Unión Do Povo Galego: Partido politico comunista e nacionalista galego

A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional.

Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1300 militantes[cando?] e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977, sendo tamén o cofundador da UPG.

Unión do Povo Galego (UPG)
Partido político de Galiza (membro do BNG)
Unión Do Povo Galego: Historia, Aceptación das institucións, Notas
Dirixentes e organización
LíderNéstor Rego (Secretario Xeral)
MocidadesUnión da Mocidade Galega
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
(Como membro do BNG)
Historia
Fundación1963
Posicións políticas
IdeoloxíaMarxismo-leninismo
Nacionalismo galego
Independentismo galego
Representación
Representación-
Outros datos
SedeAv. de Lugo, 219 -1º 15703 Santiago de Compostela
PublicaciónTerra e Tempo
Na rede
www.upg.gal
Facebook: uniondopovogalego Twitter: GalizaUPG Youtube: UCVumugMqRcglBOpSa628_1w Editar o valor em Wikidata

A Unión da Mocidade Galega, constituída en 1977, é a organización xuvenil do partido.

Historia

Primeira fundación

En novembro de 1963 Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Reimundo Patiño, Luís Gonçales Blasco e Xosé Antonio Arjona, integrantes do grupo Brais Pinto de Madrid fundaron a Unión do Povo Galego como partido marxista e nacionalista que se integra no Consello da Mocedade no que acaba por diluírse.

Refundación

En 1964 o grupo maioritario do Consello da Mocedade, afín a Ramón Piñeiro, expulsa ao sector esquerdista, que refunda a UPG en Compostela o 25 de xullo de 1964 integrando ao grupo Brais Pinto, antigos militantes da Federación de Mocedades Galeguistas (Celso Emilio Ferreiro), do PCE (Luís Soto) e nacionalistas de esquerda, en total non máis de 25 persoas. Nos primeiros dous anos as actividades do partido redúcense a contactos esporádicos dos seus membros e á publicación da revista Terra e Tempo, na que aparece no primeiro número en 1965 o seu primeiro ideario:

U.P.G.

Unión do Povo Galego
Un frente que se propón a todolos galegos que aceiten os seguintes 10 principios mínimos:
1. Galicia é unha nación, e como tal ten dereito á sua autodetermiñación.
2. O povo galego exercerá o poder en Galicia.
3. Os meios de produción, distribución e creto perteñecen ó povo.
4. A coleitivazación do agro comenzará cunha etapa cooperativa, como fase previa a formas máis desenvolvidas de socialización.
5. A pequena empresa e a industria artesá serán concentradas en unidás produtivas superiores.
6. A grande empresa capitalista será socializada dun xeito imediato.
7. A organización adeministrativa do campo galego terá por núcleos as agrupaciós tipo Parroquia, que se integrarán na Bisbarra. O territorio urban será adeministrado por Concellos, compostos de Distritos.
8. A educación estará ó servizo do povo.
9. O idioma oficial de Galiza será o galego, de ensino obrigatorio.

10. A liberación nacional galega non desbota o vencellamento federativo de Galicia ós demáis povos da penínsoa.
Terra e Tempo Nº1

Nun primeiro momento mantén liñas de colaboración co PCE pero non durou moito tempo transformándose en rivalidade acusando os comunistas de españolismo. A oposición á construción do encoro de Castrelo de Miño (1966) constituía a primeira actuación pública importante da UPG. Nestes primeiros anos a UPG contaba con tres núcleos de militantes, o de Vigo no que Xosé Luís Méndez Ferrín era a figura principal, o de Madrid no que salientaba Bautista Álvarez e o americano con Luís Soto como a súa principal figura. Tamén se foi artellando a partir de 1966 un grupo de estudantes na Universidade de Santiago de Compostela encabezado por Xesús Sanxoás que conseguiu ter certa presenza nos acontecementos de 1968 na universidade galega. En 1967 aumentan as accións da UPG, con pintadas na rúa, distribución de adhesivos con lemas como Libertade para Galicia e Por unha Galiza ceibe e socialista e a convocatoria para o 25 de xullo de 1968 do Día da Patria Galega por primeira vez dende a Guerra Civil. Ao tempo a UPG consegue unha forte influencia no seo das asociacións culturais que proliferan por todo o país tras da entrada en vigor da lei de asociacións en 1966.

A liña ideolóxica estivo moi influída polos movementos de liberación nacional do Terceiro Mundo.

