Foi un importante centro urbano de Al-Andalus, formou parte do Califato de Córdoba como Madina Ilbira ou de Elvira. Coa chegada dos zirís no século XI, trasládase a cidade desde Medina Elvira —no chan— até Medina Garnata —nos outeiros—, o seu primitivo e actual localización na aba do Albaicín.

Granada: Orixe etimolóxica, Historia, Clima 
A Alhambra

En 1010 produciuse a destrución da cidade, feito que xa se coñece como Garnata. Sucede un período de continuas guerras civís por acadar o trono. En 1013 chega ao poder a dinastía dos zirís, fundada por Zawi ben Ziri, procedente de África. Continúan as guerras por conseguir o poder. En 1035 é xa un Reino de Taifas. En Granada a maioría son bérberes. Despois ven a dominación dos almorábides e hai moitas loitas internas. A pesar disto, o desenvolvemento continúa. En 1146 chaman na súa axuda, e para a loita contra os reinos cristiáns, aos almohades. Granada segue desenvolvéndose en boa medida. A batalla das Navas de Tolosa significa un desastre para os almohades e como consecuencia desenvólvese unha grande anarquía. Até que no ano 1232 entra en Granada pola Porta de Elvira e para ocupar o Palacio do Galo do Vento (antiga casa real), Mohamed ibn Yusuf ibn Nâzar (ou Nasr), chamado Alhamar (o Roxo, porque tiña a barba de cor roxa). Funda a dinastía Nazarí e o Reino de Granada. Houbo 20 sultáns granadinos desta dinastía. O último foi Boabdil.

Granada converteuse nunha das cidades máis prósperas de Europa. Baixo o reinado de Alhamar construíuse o Palacio da Alhambra (non o que vemos agora porque o seu aspecto actual débese a Iusuf I e Mohamed V, século XIV).

No Albayzín vivían os artesáns e a nobreza. A poboación ocupou a parte máis baixa cara ao sur, con grandes industrias, alfándegas e a "Madraza" (Universidade relixiosa e de ensinanzas coránicas).

No Realexo vivía o barrio xudeu. Tiñan unha base sólida e económica. Estes tiñan o seu barrio granadino na banda esquerda do río Darro. Foron identificados como "Garnata al-Yahud". Cando chegaron os reis cristiáns, renomeárono co nome actual do Realexo. O máis significativo que ten o barrio é o Campo do Príncipe, mandado construír polos Reis Católicos para o gozo das festas do seu fillo "Juan", aínda que a súa vida foi curta e non se puido gozar nada.

Clima

O clima de Granada é mediterráneo continental. As temperaturas son frescas no inverno, con abundantes xeadas, e temperadas no verán, con máximas que superan moitas veces os 35 °C. A oscilación térmica é moi alta durante todo o ano superando moitas veces os 20º nun día. As precipitacións son escasas e prodúcense sobre todo nos meses máis fríos, presentando unha forte seca estival.

Observatorio do Aeroporto de Granada
1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec Media
Temp. máxima (°C) 13,0 15,3 18,6 20,1 24,6 30,0 34,4 33,9 29,4 22,7 17,2 13,5 22,8
Temp. mínima (°C) 0,3 1,8 3,4 5,6 9,0 12,9 15,2 15,0 12,4 8,2 4,2 1,8 7,5
Precipitacións (mm) 41 38 30 38 28 17 4 3 16 42 48 56 357

As temperaturas máximas de Granada foron os 42,6º do 22 de xullo de 1995, 41,6º do 2 de agosto de 1988 e 41,5º do 27 de xuño de 2004. Canto á temperatura mínima, os -14,2º do 16 de xaneiro de 1987 e os -11,0º do 28 de xaneiro de 2005.

Cultura

Granada: Orixe etimolóxica, Historia, Clima 
Fachada floreada no Albaicín.

