Mongolia: País de Asia entre Rusia e a China

A República de Mongolia (en mongol: ) é un país de Asia, encravado entre Rusia e mais a China.

A súa capital é Ulán Bátor (Ulaanbaatar), a lingua oficial é o khalkha e a moeda o tugrik. Posúe unha extensión de 1.565.000 km² e unha poboación estimada no 2006 de 2.832.224 habitantes. Forma parte da rexión de Mongolia.

Modelo:Xeografía políticaMongolia
Монгол Улс (mn)
ᠮᠣᠩᠭᠣᠯ ᠤᠯᠤᠰ (mn) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional de Mongolia Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aPobo mongol Editar o valor em Wikidata
Localización
Mongolia: Historia, Xeografía, Política Editar o valor em Wikidata
 46°N 105°L / 46, 105105°L / 46, 105
CapitalUlán Bátor Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Arkhangay (pt) Traducir
Bayan-Ölgiy (pt) Traducir
Bayankhongor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 22+
Poboación
Poboación3.409.939 (2021) Editar o valor em Wikidata (2,18 hab./km²)
Lingua oficialLingua mongol Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.564.116 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.528 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPico Khüiten (pt) Traducir (4.374 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoHoh Nuur (pt) Traducir (560 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 12 de febreiro de 1992:  (Constituição da Mongólia (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoParlamentarismo Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataUkhnaagiin Khürelsükh (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGoverno da Mongólia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro-ministro da Mongólia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataLuvsannamsrain Oyun-Erdene (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoGrande Assembleia Estatal (pt) Traducir , (Escano: 76) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal15.286.441.740 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaTugrik Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mn Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+976 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia101, 102, 103 e 105 Editar o valor em Wikidata
Código de paísMN Editar o valor em Wikidata

Historia

No século XIII, Xenxis Kan unifica as tribos mongois e crea un imperio, obra seguida polos seus sucesores Ögödei, Güyük, Mönkh e Khubilai. Este imperio comeza a recuar no 1386, coa perda da China. No século XV, baixo o reino de Altan Khan, os mongois convértense ao budismo tibetano. Un século máis tarde, caen baixo a dominación dos manchús, que conquistan tamén a China. O seu país foi transformado en dúas provincias chinesas, a Mongolia interior e a Mongolia exterior. A independencia de Mongolia exterior foi declarada no 1921 á calor dunha revolución liderada por Sukhbaatar; mais tivo goberno independente ata 1924, cando se declarou a República popular mongol co sostén da URSS.

Durante a segunda guerra mundial, os aliados soviéticos defenden Mongolia fronte ao Xapón. O 20 de outubro de 1945, por referendo, os mongois votan pola independencia da China (97,8 % de si; 98,4 % de participación).

A República popular mongol foi recoñecida á vez pola República da China e maila República Popular da China. O país achégase porén aos soviéticos no 1958 e ten numerosas bases soviéticas durante a Guerra fría. Mongolia entra na ONU no 1961.

En 1990, o partido comunista relaxa o seu control sobre o goberno. No 1992, a República Popular é substituída por un estado mixto, entre sistema parlamentario e sistema presidencial.

Xeografía

A meirande parte do país está constituída por estepas. Porén, o deserto do Gobi recobre unha parte do sur do país, mentres que ao norte e ao oeste, atópanse as rexións montañosas de bosques frondosos.

O clima presenta unha acusada oscilación térmica estacional, con moita calor en verán e extremadamente frío no inverno, con temperaturas baixando ata os -30 °C.

Política

O partido dominante en Mongolia é o Partido revolucionario do pobo mongol formado polos antigos comunistas mongois despois da Guerra Fría. O principal partido de oposición é o Partido democrático que controlou unha coalición no poder entre o 1996 e 2000. Esta coalición non logrou nin manter a súa cohesión, nin arranxar os problemas económicos do país, polo que foi moi fortemente sancionada polos electores no 2000, que deron a vitoria ao PRPM cunha esmagadora maioría. Durante as eleccións lexislativas do 2004, o PRPM e o partido Democrático obtiveron un número igual de escanos. A fin de que o desenvolvemento da Mongolia non sexa trabado por crises políticas, decidiron elaborar un programa común e formar un goberno de unión nacional.

