Follas novas é un poemario en lingua galega de Rosalía de Castro, publicado por vez primeira en 1880, editado por La Propaganda Literaria de Alejandro Chao na Habana, Cuba, e impreso en Madrid, con prólogo de Emilio Castelar.
Follas novas | |
---|---|
Texto completo, en pdf. | |
Título orixinal | Follas novas |
Autor/a | Rosalía Castro de Murguía |
Orixe | A Habana, Cuba |
Lingua | galego |
Xénero(s) | poesía |
Editorial | La Propaganda Literaria |
Data de pub. | 1880 |
Páxinas | 272 |
Precedido por | El caballero de las botas azules |
Seguido por | El primer loco |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rosalía concibiu nun comezo este poemario como unha continuación de Cantares gallegos: O 50% dos poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en 1863,[Cómpre referencia] mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser:
É unha compilación de poemas ordenados sen un criterio claro. O libro preséntasenos estruturado en cinco seccións:
A obra ten unha organización formal pouco elaborada ó comparala con Cantares gallegos, se ben a súa amplitude temática e a diversidade dos seus textos lle confire maior universalidade. A colección de poemas resulta sumamente irregular desde unha perspectiva estrutural porque:
Os textos subxectivos de Follas novas poderían pertencer á escola xermánica (composicións breves, de estilo sinxelo, espontáneas, impresionistas, intimistas e suxerentes), da cal é representante Bécquer. Mais a lírica de Rosalía é diferente da becqueriana, Rosalía afástase do sentimentalismo para facilitarnos, mediante a introspección, a súa vida radical, angustiada e pesimista; a procura do sentido da existencia.
Vaguedás vén ser unha "Arte poética" relativa ós vencellos entre poesía e vida:
En Do íntimo e nos poemas subxectivos de Varia predomina a saudade e a alienación:
Nace co precedente de Cantares Gallegos, pero o feito de seren poemas e non glosas, xunto coa presenza dunha Rosalía máis madura, provoca un eu poético moito máis reflexivo que afonda na inxustiza social procurando penetrar no corazón dos seus semellantes dun xeito vivencial.
Estamos ante poesía comprometida, cívica; mais nunca panfletaria. A denuncia xorde como sentimento, é pura sensibilidade. O mundo que rodea a Rosalía é unha extensión do seu propio corpo.
Existen diferentes tipos de composicións:
Era unha ousadía dicir isto en 1880. E inda máis se pensamos que o contido deste prólogo (no seguinte apartado extraemos un anaco) perfila o problema social de Galicia que Rosalía consideraba máis grave: a emigración.
Algúns poemas de "Da terra", como "Miña casiña, meu lar", "Tanto e tanto nos odiamos", "A probiña que está xorda", "Xan" ou "Soberba", son unha prolongación de Cantares. Composicións que, desbordando ledicia, sen ser glosas, achegan costumes populares.
Os demais dos textos desta sección, aínda que podendo ser narrativos ("O encanto da pedra chan") e a pesar de teren a cerna da paisaxe e da cultura, están marcados cun evidente lirismo subxectivo.
"As viudas d'os vivos e as viudas d'os mortos" é unha plasmación panorámica da emigración galega desde a perspectiva da muller:
Rosalía sufriu as mesmas dores que sufriron as súas mulleres galegas. Rosalía falou por todas. Unha muller introvertida, que se ve atravesada por unha longa e negra sombra de saudade, ten valor para apartar da súa vista o seu íntimo horror e mirar para o pavor vital, para a escasa calidade de vida que teñen os demais nese país esquecido da man dos homes que é Galicia.
En Follas Novas conflúen tres tendencias métricas:
Just when I think you have fled, —O principio da "Negra sombra" de Follas Novas na versión de Anna-Marie Aldaz. |
en Follas novas vese:
A pesar de ser Follas novas unha obra de inaudito valor literario e humano, o verdadeiramente insólito é que Rosalía compuxese os seus sentimentos e reflexións sociais nunha lingua tida por dialectal, por flagrante exemplo da incultura dun pobo. Se Rosalía consagrara en Cantares gallegos o galego para a lírica popular, elabora neste poemario unha poesía universal, sen fronteiras, pero galega, e na lingua dun país daquela recóndito. Ricardo Carballo Calero, en Historia da literatura galega contemporánea (p. 145), di:
Hai máis de 30 edicións distintas de Follas novas. O libro foi incluído na Biblioteca Básica da Cultura Galega da Editorial Galaxia, na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia, na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia, na Biblioteca 114 de El Correo Gallego e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Follas novas |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Follas novas |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Follas novas, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.