Ollos De Auga: Obra literaria de Domingo Villar

Ollos de auga é unha novela negra en galego escrita por Domingo Villar e publicada en 2006 pola editorial Galaxia.

Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas que, acompañado polo seu axudante Rafael Estévez, leva a investigación do asasinato de Lois Reigosa, un músico na illa de Toralla.

Ollos de auga
Ollos De Auga: Argumento, Personaxes, Traducións
Illa de Toralla, onde aparece morto o saxofonista Lois Reigosa.
Autor/aDomingo Villar
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónLiteraria nº 233
Xénero(s)Novela negra
Editorialeditorial Galaxia
Data de pub.2006
Formatorústica
Páxinas248
ISBNISBN 978-84-8288-927-6
Seguido porA praia dos afogados
editar datos en Wikidata ]
Quedamos abraiados pola crueza do asasinato, polo humor presente en cada páxina, pola ironía dos diálogos... que fan a lectura divertida.
Estro Montaña, no Faro de Vigo.

Argumento

A trama desenvólvese en Vigo. Leo Caldas é un inspector da policía nacional, e traballa xunto co axente zaragozano Rafael Estévez.

Os acontecementos da novela xiran o redor da investigación dun asasinato. Un 12 de maio o saxofonista Lois Reigosa aparece morto no seu dúplex da illa de Toralla, logo de que lle inxectasen formol no pene. As pistas levan aos policías a sospeitar de Dimas Zuriaga, un afamado doutor propietario da fundación Zuriaga, que conta cun hospital situado no monte do Castro. Á fundación Zuriaga proporcionáballe o formol unha empresa chamada Riofarma, da cal, Isidro Freire era o encargado desa sección.

Durante a investigación descobren que o finado era gai e acoden ao Idílico, un pub de ambiente homosexual situado no Areal. Alí falan co picadiscos, un coñecido seu, chamado Orestes Rial. Quedan con el para se entrevistaren pero aparece morto no seu apartamento cunha bala na cabeza. Nel atopan un computador con fotos de Zuriaga con Reigosa e deducen que Orestes chantaxeaba o doutor con mostrar as fotos.

Malia que as investigacións apuntaban a que o principal sospeitoso era Zuriaga, trala súa detención Caldas dáse de conta de que había algo que non encaixaba.

Personaxes

  • Leo Caldas: Inspector da policía. É fillo dun recoñecido empresario vinícola, do que herdou o gusto polo viño e en xeral pola boa gastronomía. Colabora, ademais, no programa radiofónico chamado Patrulla nas ondas, na emisora Onda Vigo.
  • Rafael Estévez: Axudante de Leo. De carácter impulsivo e agresivo. Non se dá adaptado ao carácter galego.
  • Comisario Soto.
  • Lois Reigosa: Saxofonista asasinado.
  • Dimas Zuriaga: Doutor e filántropo.
  • Mercedes: Muller de Dimas Zuriaga.
  • Isidro Freire: traballador dunha empresa química do Porriño.
  • Diana Alonso Zuriaga: Sobriña do doutor, traballa no seu hospital.
  • Clara Barcia: Médica forense da UICD.
  • Guzmán Barrio: Médico forense.
  • Ramón Ríos: Antigo amigo da escola de Leo Caldas e que traballa en Riofarma.
  • Carme: Traballadora de Riofarma do departamento do formol.
  • Iria Ledo: Música que formaba parte do grupo de jazz de Lois Reigosa. Tocaba o piano.
  • Arthur O´neal: Músico que formaba parte do grupo de jazz de Lois Reigosa. Tocaba o contrabaixo.
  • Orestes Rial: Amigo de Reigosa que participaba no chantaxe a Dimas Zuriaga.
  • Pai de Leo Caldas: Encargado da súa propia adega.
  • Santiago Losada: Presentador do programa Patrulla nas Ondas.
  • Rebeca: Axudante de Santiago Losada
  • Pipo: Can de Isidro Freire que sempre vai ós pés de Rafael Estévez.

Traducións

  • Ao castelán polo propio autor baixo o título Ojos de agua.
  • Ao inglés por Martin Schifino co nome Water-Blue Eyes.
  • Ao alemán por Peter Kultzen como Wasserblaue Augen.
  • Ao italiano por Silvia Sichel co título de Occhi di acqua publicado en 2008 por Ponte alle grazie.
  • Ao sueco por Lena E. Heyman co título de Nattens mörka toner: Ett fall för kommissarie Leo Caldas publicado en 2011 por Ekholm & Tegebjer.

Adaptacións

Así mesmo, no ano 2007 estábase a preparar unha adaptación cinematográfica, con dirección de Jorge Coira e guión de Carlos Portela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ollos De Auga ArgumentoOllos De Auga PersonaxesOllos De Auga TraduciónsOllos De Auga AdaptaciónsOllos De Auga NotasOllos De Auga Véxase taménOllos De Auga

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TelecomunicaciónsCorfúGame Boy ColorJorge PeteiroRamón Otero PedrayoAntonio García TeijeiroGarcía II de GaliciaPolisíndetoCurtisManuel MurguíaVeneciaOs ÁnxelesInternetHistoria de LugoConcepción ArenalEspañaPraza da QuintanaJosé Manuel LageMasculino e feminino en galegoUniversidade de VigoRomaMártires de CarralAna María Fernández MartínezVorticelaJuan Jacobo Durán LorigaGales007 Casino Royale23 de abrilEva Iglesias MiguénsXesús PisónÁcido teicoicoPosicións sexuaisNancho NovoMaría Xosé QueizánBaroso, Ambosores, OurolMiguel DelibesValentín García GómezRoberto Vidal BolañoIdade do CobreBorja VereaParque Nacional das Illas AtlánticasJoan BaezBlanca RomeroOtto von BismarckCouto MixtoAWStatsRosario Porto OrtegaCristiano RonaldoÑDiego Rivas GutiérrezAmorodoÁnxel CasalBatalla de CeriñolaRafael NadalZendayaBragaEscherichia coliAntón Alonso RíosCando petan na porta pola noiteEster ExpósitoCalendario gregorianoFauna de GaliciaAmazonKiwi (froita)Miro VillarRefraneiro galego sobre o mes de maioFrancisco Castro VelosoSalgueiroXureloQEDCascudaCopia por contacto🡆 More