Xavi Hernández: Exfutbolista español

Xavier Hernández Creus, coñecido como Xavi Hernández ou simplemente Xavi, nado en Terrassa (Barcelona) o 25 de xaneiro de 1980, é un exfutbolista e adestrador español.

Xogaba na posición de centrocampista e dende novembro de 2021 adestra o FC Barcelona.

Infotaula de personaXavi Hernández
Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas
(2024) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Xavier Hernández Creus Editar o valor em Wikidata
25 de xaneiro de 1980 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Terrasa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol (2019–), futbolista (1997–2019) Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1997-2000 FC Barcelona B 61(3)
1998-2015 Futbol Club Barcelona 505(58)
2015-2019 Al-Sadd Sports Club (pt) Traducir 82(21) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1997-1997 Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  selección de fútbol sub-17 de España 10(2)
1997-1998 Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  España sub-18 10(0)
1998-2001 Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  Selección de fútbol sub-21 de España 25(7)
1998-2014 Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  Selección de fútbol de Cataluña 12(2)
1999-1999 Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  selección de fútbol sub-20 de España 6(2)
2000-2000 Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  Selección de fútbol sub-23 de España 6(2)
2000-2014 Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  España 133(13) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
2019-2021 Al-Sadd Sports Club (pt) Traducir
2021- Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  Futbol Club Barcelona Editar o valor em Wikidata
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsÓscar Hernández Creus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: Xaviiherrnandez6 Instagram: xavi FIFA: 177855 UEFA: 35018 Editar o valor em Wikidata

Desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no FC Barcelona, club ao que chegou en xuño de 1991, cando tiña 11 anos, ingresando na Masía.

Tamén xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol. Na edición de 2008 foi elixido o mellor xogador da Eurocopa. O 2 de maio de 2019 anunciou a súa retirada na final da tempada para enfocarse na súa carreira como adestrador.

Traxectoria

O seu pai, Joaquín Hernández, un almeriense, foi un futbolista do Sabadell, que inculcou a Xavi a paixón polo fútbol.

Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas 
Xavi xogando polo FC Barcelona ante Boca Juniors.

Debutou no primeiro equipo o 18 de agosto de 1998, da man do adestrador Louis Van Gaal, e con motivo de partido da Supercopa de España ante o Real Mallorca. No partido do seu debut foi titular e marcou un gol. Na tempada 1998-1999 foi alternando as súas actuacións co Barcelona B e co primeiro equipo. Debutou na Primeira División Española o 3 de outubro de 1998 no partido Valencia CF 1-3 FC Barcelona. A pesar das súas intermitentes intervencións cos maiores, foi decisivo para que o FC Barcelona proclamásese campión da Liga española de fútbol, ao marcar un gol no campo do Valladolid que valeu a vitoria (0-1) e foi decisivo para a marcha do equipo: o FC Barcelona era décimo na clasificación e, a partir daquela vitoria, iniciou a remontada coa que acabaría gañando a Liga. Esa liga foi, xa que logo, o seu segundo título profesional, tras o Mundial sub'20 de 1999 coa Selección Española.

A tempada 1999-2000 foi a da súa consolidación: unha lesión de Josep Guardiola, que estivo de baixa varios meses, abriulle as portas da titularidade. Tras a marcha de Guardiola ao fútbol italiano, Xavi apropiouse definitivamente dunha praza no once titular azulgrana.

Non foi ata o 14 de maio de 2005 cando Xavi puido saborear o seu terceiro título: o FC Barcelona proclamouse campión da Liga española de fútbol: a súa segunda liga particular. Ademais no verán de 2005 proclamouse campión da Supercopa de España, sendo o terceiro capitán do equipo, título que repetiría un ano despois (20 de agosto de 2006) contra o RCD Espanyol marcando o primeiro gol do seu equipo (3-0).

O 2 de decembro de 2005 sufriu, nun adestramento, unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito. Estivo apartado dos terreos de xogo durante 5 meses ata o 29 de abril de 2006, cando reapareceu no partido de liga que enfrontou ao FC Barcelona e ao Cádiz CF no Camp Nou, cun triunfo dos azulgrana que lles achegou a conseguir a liga 2005-06 unha xornada despois.

