O Porco De Pé: Novela de Vicente Risco

O porco de pé é unha novela satírica de Vicente Risco publicada en 1928 pola Editorial Nós, ambientada nunha vila ourensá a comezos do século XX.

O porco de pé
Autor/aVicente Risco
OrixeGalicia Galicia
Linguagalego
Tema(s)sátira
Xénero(s)novela
EditorialEditorial Nós
Data de pub.1928
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

A primeira obra narrativa de Risco é Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros. Despois, nos números 39 e 40 de Nós inseriu Risco o comezo de Os europeos en Abrantes. O porco de pé retoma o ambiente e o ton burlesco da obra anterior e é unha diatriba da burguesía, unha sátira do castelán que chega a ser alcalde nunha cidade galega. Os personaxes, como se ve no seguinte fragmento do texto, son caricaturas e arquetipos:

Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita. [...]
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).

A novela conta a historia de Don Celidonio, que veu de Castela traballar de mancebo nunha tenda e foi ascendendo socialmente tras casar coa filla do dono.

Perante D. Celidonio, o representante dos intelectuais na novela é o doutor Alveiros, que, achándose en espantosa soidade, remata por claudicar, sumándose ás hostes do alcalde e cacique don Celidonio.

Traducións e edicións

A obra publicouse orixinariamente en 1928 na Editorial Nós. En 1972 reeditouna Editorial Galaxia, con ilustracións de Xohán Ledo, nun volume único con outras narracións. Incluíuse posteriormente na Biblioteca Básica da Cultura Galega e mais na Biblioteca Galega 120.

En 2003 editouna de novo Galaxia na Biblioteca Vicente Risco, da colección Literaria, e en 2021 publicou unha edición ilustrada, preparada por Raquel Vila-Amado e Tomás González Ahola.

A novela traduciuse ao castelán da man de Miguel Hernández Sola co título de El cerdo de pie (Trama Editorial, 2001; colección Largo Recorrido) e ao catalán por Eduard del Castillo Velasco co título de El porc dempeus (Fundación Vicente Risco, 2013).

Ademais, en 2022 a obra levouse ao teatro da man de Producións Excéntricas, co teto adaptado por Pepe Sendón, dirección de Quico Cadaval, e actuación de Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

O Porco De Pé Historia e característicasO Porco De Pé Traducións e ediciónsO Porco De Pé NotasO Porco De Pé Véxase taménO Porco De Pé

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ana RomaníSanta CombaQue me quiten lo bailaoMoncho ValcarceRoko (actriz)Sonsoles EspinosaGolden retrieverNicolas CageCarrizo (paxaro)AbeleiraRosendo SalvadoGallaeciaHijos de RiveraSucesos de Casas ViejasAriel RotIllas CanariasA Illa de ArousaA Silva, Rodís, CercedaMadeleine StoweMaría Alonso SeisdedosA memoria da choivaLesmaRevolución dos CaraveisProvincia da CoruñaRibadeoCanelita MedinaMichael DouglasHLA-DQPepo SuevosTarancónOlmoLuís Pérez BarralLogroñoPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Iñás, OleirosRafael DiesteJeffrey DahmerPerífrases verbais galegasHospital CentralMorgan FreemanTamara CanosaBatalla das Navas de TolosaVoyeurismoToxo arnalIrene FerrerasPorto, PortugalYleMSNHTML5Nicolás González AllerCarme Giralt i RosésLouis van GaalGran Premio da China de 2024MexacánCarlomagnoLucía LapiedraGaneshaPosición do canBorja VereaA EstradaTribadismoLa sociedad de la nieveVoo 587 de American AirlinesHard GZXestaBuchenwaldPrimeiras NaciónsIlla da CrebaParadigmas dos verbos irregulares galegos🡆 More