Tsar

Tsar (en búlgaro, serbio e macedonio цар; en ruso царь pronunciado (axuda · info)) era o título empregado polos monarcas eslavos, principalmente do Imperio Ruso entre 1546 e 1917, pero tamén os gobernantes de Serbia e Bulgaria.

O título non implica un rango imperial, sendo equivalente ao krol, kral, korol ou kiraly (formas das diversas linguas eslavas para designar ao rei, derivadas etimoloxicamente de Carlomagno, Karl). Como moitos outros títulos nobiliarios, emprégase figurativamente na fala normal, para referirse a persoas ou institucións que posúen gran poder, e actúan como autócratas.

Etimoloxía

A palabra Tsar deriva do título latino César (Caesar en latín), popularizado en oriente coa forma grega Kaisar, que se empregaba para designar aos emperadores romanos e bizantinos.

Do antigo eslavo eclesiástico, derivou en tsesar (цесарь), que se contraeu en tsar (царь) a través da taquigrafía empregada nos manuscritos. Este título foi empregado por varios reis medievais dos Balcáns e en 1547 foi adoptado por Iván o Terrible como signo da unión que levara a Rusia.

A idea de que Rusia tiña que converterse na "Terceira Roma", como herdeira do Imperio Bizantino levou á substitución do termo tsar polo de emperador. Actualmente, cando se fala de tsar a secas, preténdese facer referencia ao emperador ruso. Con todo, tsar nunca deixou de ser oficialmente o equivalente inferior a un rei.

O que é un tsar ruso

O termo orixinal refírese tanto ao emperador de Bizancio que o khan mongol, ou mesmo a Deus. Cando os principados de Moscova engaden tódalas terras rusas, pois é cando o seu monarca aspira a ser recoñecido coa mesma igualdade dun Emperador de Occidente, polo tanto, superior ao simple rei. O Gran-príncipe tomou o título de príncipe polo de Tsar (deformación latina de Caesar da Roma imperial), xa foran utilizados anteriormente en Moscova, para designar a basileus (o emperador) bizantino, o khan mongol, pero tamén como Deus (Emperador Celeste).

Nalgún tempo o avó e pai de Iván III e Basilio III, grandes-príncipes de Moscova, fixéronse chamar "tsares". Pola mesma o neto de Iván III, Demetrio, fora coroado en 1498. Con todo, Iván o Terrible é o primeiro soberano a ter o título de Tsar durante a súa coroación recibiu isto das mans do metropolitano Makairo, o 16 de xaneiro de 1547.

Imitando principalmente a Bizancio, o ritual de coroación enriqueceuse gradualmente, ata alcanzar no século XVII a súa forma definitiva; segundo a lenda, ligase co Emperador de Bizancio Constantino IX Monómaco (finais do século XII).

Os regalia son os obxectos que simbolizan a dignidade do Tsar; a cruz (de madeira da Verdadeira Cruz), a chapka dos Monómaco, un colar ombreiro, un cetro, a bola do mundo, unha cadea de ouro e o un abrigo púrpura. A súa santidade non cabe dúbida de que aparece ata nas revoltas feitas contra el. Polo tanto isto sobrenatural non é garante, con todo, da docilidade dos seus súbditos.

Título completo dos monarcas rusos

O título completo dos emperadores rusos era:

Божию Милостию, Император и Самодержец Всероссийский (Bozhiyu Milostiyu, Imperator i Samodyerzhets Vserossiysky)
(Pola Graza do Señor Emperador e Autócrata de todas as Rusias)

A esta forma seguíalle a lista de territorios rexidos polos tsares, que a Constitución do 23 de abril de 1906 definía así: "O título da súa maxestade é como segue:

