Día Nacional De Galicia: Festa oficial de Galiza

O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979.

Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.

Día Nacional De Galicia: Historia e características, Actos, Notas
Manifestación a prol da autodeterminación no día de Galicia de 2005.
Día Nacional De Galicia: Historia e características, Actos, Notas
Faro de Vigo do 24/7/1927. Alegoría de Camilo Díaz no Día de Galicia.

Historia e características

Orixes

Día Nacional De Galicia: Historia e características, Actos, Notas 
Deputados galegos o 25 de xullo de 1931. Entre outros: Suarez Picallo, Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Villar Ponte e Otero Pedrayo.

As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte, impoñéndose ás teses defendidas por Antón Villar Ponte para celebralo o 17 de decembro, considerado daquela o aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.

Ditadura de Primo de Rivera

En 1924 o ditador Miguel Primo de Rivera foi designado delegado rexio na ofrenda ao apóstolo, ao que levou a algúns grupos a propor o cambio de día de Galicia ao 17 de decembro, data do axustizamento do mariscal Pardo de Cela. A discusión aínda perduraba en 1930 cando a fin da ditadura permitiu de novo a celebración de actos galeguistas, como o mitin no teatro García Barbón de Vigo o 25 de xullo dese mesmo ano.

Primeiros anos da ditadura franquista

Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continuaron esta convocatoria, e en Galiza o galeguismo concentrouse ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalizouse como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país. Asemade, seguían as conmemoracións no exilio, como a lectura do discurso Alba de Groria de Castelao, pronunciado en Buenos Aires en 1948.

Día Nacional De Galicia: Historia e características, Actos, Notas 
Páxina do DOG nº 1, de 1 de xaneiro de 1979, co decreto no que se proclama o Día Nacional de Galicia.

Derradeiros anos do franquismo e democracia

En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Santiago de Compostela. Foron o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifestaron de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega.[Cómpre referencia]

Actos

O Día Nacional de Galicia entréganse as medallas de Galicia, creadas en 1984, e realízase unha ofrenda a Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres.

Os diferentes partidos nacionalistas de Galiza convocan manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega. O PSdeG realiza unha ofrenda floral no monumento a Castelao en Rianxo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Día Nacional De Galicia Historia e característicasDía Nacional De Galicia ActosDía Nacional De Galicia NotasDía Nacional De Galicia Véxase taménDía Nacional De Galicia1 de xaneiro197925 de xulloFestaSantiago o MaiorXunta de Galicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Transformador (modelo de aprendizaxe automática)Revolución dos caraveisHorteláPablo EcheniqueTrofoblastoMíster EspañaNava CastroPecados capitaisJorge LorenzoLavandaSangueLista de nomes femininos en galegoAccidente de ChernóbilPatricia VázquezMark Lewis JonesArxentinaChatGPTBeatriz LuengoÁreas lingüísticas do galegoA chave das nocesVerónica ForquéBilbaoNeptunoAlbert EinsteinPobo palestinoBlogAC-141The ArtistEstadio de TammelaJoan Manuel SerratRoberto BautistaFigueresLareiraDistritos de PortugalFollas novasEstadio Municipal de RiazorRefraneiro galego sobre o mes de maioEscáncerVerbos galegos ser, estar e irLista de ríos de GaliciaElena CandiaFC Ilves (feminino)TeixugoFrancisco Castro VelosoRede privada virtualTBojan KrkićProxyDonald TrumpVoleibolFerroAtlánticaÁngeles VázquezTwitterGalería de imaxes de arañas de GaliciaLucie IdloutLeitzaInglaterraClint EastwoodFranciaNoiaRexina VegaIker MuniainEcce HomoOrdesDomingo García-SabellLaurent Cantet22 de xulloXavi HernándezRevolución galega de 1846Ana Belén Fortes🡆 More