Donicela: Membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño

A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado.

Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos bosques e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos roedores, aos que persegue ata nos seus tobos, debido á súa delgadez.

Donicela
Donicela: A donicela na mitoloxía, A donicela na cultura popular galega, Nomes en galego
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mustelinae
Xénero: Mustela
Especie: M. nivalis
Nome binomial
Mustela nivalis
Linnaeus, 1766
Distribución de Mustela nivalis
Distribución de Mustela nivalis

Distribución de Mustela nivalis

As donicelas poden presentar sorprendentes variacións de tamaño. Estas débense, por unha banda, ao dimorfismo sexual, xa que as femias son bastante máis pequenas que os machos e, por outra, á existencia nas poboacións de individuos de tamaño moi reducido, considerados ata hai pouco como pertencentes a unha especie autónoma.

As donicelas viven en toda Europa, excepto en Irlanda, algunhas illas do mar Mediterráneo e Islandia. Tamén se atopan no norte de África e en toda a zona tépeda asiática ata o Xapón. Vexáse o mapa de distribución en Galicia embaixo.

A donicela na mitoloxía

Donicela: A donicela na mitoloxía, A donicela na cultura popular galega, Nomes en galego 
O parto de Alcmena. Ó fondo á dereita vese a Ilitía castigando a Galantis (gravado para unha Metamorfose de 1581)

Zeus deixou embarazada a Alcmena de Heracles, e prometeu o trono de Micenas ó primoxénito da estirpe de Perseo, dando por suposto que sería o seu fillo. Pero Hera, a celosa esposa de Zeus, atrasou o momento do parto ordenando á súa filla Ilitía (deusa dos partos e, polo tanto, das comadroas) que o detivese, e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto de Euristeo, fillo de Esténelo e Nícipe. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Irritada polo engano, Ilitía converteu a Galantis en donicela e condenouna a parir pola boca, por ter unha boca mentireira. Pero mentres tanto, naceu Euristeo e recibiu o trono de Micenas.

    Ese pesar foi por hua
    bestiola que muit'amava
    el Rei, que sigo tragía
    e a que mui ben criava
    a que chaman donezya
    os galegos.

Crese que a trabada da donicela é mortal, porque almacena veleno nos seus dentes . Mesmo o seu bafo é daniño.

  • Se te morde a donicela, busca camisa pra terra.
  • Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra.
  • Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
  • Donicelas a trabar, campaíñas a tocar
  • Se che pica unha doniña, vas dereito para a caixiña; e se che pica un escorpión, vas para o caixón.
  • Fonte bebiades de boa gana, se non fora a donicela .

Utilizouse na medicina tradicional para curar a epilepsia, bebendo o seu sangue. Tamén comer a súa carne, cocida, cura determinadas doenzas . Outras crenzas admiten que se se dá de comer o corazón ou a lingua deste animal a un can, este perderá a voz e non volverá a ladrar. Ou que unha cataplasma feita coas cinzas da donicela cura a dor de cabeza e as cataratas (segundo cita Marcial Valladares).

Crese que a mirada da donicela ten carácter hipnótico, así como que pode transmitir mal de ollo (pero este pode evitarse se é a persoa quen a ve primeiro, antes de que sexa a donicela quen mire á persoa).

A donicela é quen de curarse da picadura dunha víbora. Para iso busca unha herba chamada saramago, sobre a que se refrega e come algunhas follas, curando completamente.

Nomes en galego

A donicela recibe en galego múltiples nomes, donicela e as súas variantes derivan do latín domina que deu dona en galego e da súa variante domnicilla que deu doncela, aínda que se perdeu a identificación coa orixe etimolóxica, o que se manifesta na gran cantidade de formas deturpadas. Derivadas de dona: adelociña, delonciña, delosiña, delunciña, denidela, denociña, denosiña, denosiña, denouciña, denuciña, denunciela, denunciña, dernicela, dinicela, dinoncela, dinucela, dinuciña, dolosiña, dona, dona das paredes, dondicella, donexina, donicella, donidela, doniña, donirla, donisela, donociña, donosiña, donuciña, dunicela, durusiña, denunciña, dorronciña, berrenciña, zaranciña, filliña, dindela, dinderela, dinderiña, ou gunicela. Relacionada coas anteriores está a forma dama das paredes. Mais tamén recibe nomes de orixes diferentes como farridiña, feiticeira, galana, galaniña, garridiña, listiña, lusiña das paredes, pombiña, preciosiña ou ruliña.

Tamén se lle chama borrallenta, como se observa nestas fórmulas protectoras

  • "Denociña, borrallenta, come pan e non sementa"
  • "Donicela, torresmeira, borrallenta, donicela calderona, malo raio que te coma"

En todo caso, tamén se di que non se debe pronunciar o seu nome, porque facelo atrae a mala sorte. En Irlanda crese isto mesmo, pero aplicado concretamente ós mariñeiros que saen a pescar; e en Alemaña chámana, por este mesmo motivo, a besta sen nome .

Non existe en galego derivado ningún do mustela latino malia incluír Cuveiro mustela no seu dicionario, non se rexistrou en ningunha recollida léxica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011.

Ligazóns externas

Tags:

Donicela A donicela na mitoloxíaDonicela A donicela na cultura popular galegaDonicela Nomes en galegoDonicela NotasDonicela Véxase taménDonicelaArmiñoBosqueMamíferoMustelidaeMustélidoPelameRoedoresTobo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Sexo analRodrigo VázquezHTML5Candela PeñaContactEditorial GalaxiaPaís VascoLaxeBenito SotoÁsturesArturo Fernández (xornalista)PonferradaUniversidade de BoloñaCondados de Nova JerseyAndorraBaltimore RavensCambadosBlanco y NegroSoftware libreCélula nai pluripotente inducidaDistrito de BragaContactorXinzo de LimiaToni AcostaMadonnaAs Pontes de García RodríguezZlatan IbrahimovićLista de programas de Televisión Española6 de abrilGoldhutWindsurfCamilo BrandínNicolás MaduroInclusión citoplasmáticaCameron DiazGustav KlimtKarlos ArguiñanoAtentados do 11 de marzo de 2004 en MadridFats DominoThe WireGaivotaIsabel MorenoRamirásParlamento de GaliciaEnfermidadeEmma BoninoLisboaLista de nomes femininos en galegoVideoxogoVacaHolocaustoHispaniaBogotá2022JacaNicolao de Mira1987Linguas romancesAmancio López SeijasNacho CastañoAlfonso Basterra Camporro1808Paula AlvarellosRiverdale (serie de televisión)Biblioteca Nacional da República ChecaNegueira de Muñiz22 de marzoCastro de Santa TregaCadros de Leonardo da VinciAccidente de ChernóbilDavid PerdomoMiguel HernándezMonterrosoEdiciones AgoeiroDécada de 1930🡆 More