Deus Mercurio

Na relixión romana, Mercurio (latín: Mercurius, -ii) era o deus dos mercadores, o lucro e o comercio.

Fillo de Maia e Xúpiter. O seu nome está relacionado co latín merx, mercis. A denominación etrusca era Turms. Foi asimilado ao deus grego Hermes.

Deus Mercurio
Estatua de Mercurio, de Artus Quellino, século XVII.
Deus Mercurio
Escultura en bronce da Época romana, século III-IV, atopada no Couto de Altamira, Taboexa, As Neves. Conservada actualmente no Museo de Pontevedra.

O seu nome, Mercurio, foi utilizado para nomear obxectos diversos, como o planeta Mercurio, ou o elemento químico homónimo.

Atributos

Os atributos tradicionais, cos que era representado, son a bolsa -na man, o máis común-, o cabalo Pegaso alado ou non, o bastón caduceo, as sandalias aladas, o chapeu ou petasus, así como o galo (símbolo do novo día e a esperteza) e/ou o macho cabrío (símbolo da fertilidade) e, mesmo, a tartaruga (pois a lenda narraba que o deus inventara a lira, usando a concha dun destes animais).

Mitoloxía

Mercurio non aparece entre os numinosos dei indigetes, da primitiva relixión romana. Mais ben, reasumiu os deuses Luceres, que sufrirían o sincretismo coa relixión grega, durante a época da República, a partir do século III a.C. Mercurio, esencialmente, tiña o mesmo aspecto que Hermes, co seu petasus, as ás nos tornecelos, apoiábase no caduceo, e ía acompañado do galo, o bode ou o sapoconcho.

Como Hermes, era tamén o mensaxeiro dos deuses e deus do comercio, en particular do comercio de cereais. Era considerado así mesmo como un deus da abundancia e do éxito nos negocios, especialmente na Galia. Ao igual que Hermes, Mercurio era tido por un deus psicopompo, é dicir, guía das ánimas no mundo de ultratumba. Como psicopompo, xustifícase a presenza ao seu lado do can, animal vinculado á noite, a lúa e os mortos. Aínda máis, Ovidio, escribiu que Mercurio levou os soños de Morfeo desde o val de Hypnos, o Soño, ata os durmidos humanos.

O templo de Mercurio no Circo Máximo, entre os outeiros do Aventino e o Palatino, foi erguido en -495. Este era un sitio apropiado para adorar a un veloz deus do comercio e as viaxes, dado que non só era un lugar para carreiras, senón tamén un centro de comercio e negocios. A súa colocación entre o Aventino, centro histórico da emerxencia da plebe, e o Palatino, centro da aristocracia, enfatizaba o papel de Mercurio, como mediador.

Debido a que Mercurio non fora unha das deidades primarias sobreviventes do Reino de Roma, non lle fora asignado un flamen ou sacerdote, pero tiña unha óptima festa o 15 de maio, as Mercurialia. Durante as Mercurialia, os mercadores salpicaban auga sobre as cabezas propias, auga que sacaban do pozo sagrado do deus, sito preto da Porta Capena.

Nomes e epítetos

Mercurio, denominado entre os romanos Mercurius e, ocasionalmente, en primitivos escritos, Merqurius, Mirqurios ou Mircurios, tiña varios epítetos que representaban diferentes aspectos ou roles, ou mostraban o sincretismo con deidades non romanas. Velaí algúns dos máis coñecidos:

  • Mercurius Artaios, combinación de Mercurio co deus celta Artaios, un deus barbado e cazador, que recibía culto en Beaucroissant, Francia.
  • Mercurius Arvernus, neste caso co deus celta Arvernus. Arvernus era adorado no país do río Rin, posibelmente como divindade da tribo dos Arverni.
  • Mercurius Cissonius, combinación de Mercurio co deus celta Cissonius, que aparece en inscricións espalladas nunha área que vai da actual Colonia, Alemaña, a Saintes, Francia.
  • Mercurius Esibraeus, combinación da deidade lusitana Esibraeus e Mercurio. Esibraeus aparece só nunha inscrición de Medelim, Portugal; posibelmente é identificábel co deus Bandua Isibraiegus, citado noutra inscrición da próxima aldea de Bemposta.
  • Mercurius Gebrinius, combinación de Mercurio co deus celta ou xermánico Gebrinius, que se cita na epígrafe dun altar procedente de Bonn, Alemaña.
  • Mercurius Moccus, do deus céltico Moccus, asimilado a Mercurio, sinalado en inscrición de Langres, Francia. O nome Moccus, do celta: "porco", suxire que a deidade estaría ligada á caza do xabarín ou porco montés.
  • Mercurius Visucius, combinación co deus celta Visucius, indicado en epígrafe procedente de Stuttgart, Alemaña. Visucius foi adorado primeiramente nas zonas fronteirizas entre a Galia e Xermania. Mais certos aspectos do deus non romano suxiren que tamén se podía asimilar a Marte, consonte unha inscrición a "Mars Visucius" achada na Galia.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Deus Mercurio AtributosDeus Mercurio MitoloxíaDeus Mercurio Nomes e epítetosDeus Mercurio Véxase taménDeus Mercurio

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Federico TrilloLeopoldo Calvo-Sotelo BusteloBubelaXela AriasOllos de augaProvincia de OurenseJorge Sanz MirandaLista de castelos de PortugalMiss Vaca (certame)StellantisProsobranquiosDon Quixote da ManchaNigránJesús Hidalgo BermejoMDiego Rivas RegoRaúl Soutelo VázquezBetanzosTomiño (planta)Noelia ReyProvincias de EspañaRelación sexual humanaLisímaco de AlexandríaVichelocregoCélula procariotaRSSFerroAtlánticaMaruxa MalloVicente RiscoJessica AlbaEmma WatsonPosición do coito lateralMaría do Socorro Ortega RomeroRebeliom do InframundoParalelismoMahatma GandhiLeón, EspañaGabriel García MárquezHistoria de AlbaniaPavillón Multiúsos Fontes do SarPablo Iglesias TurriónFala de EstremaduraMaría Jesús MonteroReconquistaMiguel Ángel MuñozLeire MartínezCandela PeñaXornalismoForma físicaBárbaroEnciclopedia24 de abrilAna María Fernández MartínezO Pedrouzo, Arca, O PinoA Pontenova2004Gerardo Pardo de VeraLingua éuscaraCirrioXosé Ramón GayosoEllen DeGeneresTeresa RiberaJosé Antonio Primo de RiveraO pensadorCaroline WozniackiRonaldinhoAC-211Celeste CaeiroAna Belén FortesFísicaFrancisco Castro VelosoCarlos AymerichA🡆 More