José Hierro: Poeta español

José Hierro del Real, nado en Madrid o 3 de abril do 1922 e finado tamén en Madrid o 21 de decembro do 2002, foi un poeta español.

Pertencente á chamada Xeración do medio século, foi un autor dificilmente clasificable, tratando nas súas composicións dende temáticas sociais a outras de carácter existencial, pasando por unha variedade de asuntos de cariz íntimo ou universal. Foi Premio Nacional das Letras Españolas no 1990 e Premio Cervantes no 1998.

Infotaula de personaJosé Hierro
José Hierro: Traxectoria, Traxectoria poética, Obra
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Hierro del Real Editar o valor em Wikidata
3 de abril de 1922 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de decembro de 2002 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteEnfisema pulmonar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: 96bc039b-0c15-41b2-970e-ce49457bba99 Discogs: 2580152 Find a Grave: 7353492 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Cando contaba con dous anos de idade a súa familia trasladouse a Santander, onde cursou os estudos elementais e iniciou a carreira de perito industrial, que se viu obrigado a abandonar tralo inicio da Guerra Civil. Finalizado o conflito bélico foi feito prisioneiro por pertencer a unha “organización de axuda a presos políticos”, ingresando na cadea onde permaneceu ata 1944. Un deses presos políticos era o seu propio pai, finado mentres o poeta cumpría condena.

Ao saír do cárcere marcha a Valencia onde vivirá dous anos. Na cidade levantina participa nas tertulias literarias do café El Gato Negro e colabora na fundación da revista Corcel.

De volta en Santander volve participar na fundación doutra revista, Proel, xunto con Ricardo Gullón e desempeña multitude de oficios. Casa no 1949 e ao pouco tempo marcha a Madrid, onde empeza a traballar no CSIC, na Editora Nacional e no Ateneo. Faise colaborador de Radio Nacional de España ata a súa xubilación no 1987.

No 1999 foi escollido membro da Real Academia Española.

Traxectoria poética

Inicia a súa produción no 1947 con Tierra sin nosotros, expresión de tristura xuvenil e procura de felicidade inalcanzable. A súa obra dos anos cincuenta afonda na dor existencial, pero pouco a pouco vai deixando oco nos seus poemas para os temas sociais. Porén, o trato que lle dá á temática social non é o habitual nos autores do xénero da época, xa que a súa esixencia estética permanece intacta outorgándolle unha densidade e unha riqueza considerables.

A influencia de Gerardo Diego, a quen considerou o seu “pai espiritual”, e, por extensión, da Xeración do 27 na súa obra é amplamente perceptible.

Obra

  • Alegría (1947). Premio Adonáis .
  • Tierra sin nosotros (1947).
  • Con las piedras, con el viento (1950).
  • Quinta del 42 (1952).
  • Antología (1953). Premio Nacional de Literatura.
  • Estatuas yacentes (1955).
  • Cuanto sé de mí (1957). Premio da Crítica.
  • Poesías completas. 1944-1962 (1962).
  • Libro de las alucinaciones (1964). Premio da Crítica.
  • Problemas del análisis del lenguaje moral (1970).
  • Cuanto sé de mí (1974)
  • Quince días de vacaciones (1984)
  • Reflexiones sobre mi posía (1984)
  • Cabotaje (1989)
  • Agenda (1991).
  • Emblemas neurorradiológicos (1995)
  • Sonetos (1995)
  • Cuaderno de Nueva York (1998). Premio Nacional de Literatura.
  • Guardados en la sombra (2002)
  • José Hierro. Poesías completas (1947-2002) (2009). Póstuma.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas

Tags:

José Hierro TraxectoriaJosé Hierro Traxectoria poéticaJosé Hierro ObraJosé Hierro Véxase taménJosé Hierro192219901998200221 de decembro3 de abrilMadridPremio CervantesPremio Nacional das Letras Españolas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BorschAmazonCopa do SarÁcido caprílicoBacalada2019Dolores RedondoPiñorLista de reis de BabiloniaShirley ChisholmIphigénie en Tauride (Gluck)Eurocopa de FútbolReggio de CalabriaMachu PicchuGlícidoYouTubePedro I do BrasilBenz Patent-MotorwagenRadiación adaptativaCinema pornográficoMukhannathunFonoteca 92Océano AtlánticoPragaQuiralidade (química)ArubaAlbatros viaxeiroPeixes serraAmérica do NorteTransportador mitocondrialADN polimeraseBill CosbyOrixe das avesSelenaLeón, EspañaDune (filme de 2021)COVID-19TeleósteosEstadio Municipal de RiazorBacillus thuringiensisCorrente do GolfoAncaraXinzo de LimiaContratoAeroporto de Berlín-TegelEdicto de MilánRubén CelaA CoruñaSábado SantoLobeiraA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesNacionalismo galegoVilamartín de ValdeorrasKevin LoveTeruelEstados Unidos de AméricaAllarizJackie ChanLingua gregaMitocondriaEnantiornithesEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Lingua indonesiaAtlanta FalconsTetrabucleMullerMySQLPlebeHistoria AugustaFernando AlonsoChadCarlito syrichtaMediana (xeometría)Retorno a Tagen AtaÁlvaro Soler🡆 More