Borsch: Caldo de verduras con remolacha

O borsch (coñecido tamén como borshtch ou borshch, en ruso e ucraíno: борщ, /Borʃ/ (axuda · info); en polaco: barszcz; en lituano: barščiai; en romanés: borș; en alemán: borschtsch) é unha sopa de verduras que inclúe xeralmente remolacha, que lle dá unha cor rubia intensa característica, e é tradicional en diversos países do Leste europeo como Ucraína, Polonia, Rusia, Romanía, entre outros.

Borsch: Variantes do borscht, Notas, Véxase tamén
Borsch con patacas, col e remolacha.
Borsch: Variantes do borscht, Notas, Véxase tamén
Українский борщ. Borsch ucraíno.
Borsch: Variantes do borscht, Notas, Véxase tamén
Borsch servido con nata aceda.
Borsch: Variantes do borscht, Notas, Véxase tamén
Borsch de remolacha de horta frío letón

O borsch consómese masivamente en Ucraína, de onde se admite que é orixinario, pero debe entenderse que este prato constitúe parte da herdanza culinaria de moitos dos países do Leste de Europa e Europa Central. Foi levada a Europa Occidental e a América principalmente por inmigrantes xudeus fuxidos da persecución nestas rexións; en yiddish, lingua falada por moitos destes inmigrantes, o prato chámase borsht (בורשט).

A sopa é normalmente preparada con remolacha, que lle dá unha forte coloración vermella. Outros ingredientes que se acostuman empregar son repolo, cenoria, cogombro, pataca, cebola, tomate, cogomelo e carne, ás veces feixón.

O prato acostuma ser servido con nata (crema de leite) e patacas cocidas, ou kascha, unha papa de trigo sarraceno.

Variantes do borscht

Existen dúas principais variantes deste prato, que se lle chaman xeralmente como borscht frío e quente. Ámbalas dúas variantes teñen remolacha, mais sérvense e prepáranse de forma diferente.

Borsch quente

O borscht quente é o máis popular e é a sopa que contén unha maior cantidade de ingredientes opcionais. Dependendo da gastronomía pode incluír diferentes verduras (fabas, col, cenoria, cogombro, patacas, cebolas, ou tomates), cogomelos e carnes (polo, porco ou tenreira). Neste caso é máis similar a un cocido, ou ao caldo galego, que a unha sopa e acostúmase comer só con pan.

Borsch frío

O borsch frío adoita comerse en diversas culturas, como en Lituania, onde é moi común esta modalidade. É a miúdo servido como unha sopa doce, que consiste en rodelas de remolacha cociñadas en caldo, opcionalmente con zume de limón, cebola picada e algo de azucre. Sérvese o caldo cos pedazos de remolacha, a miúdo con algunha pataca cocida e algo de crema aceda que pon un contraste coa dozura da sopa. A crema aceda non se mestura coa sopa, sérvese no prato para que sexa degustado mentres se toma a sopa coa culler.

Existen diversos outras variedades de borsch frío. Unha delas é feita co kvass, bebida típica rusa feita a partir da fermentación do pan; outra mestura leite xeado ou iogur e tomates en rodelas.

A base do borsch frecuentemente é feita con caldo de carne, aínda que esta práctica non sexa observada nos períodos da coresma por certas comunidades cristiás. Debido ás leis do kashrut, as receitas de orixe xudaicas non mesturan produtos derivados do leite con carne.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Borsch Variantes do borschtBorsch NotasBorsch Véxase taménBorsch

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Relación sexual humanaSantiago de CompostelaTomás IribarrenCabeza de ManzanedaCorea do NorteAeroporto de Newark LibertyLionel MessiTorre EiffelKanye WestEstadio Municipal de RiazorRexións de FranciaCelanovaLuísa VillaltaMr. TFundación WikimediaLuís TosarCélula pancreática acinarBiblioteca Básica SalvatRefraneiro galego sobre o panLalínFelaciónQandeel BalochVladimir PutinMonforte de LemosAgora RepúblicasPatacaGran DepresiónNúmero piEra visto!Discoverer EnterpriseMetabolismoO BierzoAdánForo do bo burgo de Castro CaldelasManu Chao22ª edición dos Premios Mestre MateoDe catro a catroVichyFilipe II de EspañaO hobbitHomeroParacaídasTrahamundaReino de GaliciaFases da lúaFianna FáilMandiocaÁngel Concheiro CoelloAntigo ExiptoFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)ZamoraMarineda CityFerrolReconquista de VigoSaturnoJosé Luis GilEliseo Seoane BardancaHuelvaGalicia estremeiraÑCanle (comunicación)Electronic Numerical Integrator And ComputerLista de nomes femininos en galegoGerardo Pardo de VeraMasculino e feminino en galegoGrupo NósSegunda guerra mundialJackie ChanValenciaEva CárdenasLista de WikipediasJacques-Louis David9 de abrilLímite matemáticoHargeisa🡆 More