En Granada encontramos a famosa Alhambra, unha fortaleza e palacio andalusí, declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO en 1984, xunto co Generalife e o barrio do Albaicín. Esta riqueza histórica, froito da tripla influencia musulmá, xudía e cristiá, fan de Granada un importante centro turístico e cultural de España.

A Universidade de Granada, fundada por Carlos I en 1531, é unha das máis prestixiosas do país, e dálle á cidade un ambiente estudantil e a súa popular vida nocturna. Ten case 60.000 estudantes (censo universitario das eleccións a reitor do ano 2003).

San Cecilio é o patrón da cidade de Granada. A súa onomástica é o 1 de febreiro. Foi bispo de Granada e mártir no século I.

Arte

A mediados do século XIII, cando Fernando III o Santo conquistou Córdoba e Sevilla, os artistas musulmáns refuxiáronse en Granada e norte de África. Os seus descendentes e a súa tradición deron forma ao estilo granadino que na Alhambra é a culminación da arte árabe do norte que non se realizou até mediados do século con Iusuf I e Mohamed V en 1333 e 1354. Granada non ten arte califal que sexa anterior aos alhamares.

Monumentos e lugares de interese

Alhambra

Albaicín

Catedral

Cartuxa

Praza das Pasiegas

Está situada ao oeste da catedral, fronte á súa fachada principal. O seu nome debese ás mulleres procedentes da comarca do Pas, en Cantabria, que chegaron durante o século XVII e que se reunían nese lugar para ofrecer os seus servizos de nodrizas. Despois da guerra dos mouriscos e a súa expulsión, Filipe III concedeulles a estas xentes do norte de España, terras para repoboar a zona das Alpujarras e Granada, lugares que naquel entón ficaran bastante desertos. É por isto polo que a maioría dos actuais granadinos procedan de galegos, cántabros, vascos, navarros e aragoneses, a diferenza dos andaluces occidentais, que son descendentes de leoneses, casteláns e manchegos.

Alcaldes

Por orde cronolóxica:

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Granada Orixe etimolóxicaGranada HistoriaGranada ClimaGranada CulturaGranada ArteGranada Monumentos e lugares de intereseGranada AlcaldesGranada Véxase taménGranadaAndalucíaEspañaGenilNivel do marProvincia de GranadaSerra Nevada

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BispoCohesiónGuerraEl Pueblo GallegoMMovimento das Forças ArmadasDiego González RivasFillas de CassandraMadridReino UnidoThe HivesArantzaMiss Vaca (certame)Vox populiCuruxa comúnC++Eleccións municipais en SadaSalgueiroMaría Xosé QueizánCristina LosadaExaculaciónShōgunIndonesiaAguia imperial ibéricaLista de paísesEmilio González AfonsoRoberto VerinoAntónio de Oliveira SalazarRoberto Vidal BolañoMaría a BalteiraOs pronomes persoais galegosBreogánGolfiño comúnVladimir PutinEstadio Municipal de RiazorMoisés Rodríguez PérezLista de voces dos animaisXosé Neira VilasXoán Manuel PintosManuel Curros EnríquezLorenzo VarelaRocco SiffrediDelfínidosDomingoMercedes QueixasJesús Vázquez AlmuíñaNarónLista de siglas e acrónimosFingeringMauro ScaloniImmanuel KantRéptilesCopia por contactoLuísa VillaltaVila Nova de CerveiraRomariz, Riós, RiósJoan Manuel SerratLingua casteláAustraliaEduardo IndaCarlos de Matos GomesAmaia Martínez GrisaleñaBandeira de GaliciaIgnacio Rivera QuintanaPaís Vasco (rexión histórica)Sete Sabios de GreciaAltriOman AirEduardo PondalAna María Fernández MartínezComarca de SarriaAvenida da Liberdade (Lisboa)Lista de episodios de DoraemonFederico García LorcaGoogleHelsingin Jalkapalloklubi🡆 More