Vento Ferido: Libro de relatos de Carlos Casares

Vento ferido é un libro de narrativa, composto por unha ducia de relatos breves, en galego, do ourensán Carlos Casares Mouriño, acompañados de catro ilustracións de Xulio Maside.

Publicado por vez primeira en 1967 pola Editorial Galaxia.

Vento ferido
Título orixinalVento ferido
Autor/aCarlos Casares
Ilustrador/aXulio Maside
Cubertavarios (segundo edición):
Botticelli, Egon Schiele etc
OrixeGalicia
LinguaGalego
ColecciónColección Illa Nova
Glaxia·narrativa
Biblioteca Carlos Casares
Tema(s)violencia, fatalismo
Xénero(s)Prosa literaria: relatos breves
EditorialGalaxia
Data de pub.1967
Páxinas104 ~ 112
Precedido por
Seguido porA galiña azul
editar datos en Wikidata ]
Aos meus pais.
A Merches e Xavier, meus irmáns.
A Paco e Sira, bos amigos.

—   dedicatoria

Descrición

Os títulos das narracións que inclúe o texto son:

Calquera que pasa ten un rostro e unha historia.
                  Cesare Pavese (cita inicial no libro)
    "O xogo da guerra"
    "Coma lobos"
    "Cando cheguen as chuvias"
    "Monólogo"
    "Agarda longa ao sol"
    "A capoeira"
    "Vou quedar cego"
    "A tronada"
    "O Xudas"
    "A rapaza do circo"
    "O outro verán"
    "Aparecerá pola esquina"
Vento Ferido: Descrición, Edicións, traducións e obras derivadas, Notas 
Un fragmento do Nacemento de Venus de Botticelli empregouse para ilustrar a portada de Vento ferido .

Debido ao relato dun paseo que se fai no conto "Coma lobos", a obra sufriu un intento de secuestro pola censura, que Francisco Fernández del Riego, avisado, evitou sacando os exemplares da editorial e agochándoos. Cando chegou a policía dixéronlles que xa se venderan todos. Logo diso, fíxose e distribuíuse unha segunda edición, reimprimindo a primeira, sen mudarlle a data.

Edicións, traducións e obras derivadas

Tres dos relatos, "Cando cheguen as chuvias", "Monólogo" e "Agarda longa ó sol", foran xa publicados no número 7 da revista Grial correspondente a xaneiro-febreiro-marzo de 1965. O libro apareceu, sucesivamente, nas coleccións Illa Nova, Galaxia·narrativa e Biblioteca Carlos Casares.

En castelán Viento herido (2022). Impedimenta. 131 páxs. Tradución de Cristina Sánchez-Andrade, ilustracións de Xulio Maside.

Foi publicado en inglés, co título Wounded Wind, pola editorial Planet (tradución de Rosa Rutherford, 2004); en castelán, co título Viento herido, polas editoriais Alborada (colección «La Locomotora», 1988) e Punto de Partida (tradución de Mónica Álvarez, 2010); e en esperanto, co título de Vundita vento, pola editorial Espero (tradución de Suso Moinhos, 2019). Hai tamén traducións dalgúns relatos ao italiano e ao inglés.

Inspirada no libro, en 2015 fíxose unha curtametraxe dirixida por Miguel Grandío.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Vento Ferido DescriciónVento Ferido Edicións, traducións e obras derivadasVento Ferido NotasVento Ferido Véxase taménVento Ferido

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mr. TCombarro, PoioCataluñaCandela PeñaFelicidadeHarénMarta DarribaBritanos en GaliciaBiblioteca General Salvat2020Sitio webManuel FragaAmievaPaio de AsturiasXosé Manuel PiñeiroRobert FernándezPartido PopularMedio dólar conmemorativo de Stone MountainXunta Xeral do Principado de AsturiasIlla do Príncipe EduardoRenaultO Castrillón, A CoruñaRodrigo VázquezRenda básica universalCarles PuigdemontPaís VascoLorbé, Dexo, OleirosThe RapantsGame BoyPedrafita do CebreiroEspañaMaría MeraUceira25 de agostoXeorxiaEva FernándezLista de ríos de GaliciaEdurne PasabanLuísa VillaltaBritanosCuarzoArturo Fernández (xornalista)Dune (filme de 2021)Partido Popular de Galicia17 de maioWayback MachineSan Miguel de Presqueiras, ForcareiBaltimore RavensBubelaLista de nomes femininos en galegoCretáceo SuperiorMosCabranesA-6CicerónSamartín del Rei AurelioAmérica LatinaVíctor Coyote1942Biblioteca Básica SalvatDécada de 1920O comparativo galegoRosalía DansAlén147526 de abrilThe ArtistÁcido alxínicoCírculo de Belas Artes de MadridMaría ReimóndezCameron DiazJosé Pablo del Bado RivasEmma WatsonXixónLista de palabras galegas de orixe celtaSatélite asteroidal🡆 More