1880: Ano

Datas do calendario xuliano

1880
Calendario gregoriano1880
MDCCCLXXX
Ab urbe condita2633
Calendario armenio1329
Calendario chinés4576 – 4577
Calendario hebreo5640 – 5641
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1935 – 1936
 ·  Shaka Samvat1802 – 1803
 ·  Kali Yuga4981 – 4982
Calendario persa1258 – 1259
Calendario musulmán1297 – 1298
Calendario rúnico2130
Década de 1880
1876 1877 1878 1879 1880 1881 1882 1883 1884

Acontecementos

Literatura galega

Europa

Península Ibérica

Alemaña

  • 19 de novembro: Constitúese a Asociación liberal, dirixida por von Stauffenber, que reúne os adversarios do proteccionismo e do abandono do Kulturkampt após Bismarck adoptase en xullo unha lei que beneficia a Igrexa católica.
  • O Partido Nacional Liberal alemán, que conta co 17% dos votos no Reichstag, debilítase. O partido progresista (Fortschristtspartei), adversario de Bismarck obtén a mesma representación.

Francia

Italia

  • 14 de marzo: Reúnense en Boloña os socialistas da Emilia-Romaña liderados polo revolucionario Andrea Costa. Este encontro é un primeiro paso cara a federación de todos os socialistas de Italia.
  • Maio: Eleccións lexislativas. A dereita obtén 170 escanos, a esquerda gobernamental 220 e a extrema esquerda un cento. Esta relación de forzas leva a Depretis a procurar un acordo coa dereita e a compor coalicións ("transformismo").
  • Xullo: Abólese a lei sobre a fariña. Esta medida aplícase paulatinamente.

Reino Unido

  • 28 de abril: Remata o goberno conservador de Benjamin Disraeli. Comeza o liberal de William E. Gladstone, que é primeiro ministro até 1885.
    • A caída do goberno de Disraeli débese aos problemas en Suráfrica e na India, asociados á crise económica, agrícola (aumento do éxodo rural) e social (aumento do desemprego).
  • Iníciase un período de disturbios antibritánicos en Irlanda (até 1885).
  • A educación primaria faise obrigatoria. O analfabetismo desaparecerá practicamente a finais do século, se ben en 1885 só entre o 68% e o 75% dos nenos en idade escolar asisten a clase.

Suíza

  • 29 de febreiro: Perfórase o túnel de Saint Gothard.
  • Fúndase a unión Sindical Suíza
  • Créase unha rede telefónica privada en Zúric
  • Fúndase o Comité Internacional da Cruz Vermella en Xenebra.
  • 25 de agosto: o vapor Neptuno afúndese durante unha tempestade no Lago de Bienne e morren 15 persoas.

Europa Central e os Balcáns

  • Febreiro: Francia, o Reino Unido e a Alemaña recoñecen oficialmente a independencia da Romanía.
  • 23 de marzo: O príncipe Alexandre I de Bulgaria, que convocara novas eleccións lexislativas á Sabranía após ter rexeitado nomear un goberno liberal, é desautorizado polo pobo, que volve a darlle a vitoria aos liberais.
  • Abril: A raíz dun conflito fronteirizo cos montenegrinos, baixo a presión de Occidente, Istambul cede as rexións de Hoti e Gruda a Montenegro.
  • 17 de setembro: o sultán otomán abandona a vila de Ulqin, en Montenegro.
  • Hungría: O partido dos cidadáns privados de dereito de voto é substituído polo Partido obreiro unificado húngaro (Magyarorszagi Altalanos Munkaspart), de inspiración marxista. Léo Frankel é condenado a dezaoito meses en prisión e parte ao exilio.

Rusia

  • 5 de febreiro: Novo atentado frustrado contra o tsar. Unha explosión destrúe salón de comidas imperial do Palacio de Inverno.
  • 12 de febreiro: O xeneral Loris Melikov preside a Comisión executiva suprema, dotada de plenos poderes. A comisión suprímese o 6 de agosto e as súas atribucións pasan ao ministerio do interior.
  • 15 de febreiro: Alexandre II de Rusia decide combater politicamente o terrorismo. Fai concesións á oposición, co que logra en parte debilitar o terreo sobre o que medra o radicalismo.

África

Maghreb

  • En maio inaugúrase a Conferencia de Madrid sobre os privilexios capitulares dos europeos en Marrocos. Confírmanse os privilexios definidos pola convención Béclard: mantéñense o dereito de protección e a exención de impostos para os protexidos das potencias estranxeiras e xeneralízase a cláusula da nación máis favorecida.
  • Italia obtén a concesión do camiño de ferro Tunisia-La Goulette, disputada cos os franceses.
  • Misión do coronel Flatters ao Sáhara para recoñecer o trazado do futuro camiño de ferro transahariano. Chega ao lago Menkhough mais debe retornar.
  • Benjamin Cases e Salomon Reinach, da Alianza Israelita, abren escolas e traballan a prol da alfabetización e a occidentalización dos xudeus da Tunicia.

América

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Tags:

1880 Acontecementos1880 Nacementos1880 Mortes1880 Outros1880Calendario xuliano

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

XXX edición dos Premios GoyaOs ÁnxelesJuan Jacobo Durán LorigaLeopoldo RubidoO Pedrouzo, Arca, O PinoXosé Manuel BeirasSecretaría Xeral de Política LingüísticaTeoría de númerosTorre de HérculesFingeringManuel Lourenzo SobralGran Guerra IrmandiñaPaspallásAntonio López FerreiroCanle (comunicación)MondoñedoMiguel de CervantesMark Lewis JonesRoberto Vidal BolañoGalileo GalileiOtelo Saraiva de CarvalhoO GroveOs adverbios galegosAdrenalinaSílvia OrriolsJosé Luís Valladares FernándezConceyu BableDiego Rivas RegoAC-141Clara CampoamorDiego González Rivas2020CubaNordés (vento)Universidade de Santiago de CompostelaDeserto do SáharaCanle (enxeñaría)Lista de deuses celtasAdolf HitlerStellantisMártires de CarralMarta Fernández-TapiasAmérica LatinaSangueRosario DúrcalBubelaLuís CíliaCorzoPortolamoso, Curtis, CurtisMercedes QueixasPonte 25 de AbrilNightmare Alley (filme de 2021)Aeroporto de VigoBenito KamelasMiro Casabella2015Lista de emperadores romanosCangasBilbaoAC-456Garbiñe MuguruzaGalaicosSete Sabios de GreciaNova YorkVómito (grupo musical)Pardo de Cela🡆 More