Donostia (en éuscaro: Donostia; en castelán: San Sebastián; as dúas denominacións cooficiais) é unha cidade e concello do norte do País Vasco, na costa do golfo de Biscaia e na proximidade da fronteira con Francia.
É a capital da provincia de Guipúscoa desde 1854. A súa poboación é de 188.240 habitantes (2020), e a súa área metropolitana alcanza os 436.500 (2010).
Donostia (eu) San Sebastián (es) | ||||
Lema | «Fidelidad, nobleza y lealtad» | |||
---|---|---|---|---|
Alcume | kaskarinak e ñoñostiarrak | |||
Nomeado en referencia a | Sebastián | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Guipúscoa | |||
Comarcas | Donostialdea | |||
Capital de | ||||
Capital | Donostia-San Sebastián (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 188.743 (2023) (3.099,74 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 60,89 km² | |||
Bañado por | Mar Cantábrico e Río Urumea | |||
Altitude | 6 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1180 | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Eneko Goia (2015–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 20001–20018 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 943 e 843 | |||
Código INE | 20069 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Daira of Bojador (en) Ramala Reno Marugame Wiesbaden (1981–) Batumi (1987–) Trento (1988–) Plymouth (1989–) Esmeraldas (2015–) | |||
Páxina web | donostia.eus | |||
As súas principais actividades económicas son o comercio e o turismo, constituíndo no pasado un dos máis famosos destinos turísticos de España. A súa paisaxe, dominada pola baía da Concha, así como o seu desenvolvemento arquitectónico moderno iniciado na segunda metade do século XIX, que configurou unha cidade de corte francés e aburguesado, propiciaron o desenvolvemento da actividade turística a escala europea. Todo iso, unido a eventos internacionais como o Festival Internacional de Cine de Donostia, deu proxección exterior á cidade, malia as súas pequenas dimensións.
Donostia foi a Capital Europea da Cultura en 2016 xunto con Wrocław.
O seu nome provén da Igrexa de San Sebastián. O nome éuscaro Donostia é unha posible evolución de Done Sebastiane (Done significa santo). Tamén é coñecida como A Bela Easo. O seu xentilicio é donostiarra (en galego, éuscaro e castelán), se ben no pasado tamén se empregaba o xentilicio de easonenses (da Bela Easo).
O concello da cidade admite 2 denominacións oficiais:
Entre 1980 e 2012 a denominación oficial da cidade foi a bilingüe Donostia-San Sebastián. Tamén é coñecida como Sanse (forma coloquial), Donosti (variante coloquial de Donostia, a máis utilizada polos cidadáns), A Bela Easo ou Irutxulo.
Donostia aséntase a beiras do mar Cantábrico, tendo varias praias (sendo a máis coñecida a da Concha, na baía homónima) e un pequeno porto ao abrigo do monte Urgull. Posúe ademais outras montañas, tanto promontorios costeiros como terra dentro, estando a súa cima máis alta, Urdaburu (602 msnm), nun exclave homónimo. Aínda que o relevo é accidentado atópanse algunhas zonas planas de certa amplitude nos vales, chairas onde se concentra boa parte do núcleo urbano.
Donostia, que posúe un clima oceánico, é unha das cidades máis chuviosas de España. As choivas son abundantes en todas as estacións do ano, especialmente no outono. As precipitacións en forma de neve son escasas e o número de xeadas adoita variar entre 5 e 10 anuais. A finais de setembro e principios de outubro adoitan darse mareas vivas, preamares máis altas e baixamares máis baixas do normal.
As temperaturas son suaves e temperadas (cunha media de 15 °C), aínda que no verán e inverno a alta humidade (situada en torno a un 70-80 % a maior parte dos días do ano) provoca sensacións térmicas máis acusadas. Os días que sopra o vento do sur, que provoca efecto Foehn, eleva as temperaturas ata os 20 °C en pleno inverno e ata os 37-38 °C no verán, descendendo a humidade considerablemente, aínda que esta situación de altas temperaturas no verán adoita durar pouco tempo, interrompéndose cun xiro de vento a compoñente noroeste, o cal provén do mar Cantábrico. Este fenómeno é a galerna e vén acompañado dun brusco descenso das temperaturas e en ocasións de nubes, tormentas ou ata néboa mariña.
En situación de invasión de aire frío procedente de Europa (ventos do nordés), Donostia é unha das primeiras cidades en notar o frío e adoita ser unha das capitais costeiras españolas máis afectadas dada a súa proximidade a Francia, isto débese a que os ventos non teñen percorrido marítimo e polo tanto tempéranse menos que noutras cidades, polo que non é raro ver a praia de La Concha cuberta de neve. As temperaturas extremas de San Sebastián son de 40 °C e de -13 °C, ambas tomadas no aeroporto.
A poboación de Donostia creceu de xeito progresivo ao longo do século XX. Entre 1900 e 1930 o crecemento foi regular, pasando a duplicarse nos apenas 35 anos que separan 1930 de 1965. Esta repunta no crecemento demográfico viuse atenuada por un menor crecemento a partir da década de 1970, chegando a reducirse a poboación por primeira vez no século a finais da década de 1980, como consecuencia da caída xeneralizada da natalidade en todo o país.
