Celanova: Concello da comarca de Terra de , na provincia de Ourense

Celanova (do latín cella nova, 'cuarto pequeno, almacén ou santuario recente, de nova construción' ) é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.

Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 5.533 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «celanovés».

Celanova
Escudo de Celanova
Celanova: Xeografía, Historia, Economía
Casa do concello.
Celanova: Xeografía, Historia, Economía
Situación
Xentiliciocelanovés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación5.709 hab. (2023)
Área67,3 km²
Densidade84,83 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias
Capital do concelloCelanova
Política (2019)
AlcaldeAntonio Puga Rodríguez (Celanova Decide)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Outros: Celanova Decide 4
Eleccións municipais en Celanova
Uso do galego (2011)
Galegofalantes67,44%
Na rede
http://www.celanova.gal
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

Situación

O concello de Celanova está situado no oeste da provincia de Ourense, ao sur da capital da provincia. Limita ó norte cos concellos de Cartelle e A Merca, ó sur con Verea, ó leste coa Bola, e ó oeste con Ramirás e Quintela de Leirado. O concello, de 67,3 km², ten 18 parroquias e 133 entidades de poboación.

Á espera da construción da autovía Ourense-Celanova, está comunicado coa capital ourensá pola N-540 que no sentido inverso serve de enlace coa fronteira de Portugal. Ademais tamén se comunica con Xinzo de Limia pola OU-531 atravesando o Monte do Furriolo.

Orografía

No que se refire á cunca natural propia do municipio, Celanova identifícase por ser unha zona de media montaña, con dúas unidades morfolóxicas perfectamente diferenciadas que teñen o seu punto de inflexión na capital do concello a uns 525 metros de altitude. A metade suroccidental, por riba desa cota, é a que alcanza as máximas elevacións, coa Casa da Neve como punto álxido. Pola contra, a metade nororiental, máis poboada, raramente supera os 500 metros de altitude o cal xunto co ríos Sorga e Arnoia, dá lugar a un val agrario moi produtivo.

Hidrografía

Os ríos máis importantes que regan o concello son o río Tuño polo suroeste e os ríos Sorga e Arnoia polo nordeste. Estes tres ríos nútrense dunha abundante rede de pequenos afluentes e regatos que fai deste concello unha zona rica en auga. Como símbolo desta riqueza a capital do municipio é atravesada por un pequeno regato coñecido co nome de regato da serra o cal baña as antigas terras do Mosteiro de San Salvador.

Clima

Chove pouco (772 mm, cun mínimo no verán de 66 mm). A oscilación térmica é grande: 24 °C, entre os 7 °C de xaneiro e os 21 °C de xullo.

Demografía

Ao longo da súa historia a poboación do concello de Celanova sempre estivo relacionada co Mosteiro de San Salvador que preside a vila. No século XX a poboación sufriu variacións constantes xa que a partir da década de 1910 o número de habitantes do concello comezou a aumentar ata conseguir ser, en 1940, o segundo concello da provincia en número de habitantes. Despois deste punto, o número de habitantes empezou a sufrir un descenso pronunciado que aínda se mantén na actualidade.

Censo total 5.533 (2018)
Menores de 15 anos 542 (9.79 %)
Entre 15 e 64 anos 3.058 (55.27 %)
Maiores de 65 anos 1.933 (34.93 %)
Celanova: Xeografía, Historia, Economía
Evolución da poboación de Celanova   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.895 7.314 7.845 8.053 6.079 5.949 5906 5809 5638 5615 5536 5508 5455 5533 5649 5644 5652
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Antes do mosteiro o lugar xa estaba poboado e chamábase Villare pertencendo a un nobre chamado Vitiza que se rebelou contra Afonso III, quen o venceu e lle entregou estas terras ó avó de San Rosendo, Hermenegildo e logo pasaron a seu irmán. En 936 San Rosendo fundou o Mosteiro de San Salvador de Celanova, ao que se lle foron outorgando numerosas doazóns e privilexios. No século XI era o máis poderoso e os seus dominios estendíanse pola Alta Limia, Monterrei e O Ribeiro.

Os irmandiños destruíron as fortalezas de Milmanda e Vilanova dos Infantes. Desde o século XV o mosteiro foi vítima de depredacións por parte dos nobres e tivo que ser recuperado polos Reis Católicos. A partir de 1506, coa adhesión aos mosteiros beneditinos de San Benito El Real de Valladolid, perdeu independencia, se ben foi quen de conservar o seu esplendor.

Celanova sufriu as consecuencias das disputas entre Portugal e España debido á súa proximidade á fronteira. No século XIX, durante o Trienio liberal, o mosteiro foi exclaustrado e, finalmente en 1837, desamortizado.

