1 De Xaneiro: Data

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano.

<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
2024
Todos os días
31 de decembro
 
1 de xaneiro
 
2 de xaneiro

Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos. No calendario xuliano empezou a ser o primeiro día do ano no 153 a. C.

Acontecementos

Ata 1900

1901 - 1950

  • 1901
  • 1903, aparece o primeiro número do xornal español ABC, de periodicidade semanal.
  • 1905
    • Novo goberno formado por Paul F. Gautsch von Frankenthurn en Austria tras unhas segundas votacións.
    • Durante a Guerra Ruso-Xaponesa, tropas rusas réndense na localidade de Port Arthur.
  • 1909, en Inglaterra a cámara de lores remite ó goberno o prace da acta que permitirá que os anciáns teñan dereito a cobrar unha pensión de xubilación.
  • 1910, empeza en España o costume de comer doce uvas ao son das doce badaladas da medianoite.
  • 1911
    • O xeneral Estrada é elixido presidente da República de Nicaragua.
    • En Australia lévase a cabo o servizo militar obrigatorio coa posibilidade que que os soldados se poidan reenganchar cumprindo un máximo de 30 anos ó servizo da patria.
  • 1912
    • O Goberno revolucionario chinés proclama a República e designa como presidente provisional ao líder nacionalista Sun Yat-sen.
    • Nuns novos comicios lexislativos Daniel E. Howard acada a presidencia de Liberia.
  • 1913, dimite o xefe do Partido Conservador de España, Antonio Maura.
  • 1914
    • Entra en servizo a primeira liña aérea regular do mundo, entre St. Petersburg e Tampa, ambas no estado de Florida (Estados Unidos).
    • A partir da data, os suecos non poderán comprar máis de 12 litros de licores por trimestre.
    • Nixeria constitúese nunha colonia británica.
  • 1915
    • O submarino alemán U-24 afunde o navío de liña británico Formidable diante de Plymouth.
    • O presidente americano Theodore Roosevelt publica o escrito "America and the World War".
  • 1916
    • O político Venustiano Carranza chega a Querétaro, cidade que proclama capital da república.
    • Unha obra do escritor Clóvis Beviláqua é o detonante para que o goberno do Brasil cree o Código Civil Brasileiro.
  • 1918
  • 1919, Fundación do Partido Comunista alemán, por Rosa Luxemburg, Karl Liebnecht e Guillerme Pieck.
  • 1921, en Nicaragua Diego Manuel Chamorro comeza o seu mandato presidencial, caracterizado pola constante axitación.
  • 1923
  • 1924
    • Estados Unidos cerra a entrada á inmigración xaponesa.
    • En Australia constrúese o primeiro telescopio respaldado polo orzamento da Commonwealth Solar Observatory. Tamén se constitúe a Asociación Automobilística Australiana.
  • 1925
    • A capital de Noruega, Cristiana, pasa a chamarse Oslo.
    • Estrea no teatro Español da obra Hernani, adaptación dos irmáns Antonio e Manuel Machado.
  • 1926
    • O número de parados en Alemaña alcanza os 2 millóns.
    • As augas do Rhin alcanzan o seu nivel máis alto desde 1781.
  • 1927
    • Primeira emisión da Cadea de Noticias BBC (British Broadcasting Corporation).
    • A causa de certas discrepancias, Costa Rica deixa de ser membro da Liga das Nacións.
  • 1929
    • Entra en vigor un novo Código Penal en España.
    • En Nicaragua Xosé María Moncada, do Partido Liberal, asume a presidencia.
    • Estréase na Arxentina o novo aeroporto; Arxentina S.A.
  • 1930 80 nenos morren nun incendio dun cine en Paisley, cerca de Glasgow (Escocia).
  • 1931, comeza a folga de mineiros no País de Gales.
  • 1932, en Turquía ten lugar a apertura do primeiro Banco Central da República turca.
  • 1934
    • Entra en vigor a lei ditada polo goberno do Reich "para a prevención da descendencia con enfermidades hereditarias".
    • Tras novas eleccións, Libia terá un gobernador xeral italiano, Italo Balbo, que dividirá o pais en catro provincias: Trípoli, Benghazi, Derna e Misurata.
    • Alcatraz convértese oficialmente en cárcere federal.
  • 1935, a "Associated Press" inaugura o servizo de radiofotos.
  • 1936, o goberno brasileiro designa a Érico Ennes Torres para a Presidencia do Tribunal de Santa Catarina.
  • 1937, as tropas nacionais toman a cidade de Porcuna (Xaén).
  • 1938, no Brasil Getulio Vargas inicia o Estado Novo, de tendencia fascista.
  • 1939
    • Convértese nun deber para todas as rapazas españolas menores de 25 anos, cumprir durante un ano co servizo de traballo obrigatorio.
    • En Alemaña o chanceler Hitler ordena que as tropas de paracaidistas sexan integradas na Luftwaffe.
  • 1942
    • Australia recibe a visita do portaavións estadounidense USS Langley.
    • Estréase en París o ballet Bolero, de Maurice Ravel.
    • Por primeira vez aparece empregado o termo Nacións Unidas baixo un discurso emitido polo presidente norteamericano Franklin Roosevelt.
  • 1943, finaliza a batalla de Guadalcanal, coa vitoria dos estadounidenses sobre os xaponeses.
  • 1944
    • Franco négase a recoñecer a república fascista de Salò, constituída por Mussolini.
    • Estrease nos Estados Unidos a película Going my way, dirixida por Leo McCarey.
    • Descóbrese a tumba do faraón Menes no Cairo (Exipto).
    • Durante a Segunda guerra mundial o piloto alemán, Heinz Lange derriba o avión número 50; dun total de 70 que derribará durante a contenda. Seguiralle así o temido "rei dos ases"; Erich Hartmann, un comandante alemán que logrou derribar 352 avións.
  • 1945
    • O Comité de Lublin declárase Goberno provisional polaco.
    • Avións xaponeses bombardean o navío estadounidense John M. Clayton; pola contra Estados Unidos desprega un novo submarino, o USS Requin SS-481.
  • 1946, nunha alocución radiofónica, o emperador Hirohito explica a xénese do mito do emperador no Xapón.
  • 1947
  • 1948
    • Entra en vigor o Acordo Xeral sobre Tarifas Aduaneiras e Comercio (GATT).
    • O Goberno decreta a suspensión dos salvocondutos para circular polo interior de España.
    • Estréase a primeira ópera catalá da posguerra, El giravolt de maig, de Toldrá.
    • No Reino Unido nacionalízase o ferrocarril.
    • Entra en vigor o Benelux, como acordo da unión aduaneira entre Bélxica, Luxemburgo e os Países Baixos.
    • Etiopía logra entrar coma membro na Organización de Agricultura e Alimentación (FAO).
  • 1949
    • Os enfrontamentos entre zulús e mercadores hindús no mercado oeste de Durban (Suráfrica) causan a morte de 75 persoas.
    • O doutor Xoán Manuel Gálvez toma posesión da presidencia de Honduras.
    • Tailandia entra como membro da UNESCO.
  • 1950