O crecemento actual da poboación é lento, aínda que o fenómeno da inmigración, aínda incipiente na cidade (os inmigrantes, a 2006, chegan ao 5 % do padrón de habitantes, segundo a Sociedade de Fomento do concello), pode incidir nunha repunta do crecemento demográfico. Segundo os datos a 1 de xaneiro de 2009, a poboación total é de 185.357 habitantes, dos cales 97.192 son mulleres (53 %) e 86.116 homes (47 %).
A noite do 19 ao 20 de xaneiro a Praza da Constitución da Parte Vella énchese de donostiarras ao redor do taboado no que se sitúa a tamborrada da Sociedade Gaztelubide, composta ata o 2005 soamente por homes. A lei de Igualdade do Goberno Vasco, tivo como consecuencia a entrada da muller por primeira vez, en 2006; nesta tradición dende mediados do século XIX. O ambiente vai crecendo ata que ás doce da noite toda a cidade está pendente da izada da bandeira ao mesmo tempo que os tambores e barrís da sociedade Gaztelubide tocan o himno da cidade e o resto de cancións compostas por Raimundo Sarriegi para esta data.
Ao longo da mañá do día 20, sae á rúa a Tamborrada Infantil, con máis de medio centenar de compañías infantís de centros escolares da vila, que seguen un percorrido establecido polas rúas máis importantes da cidade ao son das melodías de Sarriegi.
Ademais, durante todo o día pódense ver distintas compañías que van por outros percorridos, cada unha cos seus orquestras. Aínda que é máis común velas pola tarde, xa que respectan o percorrido infantil. En moitas ocasións, debido á gran cantidade de tamborradas que existen, varias compañías diferentes atópanse en distintos puntos dos seus percorridos. Aí aproveitan para tocar xuntos algunhas cancións.
A festa continúa ata a noite do 20 ao 21, cando a cidade se reúne de novo na Praza da Constitución esta vez ao redor da tamborrada da Unión Artesá (a Sociedade máis antiga da cidade). Esta compañía toca as cancións de Sarriegui por última vez este ano, para acabar tocando o himno da cidade ás doce da noite, á vez que se ergue a bandeira da vila.
O himno de Donostia é un texto en éuscaro de Raimundo Sarriegi, dividido en tres partes. A primeira enxalza a cidade, única no mundo; e o santo, único no ceo. A segunda parte fala dos "joxemaritarras", que van tocando de rúa en rúa divertindo á xente. Na terceira parte faise referencia a que dende as doce da noite hai que esquecer as mágoas, xa que os tamorreros van ir berrando pola cidade. Ademais, ao principio e ao final do himno, dise "estamos aquí nós tamén, sempre felices, sempre alegres".
En agosto, durante a semana anterior ao día da Asunción, celébrase a Semana Grande Donostiarra, as festas da cidade. Entre as diversas actividades que se dan, está o concurso internacional de lumes artificiais. Cada noite desa semana unha casa pirotécnica distinta, todas elas chegadas de distintas partes do mundo, encárgase de lanzar os seus lumes artificiais dende os xardíns de Alderdi Eder sobre a baía da Concha.
Ademais, o 31 de agosto lémbrase o incendio que arrasou a cidade en 1813 deixando en pé unha soa rúa; a máis antiga da cidade: a rúa 31 de Agosto, na Parte Vella.
O 21 de decembro é o día de Santo Tomás. Durante este día por toda a cidade pódense ver postos de produtos artesanais entre os que destacan por ser a comida típica do día o talo, a chistorra (ou txistorra en éuscaro) e a sidra.
A cidade é a sede do Orfeón Donostiarra e da Euskadiko Orkestra Sinfonikoa.
A mediados de setembro, a cidade acolle personalidades do celuloide nun dos catro Festivais de Cine máis importantes do mundo. As estrelas acomódanse no hotel máis importante da cidade, o María Cristina, e as cerimonias celébranse no Kursaal tan só cruzando o río Urumea dende o hotel. Neste Festival o premio máis importante é a Cuncha de Ouro de Donostia á mellor película e a Cuncha de Prata, disputada por directores e actores.
As dúas primeiras semanas de setembro celébranse as regatas de traiñeiras da Baía da Concha. Teñen moito arraigo entre as festas populares porque cada traiñeira vai en representación doutras localidades guipuscoanas, como Hondarribia ou Orio, biscaíñas, cántabras e mesmo galegas.
A Real Sociedad de Fútbol, coñecida popularmente como A Real (en éuscaro Reala ou Erreala) é o principal equipo de fútbol de Donostia. Foi campión da Liga Española en dúas ocasións e gañou outros trofeos como a Copa do Rei, e estivo moitas veces ao as portas de gañar outros campionatos nacionais e internacionais.
O campo de fútbol da Real é o Estadio Municipal de Anoeta, no barrio de Amara; pero para os adestramentos utiliza as instalacións de Zubieta, no barrio homónimo.
Predecesor: Mons Plzeň | Capital Europea da cultura xunto con Wrocław 2016 | Sucesor: Aarhus Paphos |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Donostia |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Donostia, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.