Masculino E Feminino En Galego: Regra gramatical

 Ir ao índice do Curso de lingua galega.

Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego
En galego os substantivos son masculinos ou femininos. Algúns teñen xénero inmanente mentres que outros teñen flexión de xénero. Entre os primeiros:

Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o mar, o masacre, o sinal, o ubre, o xiz, o fantasma ou o pantasma...

  • Os nomes das letras: o a, o be, o ce, o de, o efe...
  • As palabras acabadas en -ume: o legume, o costume...
  • As palabras rematadas en -ema: o problema, o teorema, o estrataxema, o diadema

Son femininas: a orde, a orixe, a cor, a dor, a ponte, a árbore, a cal ou a canle, a calor, a cute, a eclipse, a orde, a ponte, a reuma, a síndrome, a suor, a vertixe, a fronte, a marxe...

  • As palabras rematadas en -axe (do francés, "age"): a equipaxe, a mensaxe, a chantaxe, a porcentaxe... Esta regra non se cumpre para: o traxe, o paxe, o garaxe. Personaxe pode ser feminina ou masculina segundo o contexto.
  • As palabras rematadas en -se (do grego "sis"): a crise, a análise, a parálise...
  • As palabras rematadas en -ite e -te (do grego "itis" ou "tis"): a bronquite, a peritonite, a farinxite...

Entre os substantivos con flexión de xénero, as formas masculina/feminina constrúense como segue:

  • -e/-a, -o/-a, ∅/-a: mestre/mestra, lobo/loba, doutor/doutora, rapaz/rapaza, avó/avoa, bailarín/bailarina.
  • Algunhas destas palabras presentan unha terminación especial:
    • ∅ ou –o/–ina ou –iña: tsar/tsarina, galo/galiña
    • –e/–esa ou -isa: duque/duquesa, sacerdote/sacerdotisa
    • –dor ou tor/-triz: emperador/emperatriz, actor/actriz
  • Palabras rematadas en ditongo decrecente: grou/grúa, sandeu/sandía, xudeu/xudía

As seguintes terminacións poden presentar problemas:

  • -ao ou -án/á: irmán/irmá, aldeán/aldeá, castelán/castelá, cidadán/cidadá, curmán/curmá, ermitán/ermitá, catalán/catalá, musulmán/musulmá, capitán/capitá, alemán/alemá e moitos xentilicios de Galicia: ourensán/ourensá, ferrolán/ferrolá, carnotán/carnotá, arousán/arousá, caldelao/caldelá
  • -án/-ana (pexorativas): folgazán/folgazana, pillabán/pillabana, langrán/langrana. Mais nugallán/nugallá
  • -ano/-ana: italiano/italiana, cubano/cubana, urbano/urbana, humano/humana
  • -ón/-oa: bretón/bretoa, ladrón/ladroa (ou ladra), león/leoa...
  • -ón/ -ona (aumentativos e deverbais pexorativos): mullerona, preguntón/preguntona...

É importante advertir que na lingua galega non existe a cacofonía e diremos a auga, a arma, a arte, a aguia...

Tags:

Normativa oficial do galegoWikipedia:Curso de lingua galega

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Concepción ArenalCopia por contactoIsaac NewtonPilar AbellaAristótelesFranciaAsturiasPobo galegoSuso DíazEsther Baamonde DíazCSSOs pronomes persoais galegosXabier P. DoCampoSusana Rodríguez GacioParísTeléfonoLingua galegaSegunda República EspañolaHelena MuñozSoloRaquel AtanesZendayaCantares gallegosBegoña ErraztiGame BoyLa Voz de GaliciaBulgariaInglaterraPegaÍñigo AlfonsoOvidio RodeiroA fiestra valdeiraPeter PanEl Eco de Pontevedra (1869)TribadismoGalería de imaxes de arañas de GaliciaGuillade, PonteareasCastro de BaroñaGárgola (arquitectura)SambesugaRamiro CarregalPaulino PereiroFernando AlonsoSalvador DalíFentoAna María Fernández MartínezAgustín Reguera OcampoEl Restaurador (Vigo)Carlos AymerichMiguel de CervantesInstituto de Tecnoloxía de MassachusettsXestaXosé Quiroga SuárezHórreo galegoFeísmoPartido Nacionalista VascoAermacchi MB-326Galicia estremeiraUniversidade de VigoEduardo PondalAntonio RosónOs outros feirantesYouTubeJesús Vázquez AlmuíñaRafael NadalNacionalismo galegoXogos popularesBarroJavier CasqueiroMártires de CarralFauna de GaliciaBambú ProduccionesMontse DopicoLista de voces dos animais🡆 More