O 17 de maio de 2006 proclamouse campión da Liga de Campións da UEFA no Stade de France de Saint-Denis. O FC Barcelona impúxose ao Arsenal FC inglés por 2 goles a 1, aínda que Xavi non disputou ese partido por non recuperar a forma totalmente logo da súa grave lesión.

O 19 de setembro de 2007, no partido de Liga de Campións contra o Olympique de Lyon, alcanzou a Migueli como xogador do Fútbol Club Barcelona que máis partidos disputou en competición europea (85). O 2 de outubro de 2007 superou esa cifra xogando contra o VfB Stuttgart o seu partido número 86. O 1 de outubro de 2008 alcanzou a cifra de 100 partidos xogando contra o FC Shakhtar Donetsk.

Tras o partido de Liga fronte ao Real Betis converteuse no segundo xogador dese equipo con máis partidos sumando 452 empatando con Carles Rexach e só por detrás de Migueli.

Xavi acumulou co Fútbol Club Barcelona un total de 500 partidos oficiais o 16 de decembro de 2009 en partido da Copa Mundial de Clubs da FIFA.

Tras a marcha de Ronaldinho ao AC Milan, Xavi herdou a banda de segundo capitán do equipo, por detrás do primeiro capitán Carles Puyol. O 19 de outubro de 2008 fíxose público que Xavi era un dos 30 candidatos ao Balón de Ouro que outorga a revista francesa France Football ao mellor futbolista do fútbol europeo e o 27 de outubro do mesmo ano FIFPro incluíu a Xavi dentro do seu once ideal do ano. O 2 de decembro publicouse a clasificación final de xogadores que optaban ao Balón de Ouro e Xavi aparecía en quinto lugar con 97 puntos. O 13 de decembro publicouse a lista dos 5 finalistas que optaban ao premio de Xogador Mundial da FIFA e Xavi atopábase entre eles.

O 19 de decembro de 2008 asinou a renovación do seu contrato co FC Barcelona ata 2014. O 11 de xaneiro de 2009 Xavi cumpriu 300 partidos en Primeira División co Barcelona na partida fronte ao Osasuna, que acabou con 2-3 a favor do club catalán e no que Xavi marcou o segundo gol do seu equipo. Un día despois fíxose pública a lista final do Xogador Mundial da FIFA 2008 na que Xavi figuraba como quinto mellor xogador do ano, por detrás de Cristiano Ronaldo, Lionel Messi, Fernando Torres e Kaká.

O 11 de marzo de 2009 recibiu de mans de William Gaillard un cheque por valor de 100.000 € como recoñecemento por ser elixido capitán no Equipo do Ano 2008 polos visitantes do sitio web da UEFA. O premio irá destinado a axudar ao Comité Internacional da Cruz Vermella, especialmente ao proxecto que apoia ás vítimas polo conflito de Afganistán.

Xavi foi elixido o Xogador do Partido, na final da Liga de Campións disputada contra o Manchester United o 27 de maio de 2009. Terminou a tempada sendo elixido o 27 de agosto en Mónaco como Mellor Centrocampista da Liga de Campións da UEFA. O premio foi outorgado de mans da súa excompañero de equipo Luís Figo.

O 1 de decembro de 2009 foi premiado co Balón de Bronce, sendo superado polo portugués Cristiano Ronaldo e polo seu compañeiro de equipo Lionel Messi.

O 19 de decembro de 2009 tamén foi premiado co Balón de Bronce na Copa Mundial de Clubs da FIFA disputada en Abu Dabi.

Selección nacional

Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas 
Xavi durante un partido coa selección absoluta contra Inglaterra

O seu debut como internacional produciuse o 15 de novembro de 2000 no partido España 1-2 Países Baixos.

Actualmente é titular na Selección de fútbol de España. Gañou a Eurocopa 2008 disputada en Austria e Suíza e foi elixido como o mellor xogador de ese campionato. E coa selección sub-20 en 1999, liderou á selección española que se proclamou campioa no Mundial sub-20 ante Xapón (4-0) en Nixeria, e no 2000, á que conseguiu ser finalista e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.

Foi o autor do gol número 1.000 na historia da selección española, nun partido fronte a Irlanda do Norte na clasificación para a Eurocopa 2008 que finalmente acabou coa derrota por 3-2 de España.

