María Nava Castro Domínguez, nada en Ponteareas o 6 de marzo de 1969, é unha política galega do PPdeG.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1969 (55 anos) Ponteareas, España |
Deputada de España | |
26 de marzo de 2008 – 7 de maio de 2009 – Jesús Pérez Arca → Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | José Castro Álvarez |
Filla de José Castro Álvarez, alcalde de Ponteareas entre 1968 e 2000. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Foi tenente de alcalde do concello de Ponteareas, Concelleira de Economía e Facenda e de Servizos Sociais. En setembro de 1998 entrou no Parlamento de Galicia substituíndo a Pablo Crespo, pero remataría renunciando aos poucos meses trala condena do seu pai José Castro Álvarez por corrupción (falsidade documental e prevaricación) en solidariedade polo que consideraban unha actitude de abandono por parte do partido.
Nas eleccións municipais de 1999 seu pai concorreu con Unión Condado-Paradanta (UPCA) con ela de número 3, mantendo a alcaldía. Trala denegación do indulto por parte do Goberno de Aznar á condena do seu pai substituíno como alcaldesa de Ponteareas en setembro de 2000. Concorreu como candidata de UCPA nas eleccións municipais de 2003 e perdeu a alcaldía, xa que o candidato do PSdeG Francisco Candeira recibiu o apoio dos concelleiros do BNG e do PPdeG. En maio de 2004 apoiou unha moción de censura que lle deu a alcladía ao candidato popular Salvador González Solla, co cal gobernaría en coalición ata setembro de 2006. Nas municipais de 2007 encabezou de novo a UPCA, pero nesta ocasión foi superada tanto polo BNG como polo PPdeG, volvendo a apoiar aos populares e reestablecendo o pacto de goberno coa formación. En 2008 o partido disolveuse e integrouse no Partido Popular.
Nas eleccións xerais de 2008 foi elixida deputada polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra. Renunciou en maio de 2009 tras ser nomeada Directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria. En 2011 foi número 2 da candidatura do PPdeG en Ponteareas, encabezada polo alcalde Salvador González Solla, porén pese a lograla vitoria e revalidalo goberno non tomou posesión da súa acta e continuou como Directora Xeral. O 17 de xaneiro de 2013 foi nomeada Secretaria Xeral de Turismo da Xunta posto que posteriormente se renomeou como Directora Xeral.
En 2023 encabezou a candidatura do PPdeG en Ponteareas e foi elixida alcaldesa como cabeza da lista máis votada.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nava Castro |
Predecesor: José Castro Álvarez | Alcaldesa de Ponteareas 2000 - 2003 | Sucesor: Francisco Candeira
|
Predecesor: Cristina Fernández Davila | Alcaldesa de Ponteareas 2023 - actualidade | Sucesor: no cargo
|
This article uses material from the Wikipedia Galego article Nava Castro, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.