Semana: Unidade de tempo; sete días consecutivos

A semana é un período de tempo de sete días consecutivos.

Este período correspóndese coa cuarta parte dun ciclo lunar, de 28 días, que desde antigo serviu como base para o calendario lunar.

Nomenclatura

En lingua galega hai dúas formas para denominar os sete días da semana. Dunha banda consérvase a asociación de cada día cun dos planetas (que eran deuses pagáns), agás o domingo (Domenicus dies, día do Señor, de orixe cristiá) e mais o sábado, (Sabbatum, “día do sabá”, que ten orixe xudaica) e coincide coa nomenclatura noutras linguas romances. Doutra banda consérvase a nomenclatura imposta a partir do século VI pola Igrexa católica cun papel destacado de S. Martiño de Dumio, nomenclatura que combateu os nomes pagáns, mais a campaña só tivo éxito no continente europeo en Portugal e Galiza, onde se adoptaron as formas baseadas na forma feira (día de festa, "día santo" en latín).

Estrutura

Nos países tradicionalmente cristáns obsérvase o descanso laboral no domingo, nos musulmáns no venres e nos xudeus (e polo tanto en Israel) no sábado. En case todos os países do mundo a semana comeza o luns/ na segunda feira, agás en Portugal e nalgúns países anglosaxóns (como os Estados Unidos), onde a semana comeza o domingo.

Tags:

Calendario lunarDíaLúaTempo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de episodios de O detective ConanIgnacio GarrigaBatalla de CovadongaJosé Luis GilNigránEstados Unidos de AméricaPedro J. RamírezEstadio Municipal de RiazorCarlos CallónToledoXosé Carlos Carracedo PortoXogos Olímpicos de 2004Memorias dun neno labregoSabela (Operación Triunfo)Xurxo de CapadociaIlla de SálvoraAC-960BidueiroPartido PopularXosé Ramón GayosoNaomi KleinRomán Rodríguez GonzálezNintendo DSFrancisco Fernández del RiegoMatriz cadradaManuel FragaCarlos NegroArtur BordaloCelanovaConcha CostasAmeixa (molusco)Xabarín ClubFillas de CassandraRicardo Carballo CaleroDavid BowiePúrpuraGres, Vila de CrucesFrancisco FrancoCascudaManuel Lugrís FreireManuel González González (músico)Ginger RogersEthan HawkeHindemburg Melão Jr.Otelo Saraiva de CarvalhoAmorodoAldous HuxleyTorre de HérculesMalores VillanuevaConcha BuikaAníbal MalvarAranésCristovo ColónRonaldinhoAlba ManceboCota lácteaAP-9InglaterraLuís Pérez BarralKarl MarxMedalla da Folga de FamePenélope CruzGonzalo Torrente BallesterLuz Pozo GarzaApolonio de Atenas (orador)ArroazMarina CastañoMazáMeg RyanThe Times of IndiaAsalto do bou EvaNormativa oficial do galegoFala de EstremaduraQuímica🡆 More