Xoán Manuel Pintos Villar, nado no Burgo (Pontevedra) o 16 de decembro de 1811 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1876, foi un escritor galego.
Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario, e dentro deles, pertencente á primeira xeración provincialista. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega (1853) a única obra súa publicada en vida. Dita composición sitúao nun lugar importante da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1975.
Nome orixinal | Xoán Manuel Pintos Villar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de decembro de 1811 O Burgo (Pontevedra) |
Morte | 29 de xuño de 1876 Vigo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | U. de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | romanista , lingüista , escritor |
Período de actividade | 1844-1876 |
Xénero artístico | Poesía, novela |
Movemento | Romanticismo |
Influencias | |
Lingua | castelá |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Serafina Amado Boullosa |
Fillos | catorce |
“ | Pintos é, sen dúbida, a figura máis excepcional do Rexurdimento galego do século XIX. | ” |
Xoán Manuel naceu no seo dunha familia de clase media burguesa. Os seus pais eran Basilio Pintos García, funcionario de aduanas, e Ramona Villar Rodríguez, ambos naturais de Pontevedra. Foi o terceiro de cinco irmáns (dúas mulleres e tres homes). Trasladáronse a Ferrol en 1817, onde a nai e o irmán máis vello finaron sendo Xoán Manuel aínda un cativo. Volveron a Pontevedra e de novo a Ferrol. Viviu logo na Coruña (1822-25) onde estudou Humanidades no Convento de San Domingos e, máis tarde, na Universidade de Santiago de Compostela, formouse en filosofía (1825), que completou coa aprendizaxe de música e violín, e Dereito (de 1829 a 1835).
Xa licenciado, impartiu docencia universitaria na materia de Institucións Canónicas. Dende 1837 a 1840 traballou de avogado na Coruña. En 1840 foi nomeado xuíz de primeira instancia en Cambados polo goberno progresista. O ano seguinte casou con Serafina Amado Boullosa, irmá de José Benito Amado Boullosa, tamén escritor, coa que tivo catorce fillos.
Logo de ser destituído como xuíz en 1844 polo goberno conservador, e ata 1862, exerceu de avogado na súa vila natal, onde foi fiscal e chegou a ser decano do colexio profesional. En Pontevedra impartiu ensino público e privado. Finalmente, dende 1862, foi rexistrador da propiedade na cidade de Vigo.
Colaborou cos xornais El País e La Perseverancia, ambos editados en Pontevedra, El Álbum de El Miño, El Heraldo Gallego e La Caridad.
Foi nomeado socio de mérito da agrupación La Galicia Literaria, fundada en 1875 en Madrid por Teodosio Vesteiro Torres.
“ | Sen o traballo de Pintos, hoxe, nós, igual aínda non sabiamos que somos galegos. | ” |
O Concello de Pontevedra outorga periodicamente o Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua.
En castelán Pintos só publicou algún poema en La Caridad e El Desengaño (1872), unha elexía ("Fatal anuncio en pavorosos ayes", Faro de Vigo, 2/11/1875) e un longo estudo en prosa titulado "El poeta y el orador" (Faro de Vigo, 6/3/1875).[8]
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Manuel Pintos |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Xoán Manuel Pintos |
A Galicitas posúe citas sobre: Xoán Manuel Pintos |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Xoán Manuel Pintos, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.