Ramiro Carregal: Empresario galego

Ramiro Carregal Rey, nado o 12 de maio de 1927 en Vilagarcía de Arousa, é un empresario galego, propietario da conserveira FRINSA.

Infotaula de personaRamiro Carregal
Biografía
Nacemento12 de maio de 1927 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Ramiro Carregal: Traxectoria, Galardóns, Notas
Ramiro Carregal: Traxectoria, Galardóns, Notas
Ramiro Carregal, á dereita, entregando o Premio en oncoloxía Ramiro Carregal-La Rosaleda a Mariano Barbacid, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo.

Traxectoria

Estudou contabilidade en Vilagarcía e en 1944 entra en Metalúrgica del Noroeste, unha empresa con sede nesa vila, dirixida polo marqués de Revilla e que se dedicaba á produción de estaño e volframio. Con esa empresa marchou ao estranxeiro para xestionar a instalación de minas nas colonias africanas, primeiro en Portugal, e logo en Bélxica e Francia. De aí marchou a Bolivia, onde a empresa chega a un acordo co ditador Hugo Bánzer para a explotación de minas de estaño en 1967.

Despois de diversos problemas co goberno boliviano, marchou a España, onde en 1964, e coa colaboración do armador bilbaíno Ramón Vizcaíno, montará unha planta de frío industrial en Ribeira, chamada Frigoríficos del Noroeste (FRINSA). A fábrica convértese nunha peza da cadea de produción da conserva, ao permitir que se mantivese a produción ao longo do ano. Chega a un acordo cun grupo de embarcacións de Bermeo para dedicarse á conxelación de atún. Posteriormente instalou unha planta de conxelación nas Palmas para mercar a produción da frota cefalopodeira galega e seguidamente unha planta de procesado e conxelación da carne de balea en Ribeira (1979), pero esta liña de produción só dura seis anos, ata que España asinou a moratoria da caza de baleas que entrou en vigor en 1985.

A mediados da década dos noventa pasa ao sector da venda directa de conserva, distribuíndolle produtos sen marca a grandes superficies comerciais, para as que procesan 400.000 kg de atún e 4 millóns de latas ao día.

Galardóns

Notas

Véxase tamén

Tags:

Ramiro Carregal TraxectoriaRamiro Carregal GalardónsRamiro Carregal NotasRamiro Carregal Véxase taménRamiro Carregal12 de maio1927GaliciaVilagarcía de Arousa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pep GuardiolaEva Iglesias MiguénsJosé Caamaño LouroAlcumeIgnacio CastroArias MuñizA memoria da choivaDeci-ColombiaC (linguaxe de programación)Richard GereVKAsociación Galega de DeseñoCandela PeñaNapoleón I de FranciaArancha NogueiraNoelia ReyPO-201Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024AWStatsBayer LeverkusenLondrinaRodrigo Díaz de VivarLorenzo LamasBárbaroIngrid WashinawatokMahatma GandhiBillardaConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeEiruga (planta)Máis alá!Reino UnidoO matrimonio ArnolfiniGrupo NósEuropaCamilo Díaz BaliñoXosé Neira VilasAs NevesTameiga, MosAidan TurnerCarlos BoyeroParaneópterosBrais RuanovaLapa (molusco)CaralloOs vellos non deben de namorarseXesús de Nazaret, Bóveda, LugoWilliam ShakespeareDeportivo da CoruñaToxo arnalSydney SweeneyCantigas de Santa MaríaAbellaVox populiXoán Vicente ViqueiraAtentado de HipercorPobo galegoCarlos NegroBloque Nacionalista GalegoCanle (enxeñaría)Paradigmas dos verbos irregulares galegosCruz de BorgoñaConcelloJohn Wick 4Alfabeto galegoFlorentino PérezInterferencia lingüísticaBrahim DíazMiguel HernándezCándido HermidaPortbouÑuRexionalismo galegoPremio Vidal BolañoLuísa Villalta🡆 More