1951 - 2000

2001 -

  • 2001
    • Suecia asume a presidencia por quenda da Unión Europea.
    • Comenza o rally París Dakar.
  • 2002
    • Entrada en vigor o Euro como moeda única para 12 Estados da Unión Europea.
    • Tres policías feridos e máis de 30 vehículos incendiados en varios incidentes en Estrasburgo.
  • 2003
    • Lula da Silva xura coma presidente do Brasil.
    • Grecia inicia a súa presidencia semestral da Unión Europea.
    • España ingresa no Consello de Seguridade da ONU para un período de dous anos.
    • Un cargueiro turco, con 70 000 toneladas de gasóleo a bordo, choca cos restos do casco do buque Tricolor, afundido en augas do Canal da Mancha o 14 de xaneiro tras ser arremetido por outro mercante.
  • 2004
    • Irlanda inicia o semestre de presidencia da UE.
    • O Tratado de libre Comercio entre Chile e os Estados Unidos de América entra en vigor.
    • O Parlamento paquistaní ratifica o presidente Pervez Musharraf, como xefe de Estado até o ano 2007.
  • 2005
    • Un novo sismo rexístrase no sur de Sumatra, mentres a choiva agrava o risco de epidemias.
    • Rexístrase un terremoto de 5,3 graos no leste do Xapón, sen causar vítimas.
    • As inundacións obrigan a desaloxar 2.000 persoas en Sri Lanka.
    • A axuda internacional comprometida para as vítimas do maremoto alcanza os 2.000 millóns de dólares.
    • Morren polo menos doce soldados nunha emboscada dos maoístas nunha rexión montañosa do leste do Nepal.
  • 2006, entra en vigor en España a Lei Antitabaco.
  • 2007

