Fases Da Lúa

Fases vistas desde o hemisferio Norte.

Chámanse fases da lúa (ou cuarteiróns da lúa) aos diferentes aspectos visuais que presenta a Lúa no seu xiro arredor da Terra segundo sexa a súa posición con respecto ao Sol.

Fases

Cando a Lúa está entre a Terra e o Sol, ofrécenos a súa cara non iluminada (novilunio ou lúa nova) e polo tanto non se ve máis que a súa sombra.

Cousa dunha semana máis tarde a Lúa deu 1/4 de volta arredor da Terra, e preséntanos media cara iluminada (cuarto crecenteou o crecente da lúa). Chámase así porque cada día medra a superficia lunar á vista.

Outra semana máis e a Lúa está en liña co Sol e coa Terra, co planeta no medio, ofrecéndonos toda a cara visible iluminada (plenilunio ou lúa chea).

Unha semana máis tarde prodúcese o cuarto minguante.Coma no caso da lúa crecente, son máis empregadas as denominacións cuarto minguante ou o minguante, a minguante (da lúa). Como cultismo, tamén se usa Devalo.

Transcorridas unhas catro semanas estamos outra vez en novilunio. O tempo transcorrido entre dous novilunios chámase mes lunar ou mes sinódico e é de 29,53 días solares medios.

As fases da Lúa teñen moita relación co establecemento do calendario e os seus diferentes períodos como semana e mes. As fases lunares constitúen a base do calendario musulmán, entre outros.

Coloquialmente, enténdese que cada fase dura unha semana, non de xeito exclusivo o tempo xusto no que a Lúa ten a característica visual comentada.

Fases Da Lúa 
Secuencia animada das fases lunares

Fases noutras lúas

Fases Da Lúa 
Fases da Lúa en relación coa posición Lúa-Terra-Sol

Os diferentes planetas tamén teñen as súas fases. Galileo foi o primeiro en descubrir que Venus presentaba fases como a Lúa, argumento que apoiaba a teoría heliocéntrica. Os planetas en órbitas interiores á terrestre Mercurio e Venus poden presentar fases elevadas. Debido ás diferentes condicións xeométricas de posición relativa entre o Sol, a Terra e os planetas en órbitas exteriores estes non posúen fases apreciables observados desde a Terra.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Tags:

Fases Da Lúa FasesFases Da Lúa Fases noutras lúasFases Da Lúa Galería de imaxesFases Da Lúa Véxase taménFases Da Lúa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pardo de CelaMigración das avesMiro VillarLista de WikipediasJodie FosterDía de Castela e LeónXavier AlcaláA CoruñaRamón VillaresPeer-to-peerGallaeciaJesús Gil y GilPraza da QuintanaXesús PisónCerdeiraMaría Rei VilasPontevedraFrancisco FrancoSergio RamosXosé Luís Méndez FerrínAlcaldes da CoruñaGoogleMarcos CarbonellAlfonso RuedaJoan BaezMicenasValentín García GómezCascudaGarbiñe MuguruzaBristolMasculino e feminino en galegoFernando AlonsoLista de ríos de GaliciaXabier DíazSalvador DalíEscolas de Insiño GalegoEduardo PondalVila de CrucesSusana FortesAciñeiraAlberto PomboRoko (actriz)Luis García-ReyGatipedroHistoria de LimaChachoEscherichia coliGame BoyModelo OSIHipérbatoGranma (iate)Xela AriasGalicia estremeiraBatalla de CacheirasCarbohidratoA fiestra valdeiraReino de GaliciaTereixa ConstenlaPresidente de GabónFollas novasLila comúnAsíndetoRusiaLa Voz de GaliciaMaría a BalteiraDominic ThiemAlba ManceboPatricia Argerey VilarSéchu SendeLista de xentilicios de concellos galegos007 Casino RoyaleEva GreenMiguel de Cervantes🡆 More