Marca o seu primeiro gol na Eurocopa o 26 de xuño de 2008 no partido fronte á selección rusa quedando o resultado 0-3 a favor de España. Este gol é o número 500 desde que empezou o torneo en 1960.

O 29 de xuño de 2008, Xavi xunto aos seus compañeiros proclamouse campión da Eurocopa 2008 ante Alemaña. Disputou os 90 minutos da final e asistiu a Fernando Torres para que marcase o único gol do encontro. Xavi foi elixido mellor xogador da Eurocopa 2008 pola UEFA, recoñecendo o seu labor durante todo o campionato.

O 11 de xullo de 2010, Xavi é campión mundial coa Selección de fútbol de España no Mundial de Suráfrica 2010.

Participacións internacionais

Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas 
Xavi, durante a disputa da Eurocopa 2012.
Torneo Sede Resultado
Xogos Olímpicos de 2000 Australia Medalla de prata
Mundial de Fútbol de 2002 Corea do Sur e o Xapón Cuartos de final
Eurocopa 2004 Portugal Primeira fase
Mundial de Fútbol de 2006 Alemaña Oitavos de final
Eurocopa 2008 Austria e Suíza Campión
Copa FIFA Confederacións 2009 Suráfrica Terceiro posto
Mundial de Fútbol de 2010 Suráfrica Campión

Estatísticas

Actualizado o 11 de xullo de 2010.

Club Tempada Liga Copa Europa Goles Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  TA Xavi Hernández: Traxectoria, Selección nacional, Estatísticas  TV
FC Barcelona B 1997-1998 33 0 0 2 ?? ??
FC Barcelona B 1998-1999 28 0 0 0 4 0
FC Barcelona 1998-1999 17 2 6 1 2 0
FC Barcelona 1999-2000 25 4 10 2 0 0
FC Barcelona 2000-2001 20 7 9 2 1 0
FC Barcelona 2001-2002 35 1 16 4 6 1
FC Barcelona 2002-2003 29 1 14 3 0 0
FC Barcelona 2003-2004 36 6 7 5 6 0
FC Barcelona 2004-2005 36 1 8 3 5 0
FC Barcelona 2005-2006 16 0 4 0 0 0
FC Barcelona 2006-2007 35 7 7 5 3 0
FC Barcelona 2007-2008 35 7 12 9 5 1
FC Barcelona 2008-2009 35 5 14 10 3 0
FC Barcelona 2009-2010 34 3 11 6 5 0
FC Barcelona 2010-2011 / / / / / /

Palmarés

    Barcelona
    España
    Individual

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Xavi Hernández TraxectoriaXavi Hernández Selección nacionalXavi Hernández EstatísticasXavi Hernández PalmarésXavi Hernández NotasXavi Hernández Véxase taménXavi Hernández1980202125 de xaneiroAdestrador, adestradoraEspañaFutbolistaFútbol Club BarcelonaPosicións no fútbolProvincia de BarcelonaTerrassa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

QEDJosé Manuel LageMicenasAmeixa (froito)Pobo galegoTECOR societarioIllas CanariasAndrea MaceirasKO Milladoiro, Biduído, AmesÁlex FidalgoEspañaPaspallásJulio Alén MontesPili PampínLuciano PavarottiBucetaHistoria de GaliciaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Ferreiriño abelleiroXuetasAlexandre BóvedaBandeira de GaliciaMediaWikiRoko (actriz)AndoriñaIlustrísimaXabier DeiveConíferasHelena Bonham CarterSegunda guerra mundialHistoria de DinamarcaBorja VereaEstados Unidos de AméricaRondaC++200469 (sexo)Santiago de CompostelaCalendario gregorianoFrancisco, papaCanle (enxeñaría)Tereixa NavazaDiada de Sant JordiCreampieLista de palabras galegas de orixe celtaSegunda República EspañolaNava CastroNarónMallorcaAlfizReal Academia Galega de Xurisprudencia e LexislaciónFelaciónMáquina de vaporNubeiroPraza Roxa (Santiago de Compostela)Miguel DelibesGabriel García MárquezLista de paísesRaffaella CarràLauren BacallMar MediterráneoO porco de péCarlos CasaresGrupo NósCinema pornográficoRamón María del Valle-Inclán🡆 More