Pili Pampín: Cantante galega

María del Pilar Villar Rivas, nada en Ribasar (Rois) o 22 de marzo de 1971, é unha cantante galega, máis coñecida como Pili Pampín.

Infotaula de personaPili Pampín
Nome orixinalMaría del Pilar Villar Rivas
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Ribasar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Linguagalega
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeChus Torrente

Instagram: pilipampin Spotify: 5ihu630LQsw9RF9pR5lrnh Discogs: 6932350 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Gravou o seu primeiro disco en 1991 coa Orquestra Compostela, con produción de Manuel Muñiz, quen tamén compuxo as cancións. Tivo un programa na televisión de Galicia, Vivan as tardes, e é coñecida por saír no Supermartes, Land Rober Tunai Show e en Luar. Tamén participou en O clan dos impostores.

En 2021 foi Premio Alecrín de Ouro, concedido anualmente pola Federación Galega de Entidades Culturais de Cataluña (Fegalcat).

En 2021 apareceron "Las Pampina’s Girls" (Flavia e Ximena, fillas, e Luz e Estela sobriñas). Con elas inaugurou A Liga das Familias Extraordinarias na TVG.

No 2022 colaborou nunha canción co cantante Ortiga para o especial de fin de ano da TVG. Esta peza foi posteriormente lanzada nun videoclip, gravado na discoteca pontevedresa La luna, dirixido por Xaime Miranda. Tamén colaboraron en O galo..., cun Remix de éxito.

O 19 de maio de 2023 lanzou xunto ao cantante Ortiga o disco Ortiga e Pili Pampín, no que versionan éxitos coma Como yo te amo, de Rocío Jurado ou Vete y pega la vuelta, de Pimpinela, ademais de versionar ao galego famosos temas internacionais como Free from desire como Deixa que saia.

Vida familiar

Os seus pais foron José e Pilar, a súa avoa Fita e os irmáns José, Ramón e María. Durante moitos anos a súa familia tivo o restaurante Pampín na Escravitude.

Está casada con Chus Torrente e ten dúas fillas, Flavia e Ximena. Vive en Cacheiras (Teo).

Discografía

  • Pili Pampín (1992)
  • Canto para ti (1993)
  • Galicia sempre (1994)
  • Pili Pampín (recompilatorio; 1996)
  • Noites de festa (1999). Temas: Noches de fiesta, Se acabó lo que se daba, Xa estou en Santiago, Voltar para a terra, Siempre te amaré, Mariñeiro da dorniña, Cancioneiro galego, Camiño de Santiago, Penitas mías, Sabor.
  • Grandes éxitos (2013). Temas: Pandeirada mix, Cantares galegos, Canto para ti, Desafío dos vellos, Coplas de España, Desafío dos casados, Lo vas a pagar muy caro, Desafío dos maridos, Ven mariñeiro, No deseo tu dinero, Xacobeo, Miña Galicia, Desafía de un arrepentido, El amor no dura, Porque tú me enamoraste, Tú, Posiblemente, Amargo café.

Notas

Tags:

Pili Pampín TraxectoriaPili Pampín DiscografíaPili Pampín NotasPili Pampín197122 de marzoRibasar, RoisRois

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Posicións sexuaisJuan Manuel LilloFilipinasPúrpuraIlustración en GaliciaLista de siglas e acrónimosIránO incerto señor Don HamletMarc-André ter StegenÁngel LemosOs vixilantes do CamiñoMovella grandeTelevisión de GaliciaMiguel Ángel Zabalza BerazaCésar Lorenzo GilA EstradaCan de palleiroReino de GaliciaFornelos de MontesJosé López CamposAlberto ManceboLeiBudapestBifidobacteriumEndovélicoJuan CaamañoJosé Antonio DonoDía das Letras GalegasFauna de GaliciaInstagramEverestPO-204Xoán BabarroOs outros feirantesLareiraLady GagaOU-414OsoBurroCerdeiraPedro ChoscoPrimeira guerra mundialPaulo Carlos LópezArtrópodosGhaleb Jaber IbrahimManuel MaríaRobin WilliamsO divino saineteOU-406Concello de OzaVilagarcía de ArousaLaureano Amboage QuiñoyAlcaldes da EstradaYouTubeKeanu ReevesBlanca SilvaQSanta CompañaCruz de BorgoñaLSDÁnxel CasalZinedine ZidaneMasturbación coas mamasSalgueiroManchesterSegunda guerra mundialPandeiretaMarçal MolinéXironaBuxoAbel CaballeroXabarín Club🡆 More