Hollywood: Barrio d'Os Ánxeles, en California, dedicado ao cinema

Hollywood é un barrio situado nos alfoces d'Os Ánxeles, en California.

Está considerado como a "meca" do cine. Non é só unha cidade construída por e para o cine, senón tamén é un xeito de entender o negocio cinematográfico, unha industria que dominou e domina os mercados audiovisuais mundiais. Este dominio fundamentouse historicamente na integración vertical da industria cinematográfica, isto é, os estudios controlaban a produción de películas, a súa distribución e a súa exhibición. Mediante esta práctica asegurábanse un amplo poder de mercado que converteu a industria nun oligopolio, asentado nos estudios de Hollywood pero financiado e controlado dende Wall Street en Nova York. Por outro lado, este dominio do negocio tamén se asentaba no chamado star-system, no emprego dos xéneros e no control por parte dos produtores do chamado "corte final" (a montaxe final da película). Grazas á conxunción de todos estes elementos, xa na década dos anos 1920, a industria cinematográfica era a primeira da economía dos Estados Unidos. Lonxe de minguar, este poder de mercado viuse acrecentado a nivel internacional. Hoxe en día, ningunha cinematografía nacional pode substraerse ó impacto do cine feito en Hollywood.

Modelo:Xeografía políticaHollywood
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 34°05′54″N 118°19′36″O / 34.0983, -118.3267118°19′36″O / 34.0983, -118.3267
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado dos Ánxeles
Cidade chárterOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación210.511 (2015) Editar o valor em Wikidata (2.647,94 hab./km²)
Xeografía
Superficie79,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude108 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal90027, 90028, 90029, 90038, 90046 e 90068 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Historia

As orixes de Hollywood hai que buscalas no conflito que a MPPC mantiña cos chamados independentes (os que logo formarían o sistema de estudios hollywoodense). A MPPC (Motion Picture Patents Company) era un consorcio ou trust (de feito, era coñecida a nivel popular coma "O Trust") formado polos pioneiros do cine e reunidos en torno a Thomas Alva Edison. O inventor norteamericano detentaba a patente do cinematógrafo (por mor da invención do quinetoscopio) e estaba decidido a organizar o negocio cinematógrafo baixo os seus auspicios. Para controlar á competencia, formou cos principais produtores do momento nos Estados Unidos (Pathé Films, Bioscop, Vitagraph, Lumière etc.) a MPPC, compañía encargada de xestionar a patente do cine. Na práctica isto significaba que ninguén podía rodar cun cinematógrafo nin exhibir un filme cun proxector sen pagarlle un canon ao Trust. Era unha práctica para eliminar competencia.

Non obstante, os produtores independentes desafiaron á MPPC e empeñáronse en seguir facendo filmes fóra da lei. A pugna foi dura e obrigou as independentes a defendérense nos tribunais e, por veces, a tiros nos sets de rodaxe. A persecución de Edison era implacable. Moitos comezaron a refuxiarse na Costa Oeste dos Estados Unidos, presuntamente para escapar das gadoupas de Edison. Daquela a maior parte da produción da MPPC concentrábase na Costa leste e, en menor medida, en Chicago. Pero a Costa Oeste presentaba moitas vantaxes. Dunha parte, o seu clima era benigno e soleado (entón aínda non se empregaban as potentes iluminacións artificiais de hoxe en día). Doutra, o estado de California ofrecía unha grandísima variedade de localizacións: dende as facendas españolas ata as rúas de San Francisco, pasando polo deserto e a montaña. Era unha elección obvia para unha industria que non podía deterse nunca.

A partir de 1917, moitos independentes comezan a instalar os seus estudios (pouco máis que alpendres sen teito) nos alfoces dos Ánxeles, especialmente nunha pequena e tranquila localidade chamada Hollywood. Este era un lugar idóneo. As propiedades eran baratas, había espazo abondo, estaba a escasos quilómetros do Val de San Fernando, das cidades dos Ánxeles, San Diego, Sacramento e San Francisco, a unha carreiriña do mar e do deserto.

Finalmente, os independentes gañaron o preito á MPPC de Edison, que foi acusada de prácticas monopolísticas (curiosamente, estes mesmos independentes serían durante os anos 1950 acusados do mesmo e obrigados a separar a produción, a distribución e a exhibición). Para daquela, as súas películas vendíanse mellor cás da MPPC. Os independentes convertéronse nas sete "majors" (as sete grandes) mentres as produtoras que formaran a MPPC acabaron, no devalar dos anos, desaparecendo totalmente.

Tags:

1920CaliforniaCineOs Ánxeles

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Estadio Santiago BernabéuIemenDaniel DigesJosé Antonio MonagoLeonardo da VinciArxemundoAWStatsRamón CamposXosé Neira VilasLista de xentilicios de concellos galegosMemorias dun neno labregoAs leis de CelavellaEl Restaurador (Vigo)El Eco de Pontevedra (1869)Mártires de CarralPraza da QuintanaStephen HawkingNava CastroMarlon BrandoVilanova de ArousaMatriz cadradaPaul VerhoevenLingua galega16 de xulloCorazónSegunda GaliciaGlaucus atlanticusGerardo Criado GuizánLista de palabras galegas de orixe celtaMar AmareloDía da TerraSevillaAutoescolaMáquina de vaporChuchamelCristianismoOlympe de GougesConflito das EncrobasXoán Manuel PintosBulgariaBurela, Burela2003Monte do GaliñeiroConcepción ArenalVilarbuxán, Vilarbuxán, BóvedaLa PalmaLugares de ChantadaCirrio comúnEva Iglesias MiguénsBárbaroSans-culotteGoogleIrene FerrerasBarroCarlos CasaresDodoTeléfonoLuísa VillaltaCastro de Punta do BicoEnciclopediaVilalba, Vilalba, VilalbaFrancisco López BarxasMario CaneiroRefraneiro galego sobre o mes de maioArnold SchwarzeneggerJung Woo-sungRafael NadalManuel Curros EnríquezJuan CorralMoisés Rodríguez PérezGalego-portuguésReino de Galicia🡆 More