En 1971 a expulsión de Xosé Torres e os seus seguidores, que se uniron ao Movemento Comunista, deixou a organización case sen militantes en Ferrol e Santiago. Vigo converteuse no principal núcleo dunha organización que nese momento non superaba os 50 militantes, reforzando a súa primacía cando Galicia Socialista, na cal estaba Camilo Nogueira, se integrou na UPG. A partir de 1971 aumentan os intentos de espallar a organización no medio rural, Ramón Muñiz membro do comité central será clave nesta estratexia que dará orixe máis adiante ás Comisións Labregas (CC.LL.).

Expansión

Non será ata a formación de ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) por parte de Manuel Mera en 1972 cando a UPG comece a aumentar a súa base social, ao que lle segue na primavera de 1973 a formación da Fronte Obreira da UPG dirixida por Moncho Reboiras e ao ano seguinte Comisións Labregas.

No marco das relacións que establece con outros partidos nacionalistas europeos asina en febreiro de 1972 coa Unión Democrática Bretoa e o Movemento Republicano Irlandés (do que formaban parte o IRA e o Sinn Fein) a Carta de Brest, no que se defendía o dereito á autodeterminación dos pobos europeos para formar unha futura Europa Socialista dos Pobos, ao documento sumáronse posteriormente HHerriko Alderdi Sozialista Iraultzailea (HASI), Cymru Goch, PSAN(p), Esquerra Catalana dels Traballadors, Su Populu Sardu e Loita Occitana. Tamén desenvolve os contactos que viña mantendo despois de 25 de abril de 1974 con forzas da extrema esquerda portuguesa favorables á toma armada do poder como a LUAR, Partido Revolucionario do Proletariado ou o Movemento das Forzas Armadas. Como consecuencia da política de pactos que seguía a UPG, un sector encabezado por Manuel Mera e que tiña detrás ao comité local de Santiago deixa o partido, aínda que a maioría regresou pouco despois.

Desde 1970 había voces dentro do partido que falaban da necesidade dunha fase armada no marco da revolución nacional-popular e co apoio de ETA (p-m) a UPG formou unha Fronte Armada (de non máis de 10 persoas) co que realizou algúns atracos, pero en agosto de 1975 a policía matou a Moncho Reboiras e detivo 4 membros do grupo armado.

Transición

A dirección do partido pasou provisionalmente a Portugal e aínda que se realizaron aínda algúns actos conxuntos con ETA a UPG deixou de realizar accións armadas dando prioridade á acción política para o que apoia á AN-PG que se presenta publicamente en xaneiro de 1976 e que tiña obxectivo a formación dun goberno galego provisional tras conseguir o poder. Ao tempo, tamén en xaneiro de 1976 pola iniciativa da UPG fórmase o Consello de Forzas Políticas Galegas, no que estaban o PSG, PGSD e a UPG, en abril de 1976 publican as Bases constitucionais, no que se recollía o dereito á autodeterminación de Galicia, e máis tarde entran o Partido Carlista e o MCG. En novembro o CFPG entra en crise tras a inclusión do Movemento Comunista que se negaba a que os seus membros deixasen CCOO para ingresar no Sindicato Obreiro Galego como lle pedía a UPG, polo que esta e o PGSD marchan do Consello.

Para concorrer ás primeiras eleccións democráticas, en 1977, a UPG artellou unha fronte nacionalista, BN-PG, que integraban a UPG e a AN-PG, que aínda estaban sen legalizar. Tras as eleccións escíndese o sector encabezado por Camilo Nogueira que formou o Partido Obreiro Galego, antes saíra o sector que deu orixe á UPG-liña proletaria. En agosto de 1977 a UPG celebrou o seu I Congreso. Neste conclave definíronse os seus estatutos e elixiuse a Elvira Souto como secretaria xeral e Bautista Álvarez como presidente.

En xullo de 1978, trala dimisión da secretaria xeral, asumiu o cargo Pedro Luaces. Ese mesmo mes, ao abeiro da Lei para a Reforma Política, a organización foi legalizada.

Entre abril e maio de 1981 a UPG vive unha crise interna entre os partidarios de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, o sector minoritario, e aqueles que se opuñan, o sector maioritario. A crise rematou coa expulsión do sector minoritario, pero maioritario en Vigo, encabezado por Francisco García Montes, secretario xeral da INTG; Bernardo Fernández Requeixo, secretario xeral de CCLL e Agustín Malvido, pouco despois, en xullo, dimite o secretario xeral, Pedro Luaces, substituído de xeito provisorio por Francisco Rodríguez. Logo destes enfrontamentos a UPG vira cara a esquerda e deu apoio a campañas a favor dos presos de ETA, aumentou as súas relacións con HB e foi protagonista de actos conxuntos co Partido Comunista-Reconstituído pero ao tempo abandonou as teses de partido único para Galicia. En febreiro de 1982 marchou o sector máis á dereita da UPG encabezado por Pedro Luaces (exsecretario xeral) e forte en Lugo. Tras a vitoria do PSOE nas eleccións xerais de 1982 a UPG mostrouse contrario a calquera colaboración, xa que vía ao goberno socialista como a cara amable do capitalismo, neste ambiente en decembro de 1983 Mariano Abalo foi elixido secretario xeral da UPG.

