Quintela de Leirado é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.
Segundo o Padrón Municipal, no ano 2014 tiña 651 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é quintelán.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Ourense | ||||
Capital | Quintela de Leirado | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 607 (2023) (19,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 31,26 km² | ||||
Altitude | 360 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Antonio Pérez Cortés | ||||
Eleccións municipais en Quintela de Leirado | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32066 | ||||
Censo total | 651 (2014) |
Menores de 15 anos | 31 (4.76%) |
Entre 15 e 64 anos | 303 (46.54%) |
Maiores de 65 anos | 317 (48.69%) |
Evolución da poboación de Quintela de Leirado Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
2.351 | 2.242 | 1.987 | 1.463 | 831 | 751 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Conta con cinco parroquias e 30 entidades de poboación. Atópase a 50 km da capital provincial.
Atópase no val do río Deva. Ten unha orografía accidentada, cunha elevada altitude media. Ó sur ten alturas superiores ós 1.000 metros nos contrafortes da serra de Leboreiro en cumios como o Penagache (1.213 metros), os Aguillóns, ou Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes. Ó noroeste localízanse cotos e cerros de cumios e chás de entre 700 e 900 metros de altitude, como o coto de Silva Escura ou o coto da Moura.
O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura. Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes, regando toda a zona.
Os primeiros poboadores foron os Coelernos, supostos habitantes do castro de Redemuíños, castro que foi romanizado.
Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdición eclesiástica do mosteiro de San Pedro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica.
A proclamación da Constitución de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a súa substitución por unha administración municipal do territorio. Daquela creouse o concello de Redemuíños.
Este concello pertencía ó partido xudicial de Celanova, e que figura nos repartimentos que a deputación de Galicia, entón única, fai para distribuírlle entre os concellos, a quinta ou as contribucións. O concello de Riomuiños, aparece no repartimento de quintas que fai a dita deputación de Galicia o 7 de xullo de 1821 coa obriga de entregar 2 homes e cuarto. No repartimento da contribución territorial do 13 de setembro de 1821, coa cota de 15.408 rs. 23 ms; e no da contribución de consumos que fai a mesma deputación de Galicia o 2 de outubro de 1821, coa de 11.030 rs. 17ms.
A derrogación da Constitución por Fernando VII en 1823 supuxo a supresión destes municipios e a restauración do réxime señorial. A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.
O concello conta cun amplo número de igrexas parroquiais e pequenas capelas, que se localizan ó longo de todo o territorio. A igrexa de San Pedro de Leirado é de estilo barroco, construída entre 1600 e 1701, e que formou parte dos mosteiros de Celanova e de Ramirás. Tamén en Leirado está a capela da Virxe dos Remedios, unha igrexa rural pertencente ó século XVII, que ten no interior un retablo renacentista de tipo mariano. En Redemuíños localízase o templo de San Salvador, cun retablo barroco.
Entre a arquitectura civil destaca o Pazo de Pedra en Leirado.
En decembro de 2021 inaugurouse en Quintela de Leirado o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial.
A vía de comunicación máis importante é a estrada OU-531, que une as vilas de Celanova e Cortegada, que inda que non atravesa o concello, serve de enlace cunha local que cruza o concello pola súa parte central.
Quintela de Leirado conserva as festas patronais de cada parroquia, entre elas a do Santo Cristo en Redemuíños o primeiro domingo de maio; a de Santa Isabel en Mociños o primeiro domingo de xullo; a do Apóstolo Santiago en Xacebáns o 25 de xullo; a de San Pedro de Leirado o 29 de xullo; a da Virxe do Carme en Quintela de Leirado o primeiro domingo de setembro e a dos Remedios en Leirado o 8 de setembro.
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado | |
---|---|
Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago) |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Quintela de Leirado vexa lugares de Quintela de Leirado.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quintela de Leirado |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Quintela de Leirado, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.