Nacementos

1 De Xaneiro: Acontecementos, Nacementos, Mortes 
Antón Patiño.
1 De Xaneiro: Acontecementos, Nacementos, Mortes 
Christine Lagarde
1 De Xaneiro: Acontecementos, Nacementos, Mortes 
Baldo Ramos.
1 De Xaneiro: Acontecementos, Nacementos, Mortes 
María Luz Morales.

Mortes

1 De Xaneiro: Acontecementos, Nacementos, Mortes 
Federica Montseny.

Festas e celebracións

Celebracións civís

Celebracións relixiosas

Na Igrexa católica latina

  • Santoral: Santa María, Nai de Deus. Oitava de Nadal (Manuel, Xesús); A Circuncisión do Señor; Santo Agripino, Odilión, Frodoberto e Xustino (Bispos); Almaquio, Odilión, Concordio e Almaquino (Mártires); Eufrosia, Beatriz e Eufrosina (Virxes); Martiña (Virxe e Mártir); Ada, Fulxencio de Ruspe, Ponfilio e Vicente María Strambi (Confesores); Odilo e Guillerme (Abades). Calendario Romano: Calendas de Xaneiro.

Na Igrexa ortodoxa e nas Igrexas católicas de rito bizantino

  • Festa da Circuncisión de Cristo.
  • San Basilio Magno, arcebispo de Cesarea de Capadocia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

1 De Xaneiro Acontecementos1 De Xaneiro Nacementos1 De Xaneiro Mortes1 De Xaneiro Festas e celebracións1 De Xaneiro Notas1 De Xaneiro Véxase tamén1 De Xaneiro-153Ano (astronomía)Ano bisestoCalendario gregorianoCalendario xulianoDía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eva Iglesias MiguénsAnne HecheChachoWilliam ShakespeareLuka ModrićYolanda DíazBruce DickinsonArceA morte na cultura popular galegaFrancisco de QuevedoMiguel Anxo BastosEmma WatsonMiguel de CervantesVox populiGrupo EroskiA Mesa pola Normalización LingüísticaAldous HuxleyElvira RiveiroPrimeira República GalegaÁlex FidalgoOs PinosPablo Carpintero AriasJohann Sebastian BachFermin MuguruzaDon Quixote da ManchaCarbohidratoAmorodoPatricia Argerey VilarO Viso, RedondelaGalván en SaorManuel González González (músico)A Muraza, Trasmonte, FriolCanle (comunicación)FiúnchoLlama M-82Agustina de AragónJorge Cuña CasasbellasItxu DíazAmieiroMiguel Ángel MuñozNaguib MahfuzAna ObregónTeixugoPontevedraGalipediaKeanu ReevesLingua igalaImmanuel KantJuan Ramón JiménezJorge Sanz MirandaCouto MixtoSetaPavillón Multiúsos Fontes do SarSete Sabios de GreciaCelanovaIrene MonteroAmorodeiraDelfínDominio públicoTrackbackBlogMoisés Rodríguez PérezCesc FàbregasFelix MendelssohnPosición aconchegadaJava (linguaxe de programación)AdejeLista de presidentes da República PortuguesaCarlos CalveloJoseba ApaolazaLingua betawiCélula pancreática acinar🡆 More