Xosé Ramón Gayoso: Presentador galego de televisión

Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia.

Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.

Infotaula de personaXosé Ramón Gayoso
Xosé Ramón Gayoso: Traxectoria, Galardóns e nomeamentos, Notas
Xosé Ramón Gayoso: Traxectoria, Galardóns e nomeamentos, Notas
Xosé Ramón Gayoso: Traxectoria, Galardóns e nomeamentos, Notas
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalXosé Ramón Gayoso Bonigno
Biografía
Nacemento25 de abril de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónAvogado, atleta, presentador, cantante
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1085431 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Estudou no colexio coruñés da Grande Obra de Atocha. Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Practicante de atletismo, en concreto lanzamento de martelo, proclamouse campión de España xuvenil en 1975 cun lanzamento de 46 m.

Practicando atletismo coñeceu a Álvaro Someso, campión galego de salto de altura en 1973 e xogador de balonmán do OAR A Coruña, con quen en 1976 formou o dúo Álvaro y José Ramón. En marzo do ano seguinte o dúo saíu vencedor da cuarta edición do Festival da Canción «Liceo La Paz», onde un xurado formado entre outros por Nonito Pereira, lles deu a maior puntuación, por diante de Ana Mediero (segunda) e o grupo Escaino (terceiros).

En 1978 o dúo mudou o seu nome polo de Keltia e a finais dese ano editaron Choca esos cinco, un disco que foi producido por CBS, onde a metade das cancións estaban interpretadas en galego, e onde facían versións de José Afonso e musicaban a Rosalía de Castro. En marzo de 1979 Keltia realizou unha actuación en TVE, dentro do programa musical Aplauso.

Xosé Ramón Gayoso: Traxectoria, Galardóns e nomeamentos, Notas 
Xosé Ramón Gayoso na edición de 2019 do certame Miss Vaca celebrado no programa Luar da TVG

Recomendado pola cantante Elsa Baeza, marchou a Madrid traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en divorcios e nulidades, co que tivo que intervir en casos no Tribunal de La Rota. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na TVG. Tentouno como asesor xurídico, pero acabou traballando de presentador desde a súa inauguración en 1985. Presentou programas como Entre nós, Boa Noite, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti. Pero foi con Luar, a partir de 1992, cando se fixo inmensamente popular.

No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao. Neste ano tamén lle foi concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega en recoñecemento á súa traxectoria na difusión e posta en valor da cultura de Galicia a través do programa Luar. Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Audiovisual en 2022. Segundo o xurado, "o seu rostro aparece desde o primeiro minuto da emisión da TVG, e desde entón mantense na pantalla nun dos programas máis lonxevos".

No ano 2023 someteuse a unha operación de cadeira, sendo substituído temporalmente por Esther Estévez.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor comunicador de televisión Luar Gañador
2010 Mellor comunicador de televisión Luar Nomeado
2013 Mellor comunicador de televisión Luar Gañador

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

  • Luar no sitio web da TVG.

Tags:

Xosé Ramón Gayoso TraxectoriaXosé Ramón Gayoso Galardóns e nomeamentosXosé Ramón Gayoso NotasXosé Ramón Gayoso Véxase taménXosé Ramón Gayoso19561985199225 de abrilA CoruñaGaliciaLuar (programa)Presentador, presentadoraTelevisión de Galicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Golda MeirEuskal Herria BilduLista de nomes masculinos en galegoJesús Gil y GilLagarto arnalMaría JamardoGaliciaÁnxel CasalAbril na cultura popular galegaRefraneiro galego sobre o mes de maioCinema pornográficoNoruegaPonteareasAs Carballas, Tabeirós, A EstradaEster ExpósitoJosé Manuel LageHaruki MurakamiAustriaBenito KamelasPili PampínDitongoXurxo de CapadociaDereito de autoríaCódigo QRManuel MaríaEleccións municipais de 2019 en GaliciaAlberto PomboMiguel Ángel Zabalza BerazaMáquina de vaporAntolín FaraldoGloria FuertesGrupo NósManuel Veiga TaboadaProxyChachoZanfonaJosep CarrerasGrândola, Vila MorenaReal Academia Galega2004Agustín Fernández PazAA Illa, EntrimoPilar Bermejo BarreraMercedes PeónOs PinosInfinitivo conxugadoSéchu SendeDía das Letras GalegasA ComarcaAmieiroSalgueiroLugoRafael NadalOtto von BismarckCatedral de Santiago de CompostelaInterrogación retóricaGrupo Brais PintoTereixa ConstenlaCascudaEstadio Municipal de BalaídosTanxugueirasCabo VerdeConíferasP'ró que der e vierBubelaC++Salvador IllaRakel WinchesterSonsoles EspinosaFentaniloXosé Luís BernalMondariz🡆 More