En 1927 incorporouse ao concello Vilanova dos Infantes e en 1967 Acevedo do Río.

Economía

Celanova constitúese en centro comarcal de servizos, sector que ocupa o 40 % da poboación. A industria (30 %) xira en torno á explotación dos recursos locais (madeira, leite, carne, metalurxia) e á construción. Cultívanse hortalizas, flores, kiwis e legumes. O gando é, sobre todo, porcos e, logo, ovellas, cabras e vacas.

Cada xoves (mércores se o xoves é festivo) celébrase unha feira tradicional na Praza Maior da vila, onde se desenvolve tamén a actividade de elaboración e degustación de polbo á feira.

Patrimonio histórico e artístico

A parte antiga da vila de Celanova está declarada Conxunto Histórico Munumental. O mosteiro de San Salvador de Celanova conta cunha igrexa abacial do século XVI, obra de Melchor de Velasco, dous claustros e as dependencias monacais. A capela de San Miguel é mozárabe.

Moi preto está Vilanova dos Infantes, onde está a torre de Vilanova dos Infantes, torre da homenaxe vestixio do castelo do século XIV derrubado polos irmandiños. Nun outeiro próximo está o castro de Castromao.

En Milmanda, a igrexa parroquial (século XVIII) érguese sobre os restos da torre de Milmanda, castelo do século X.

En Rabal hai unha ermida renacentista. Sobre o río Arnoia, a ponte romana de Freixo conduce ao concello de Cartelle.

  • As mozas de Vilanova/ eu ben sei quen elas son:/ sonche de aquelas lavadas/ que venderon o xabón.
  • Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás.
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar que namora:/ cántano en Ribadavia/ e resoa en Celanova.
  • Vente conmigo, meniña,/ camiño de Celanova,/ i eu che direi, queridiña,/ que o teu aire me namora.
  • Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña.

Irmandada

Celanova está irmandada coas cidades de:

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Celanova

Acevedo do Río (San Xurxo) | Alcázar de Milmanda (Santa María) | Amoroce (Santiago) | Ansemil (Santa María) | Barxa (San Tomé) | Bobadela (Santa María) | Cañón (San Lourenzo) | Casardeita (Santiago) |Castromao (Santa María) | Celanova (San Rosendo) | Fechas (Santa María) | Freixo (Santa Cristina) | Milmanda (Santa Eufemia) | Mourillós (San Pedro) | Orga (San Miguel) | Rabal (San Salvador) | A Veiga (San Paio) | Vilanova dos Infantes (San Salvador) | Viveiro (San Xoán)

Lugares de Celanova

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Celanova vexa: Lugares de Celanova.

Notas

Vídeos externos
Celanova: Xeografía, Historia, Economía  Unha viaxe para contar. Celanova TVG

Véxase tamén

Outros artigos


Celanova: Xeografía, Historia, Economía 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Celanova XeografíaCelanova HistoriaCelanova EconomíaCelanova Patrimonio histórico e artísticoCelanova na literatura popularCelanova IrmandadaCelanova Galería de imaxesCelanova ParroquiasCelanova Lugares de Celanova NotasCelanova Véxase taménCelanova20092018Comarca da Terra de CelanovaLingua latinaProvincia de Ourensewikt:celanovés

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BélxicaEcce HomoGaliciaAs Pontes de García RodríguezXogo da chaveRetorno a Tagen AtaThe HivesGuerraXosé Carlos MorellRosalía de CastroMemorias dun neno labregoMarta Fernández-TapiasConcellos de GaliciaCangasVicente RiscoHRías Baixas (serie de televisión)Grupo RompenteVila de CrucesCorzoRoberto Vidal BolañoRafael NadalXabier FortesMaría JamardoDavid MellaPablo MartinezLista de xentilicios de concellos galegos2015DomingoTereixa ConstenlaPornografíaGabriel García MárquezImmanuel KantDiáspora galegaLista de nomes femininos en galegoConvento do Carme de PadrónSantiago de CompostelaParlamento de GaliciaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Panteón de Galegos IlustresQueiroaEnsaio (literatura)Rosario Porto OrtegaLeninAsunta Basterra PortoCamilo Díaz BaliñoAna María Fernández MartínezAccidente de ChernóbilO porco de péLino LópezDía das Letras GalegasLista de paísesDaniel de la TorreBerrogüettoTECOR societarioBeraToxo arnalEduardo IndaFabiola GarcíaPampallínForcareiLavandaLista de siglas e acrónimosLeitzaldeaVila Nova de CerveiraFranciaSalvador IllaAdrenalinaPobo palestinoCataluñaWayback Machine1928🡆 More