Aceptación das institucións

Unión Do Povo Galego: Historia, Aceptación das institucións, Notas 
Francisco Rodríguez no XIII Congreso da UPG (Santiago de Compostela, 2012).

En 1986 a UPG e o BNG aceptan participar nas institucións, levando a Xosé Manuel Beiras ao parlamento, e prometer a Constitución, o que leva á escisión en xullo de 1986 de 13 membros do Comité Central e unhas ducias de militantes que fundan o PCLN, entre os escindidos estaban Mariano Abalo, Xan Carballo e Ramiro Oubiña. Tradicionalmente, tense admitido que a UPG era o partido maioritario dentro do BNG, posto que este é en realidade unha fronte de partidos. Pasa tamén por ter a militancia máis disciplinada da formación, de maneira que a UPG ten sido acusada de dirixismo dentro do BNG, monopolizando as súas decisións políticas e os cargos públicos. Neste sentido, a UPG foi criticada duramente por non ter facilitado acordos dentro do BNG que permitisen evitar a fractura da fronte tralo Congreso de Amio de 2012. Con todo, non foi até 2016 que unha persoa militante da UPG, Ana Pontón, asumiu os máis altos cargos dentro da formación nacionalista ao asumir a portavocía nacional do BNG e a candidatura á Xunta de Galicia, no 2016. Con anterioridade, e coa idea de facilitar a convinvencia dos distintos partidos dentro do BNG, os membros máis destacado da UPG evitaran asumir estes cargos.

De entre a militancia da UPG desde a súa legalización cabe destacar as figuras de Bautista Álvarez, Francisco Rodríguez e a propia Ana Pontón. O primeiro foi presidente da organización entre 1978 e 2008, cargo que compatibilizou coas súas responsabilidades como deputado do Parlamento de Galicia en representación do BNG. Francisco Rodríguez, pola súa parte, foi Secretario Xeral da organización entre 2008 e 2012. Con anterioridade, sendo membro do Comité Central da UPG, representara ao BNG no Congreso dos Deputados entre 1996 e 2008.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Beramendi, Justo; Núñez Seixas, Xosé Manoel (1996). O nacionalismo galego. Serie: Historia de Galicia, nº18 (2ª ed.). Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-89138-64-3. 
  • Fernandez Baz, Manuel Anxo (2003). A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984). Santiago de Compostela: 978-8484870210. ISBN 978-8484870210. 
  • Rubiralta, Fermí (1998). De Castelao a Mao. Colección: Ensaio. Santiago de Compostela: Laiovento. ISBN 978-8489896321. 

Ligazóns externas

Tags:

Unión Do Povo Galego HistoriaUnión Do Povo Galego Aceptación das instituciónsUnión Do Povo Galego NotasUnión Do Povo Galego Véxase taménUnión Do Povo GalegoBautista ÁlvarezBloque Nacionalista GalegoNéstor RegoTerra e TempoWikipedia:Palabras a evitar

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luis Mateo DíezHeredeiros da CrusRebeliom do InframundoMondoñedoAngelina MangoJosé Antonio ArmadaMarie CuriePaco LodeiroInformation Technology Infrastructure LibraryMaría Xosé QueizánManuel RivasPoesíaJéssica BouzasSoraya ArnelasPremio Nacional de Literatura de EspañaEllen DeGeneresAmesEmilia Pardo BazánLuka ModrićThe Times of IndiaFragas do EumeFrancisco de QuevedoFillas de CassandraOs demostrativos galegosNetiquetaRosalía de CastroA vogal temática e a conxugaciónDía do LibroDavid VillaAlfonso RuedaConcha BuikaLucía VeigaAntón Avilés de TaramancosTeoría de gruposEduardo PondalAguacateMeigaVichelocregoMoreira (árbore)Sete Sabios da Fraga de BambúInterstellar (filme)PoloniaNintendo DSQuerela das mulleresNancho NovoManuel Curros EnríquezKBernardino GrañaO lobo da xentePaís VascoXosé FortesSantiago de CompostelaSanta CompañaO Barco de ValdeorrasCunnilingusLista de ríos de GaliciaHistoria de EspañaReconquista2004Monarquía británicaFerroAtlánticaClub dos 27Roberto Vidal BolañoFelix MendelssohnVienaPetróglifoDios ke te crewCosta da MorteSexo oralNino BravoMy Little PonyHistoria de Armenia🡆 More