    Божію Поспѣшествующею Милостію МЫ, НИКОЛАЙ ВТОРЫЙ ИМПЕРАТОРЪ и САМОДЕРЖЕЦЪ ВСЕРОССІЙСКІЙ
    Московский, Кіевскій, Владимірскій, Новгородскій,
    Царь Казанскій, Царь Астраханскій, Царь Польскій, Царь Сибирскій, Царь Херсониса Таврическаго, Царь Грузинскій,
    Государь Псковскій, и
    Великій Князь Смоленскій, Литовскій, Волынскій, Подольскій и Финляндскій;
    Князь Эстляндскій, Лифляндскій, Курляндскій и Семигальскій, Самогитскій, Бѣлостокский, Корельскій,
    Тверскій, Югорскій, Пермскій, Вятскій, Болгарскій и иныхъ;
    Государь и Великій Князь Новагорода низовскія земли, Черниговскій, Рязанскій, Полотскій,
    Ростовскій, Ярославскій, Бѣлозерскій, Удорскій, Обдорскій, Кондійскій, Витебскій, Мстиславскій и
    всея Сѣверныя страны Повелитель; и
    Государь Иверскія, Карталинскія и Кабардинскія земли и области Арменскія;
    Черкасскихъ и Горскихъ Князей и иныхъ Наслѣдный Государь и Обладатель;
    Государь Туркестанскій;
    Наслѣдникъ Норвежскій,
    Герцогъ Шлезвигъ-Голстинскій, Стормарнскій, Дитмарсенскій и Ольденбургскій, и прочая, и прочая, и прочая.

Que traducido é:

Outros títulos da familia real rusa

  • Tsarina (царица, literalmente tsaritsa): feminino de tsar, foi empregado tanto pola consorte do emperador coma pola propia emperatriz, se esta era muller como Catarina I de Rusia. A partir de 1714 a forma oficial foi emperatriz (Императрица imperatritsa).
  • Tsarévich (Цесаре́вич, literalmente tsesarévich) (en ruso, é literalmente fillo do tsar) foi o termo empregado para o herdeiro. A forma protocolaria era Herdeiro Tsarévich (Naslednik Tsesarévich, Наследник Цесаревич), aínda que coloquialmente era reducida a o Herdeiro (Naslednik).
  • Tsarevna (царе́вна, literalmente tsarevna) era o termo empregado para unha filla ou neta do tsar ou tsarina. Oficialmente era Velikaia Kniaginia (Великая Княгиня), traducido como Gran Duquesa o Gran Princesa.
  • Tsesarevna (Цесаре́вна, literalmente tsesarevna) era a esposa do tsarévich.

Lista de tsares

Tsares de tódalas Rusias, 1547-1721

Emperadores de Tódalas Rusias, 1721-1917

Notas

Tags:

Tsar EtimoloxíaTsar O que é un tsar rusoTsar Título completo dos monarcas rusosTsar Lista de tsaresTsar NotasTsar15461917BulgariaEslavoFicheiro:Ru-tsar.oggImperio RusoLingua búlgaraLingua macedoniaLingua rusaLingua serbiaRu-tsar.oggSerbiaWikipedia:Ficheiros multimediaru-tsar.ogg

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

RataCharles WhiteIndiaLesakaCamilo Díaz BaliñoTeoría de númerosAntónio de Oliveira SalazarGabriel García MárquezYouTubePortadaCarballedo, Cerdedo-CotobadeAntiga CartagoTeresa González CostaCarbohidratoIndonesiaWikipediaAvenida da Liberdade (Lisboa)DonicelaFlorentino López CuevillasBob DylanA chave das nocesPonte 25 de AbrilFernando Salgado VarelaAires da miña terraRebeliom do InframundoEl Pueblo GallegoVento feridoLista de programas de Televisión EspañolaEstanislao FiguerasReino de GaliciaTrofoblastoAna TurpinSerés, Serés, CastroverdeJuana AcostaMark Lewis JonesArantzaAsunta Basterra PortoContactorHPunta UmbríaPaulino PereiroMVladimir PutinÁlbum de la CaridadLista das aves de Galicia2024Benito MussoliniManuel RicoIsaac NewtonLingua portuguesaÑNacionalismo galegoXavi HernándezBolboretaParlamento de GaliciaMiss Vaca (certame)BidueiroSalvador DalíCarlos SoberaO GroveBucetaO incerto señor Don HamletAlberto FortesEstatua de Che Guevara en OleirosPeer-to-peerNacho VegasAbrilParadigmas dos verbos irregulares galegosZeca AfonsoXinzo de LimiaEuropaMiguel SolísConvento do Carme de PadrónLeitza🡆 More