Paralelismo

Na lírica, o paralelismo é unha figura estilística consistente en estruturar unha composición en varios conxuntos seguindo o mesmo esquema.

Lógrase coa repetición de estruturas formais e/ou semánticas. É o esquema típico da cantiga peninsular. Baséase nunha máxima repetición cunha mínima información que se amplía e matiza coa variación.

Na lírica galego-portuguesa medieval o paralelismo desenvolvíase facendo que os versos da primeira cobra (aquilo que non é refrán dentro da estrofa) fosen semellantes ós da segunda cobra; e así sucesivamente, agrupando as estrofas de dúas en dúas.

Sistemas de repetición

O principal é o refrán.

  • Repetición literal ou verbal, repetición de palabras
  • Repetición estrutural, repetición sintáctica e rítmica
  • Repetición semántica, repetición de ideas ou conceptos.

Tipos de paralelismo

    Paralelismo imperfecto
    en cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións, se ben estes pares non están relacionados entre si. O esquema seguido é abR-a'b'R/cdR-c'd'R.
    Paralelismo perfecto
    en cada par de estrofas, a segunda repete o contido da primeira con leves variacións e, ademais, estes pares están encadeados normalmente polo procedemento do "leixaprén" (o segundo verso da primeira estrofa é o primeiro da terceira, o segundo da segunda é o primeiro da cuarta etc.). Só aparece en cantigas con estrutura de dístico. O esquema seguido é abR-a'b'R/bcR-b'c'R/cdR-c'd'R...

Sistemas de variacións

Unida á repetición atópanse variacións que permiten a progresión do pensamento e evitan a monotonía externa que se puder derivar do paralelismo. Aparecen dentro do paralelismo literal e respostan a tres tipos básicos:

  • Por sinonimia ou semi-sinonima (dormir / folgar, ferir / tirar)
  • Por alteración sintáctica (andar vi / vi andar)
  • Por equivalencia semántica, mediante a negación do concepto oposto (leixa-las guarir / non as quer matar)

O paralelismo pode ser por repetición ou por substitución

Exemplos de paralelismo por inversión e por substitución

Paralelismo por substitución

Nunha cantiga de amor (o normal é que se dea na cantiga de amigo)

            Em Lixboa, sobre lo mar
            barcas novas mandei lavrar,
            ai mia senhor querida.
            Em Lixboa, sobre lo ler
            barcas novas mandei fazer,
            ai mia senhor querida.
            ... (Joan Zorro)

Paralelismo por inversión

            Mandad'ei comigo,
            ca ven meu amigo;
            e irei, madr', a Vigo
            Comigu'ei mandado,
            ca ven meu amado;
            e irei, madr', a Vigo

Outros exemplos

            • ...i eres a estrela que brila / i eres o vento que zoa. (versos 7 e 8)
            • Si cantan, es ti que cantas; / si choran, es ti que choras; (versos 9 e 10)
  • En Otero Pedrayo (Os señores da terra). Construcións paralelísticas:
            • En Santos a trasfega e a cobranza das rendas do viño, acabazado ou non. No inverno a decota dos valentes carballos, a matanza dos porcos. (páxina 82)
            • ...criados e criadas, rapaces e rapazas [...] xente de axuda e de xornal (páxina 82).
            • Miro os meus dedos (verso 1) / Miro nos meus dedos (verso 5)
            • Todo agora é silencio (versos 9 e 12)
            Chove, chove na casa do probe
            e no meu corazón tamén chove

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Paralelismo Sistemas de repeticiónParalelismo Tipos de paralelismoParalelismo Sistemas de variaciónsParalelismo Exemplos de paralelismo por inversión e por substituciónParalelismo Véxase taménParalelismoCantigaFigura estilísticaLírica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

UltradereitaEstocolmoCarlos X de FranciaAirbus A350EstañoAutoritarismoEsvásticaEva CárdenasNós (revista)Ramiro CarregalAWStatsBermudasEuropaBarcelonaCaptain Fantastic (filme)Lista de nomes masculinos en galegoSegunda República EspañolaEscáncerPoloniaRamón CabanillasFísica nuclearNacho VidalRobin WilliamsBenito VicettoForzas armadasNapoleón I de FranciaRachel WeiszLiberalismoManuel FragaSri LankaManu ChaoMonforte de Lemos9 de abrilAllarizLionel MessiRexións de FranciaFundación WikimediaA CoruñaPotaNordés (vento)Arturo Fernández (xornalista)CarqueixaGmailGarcía Pardiñas Vilar de FrancosCorea do NorteKu Klux KlanTopónimos célticos en GaliciaHolocaustoAustraliaKarl MarxC. TanganaPadre CasaresVíctor DupláComunismoHototogisuIndonesiaMaría JamardoO Mesón do Vento, Ardemil, OrdesEva Iglesias MiguénsJosé Sueiro LópezÁlex FidalgoCreative CommonsRío UllaBarbitúricosBragaBandeira de IrlandaSalamancaUnión do Povo GalegoChile (pemento)CelanovaMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-Concord🡆 More