Este Estado ten un executivo bicéfalo, á cabeza do Estado hai un presidente elixido e á cabeza do goberno un primeiro ministro. O parlamento chámase o Gran Hural, unha cámara composta de 76 asentos.

Nas eleccións de 22 de maio de 2005, o antigo primeiro ministro Nambaryn Enkhbayar, candidato do PRPM, foi elixido presidente de República co 53,4 % dos sufraxios. O seu principal adversario, Mandsaikhanin Enkhsaikhan, candidato do partido Demócrata, obtivo o 20 %. Enkhbayar comezou o seu mandato á fin do mes de xuño do 2005 e substitúe ao presidente Natsagiyn Bagabandi, tamén do PRPM.

División territorial

Mongolia: Historia, Xeografía, Política 
Mapa de Mongolia por provincias.
    Artigo principal: Provincias de Mongolia.

Mongolia está dividida en 21 provincias (aimags), que están á súa vez divididas en 329 distritos (sumas). A capital, Ulaanbaatar non pertence a ningunha provincia. As aimags son:

  • Arkhangai
  • Bayan-Ölgii
  • Bayankhongor
  • Bulgan
  • Darkhan-Uul
  • Dornod
  • Dornogovi
  • Dundgovi
  • Govi-Altai
  • Govisümber
  • Khentii
  • Khovd
  • Khövsgöl
  • Ömnögovi
  • Orkhon
  • Övörkhangai
  • Selenge
  • Sükhbaatar
  • Töv
  • Uvs
  • Zavkhan

Demografía

Mongolia: Historia, Xeografía, Política 
Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Linguas

A lingua oficial de Mongolia é o mongol, que fala arredor do 95% da poboación. En Mongolia escríbese desde 1946 oficialmente co alfabeto cirílico; porén tradicionalmente se escribiu usando o alfabeto mongol como aínda se escribe o mongol na China. En Mongolia intentouse reintroducir en 1994 pero finalmente non se realizou polas dificultades que tiñan amplos sectores da poboación en comprendelo, aínda que se introduce devagar no sistema educativo..

Fálanse tamén dialectos doutras linguas mongólicas, no oeste do oirat e no norte do buriato. No oeste fálanse dúas linguas túrquicas, o casaco e o tuva. A principal lingua da comunidade xorda é a lingua de signos mongol.

O ruso é a lingua estranxeira máis coñecida, foi obrigatorio no ensino secundario ata 1990 e de novo desde 2007, considerándose que Mongolia é o país onde o ruso está máis difundido fóra dos países que formaron parte da Unión Soviética. A segunda lingua estranxeira é o inglés, que gradualmente ve aumentar a súa difusión. O coreano gañou popularidade polos milleiros de emigrantes en Corea do Sur.

Economía

A economía mongol está esencialmente centrada no petróleo, o carbón e o cobre. Atópase tamén un débil tecido de pequenas industrias do molibdeno, do tungsteno, e minas de fosfato. Despois de anos de economía de estado, o país ten encamiñado unha difícil transición cara á economía de mercado. A maior parte das empresas sitúanse nas cidades: fóra delas, a maior parte dos Mongois son nómades.

Mongolia entrou na Organización Mundial do Comercio no 1997. Exporta caxemira, la e alimentos a Rusia, á China, ao Xapón e a outros países.

Cultura

O canto difónico é propio da zona. Require do cantor que xere dúas notas á vez, unha máis alta ca outra.

Mapas e imaxes

Notas

Véxase tamén

Tags:

Mongolia HistoriaMongolia XeografíaMongolia PolíticaMongolia División territorialMongolia DemografíaMongolia EconomíaMongolia CulturaMongolia Mapas e imaxesMongolia NotasMongolia Véxase taménMongolia2006AsiaChinaLingua mongolRusiaUlán Bátor

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Real Academia GalegaÁnxel CasalArturo RegueraO Milladoiro, Biduído, AmesHLA-DRSanta CompañaPraza Roxa (Santiago de Compostela)Satélite de comunicaciónsAbraham MateoPablo PicassoAs Carballas, Tabeirós, A EstradaVichelocregoXavier AlcaláEstrella GaliciaDaniel Castro GarcíaGoogleTreboadaCascudaUbaldo RuedaSistema operativoBenito KamelasLuis Mateo DíezListenbourgMiro VillarPeneC++Francisco Porto MellaComarca da Mariña OrientalLista de nomes femininos en galegoPontevedraSílvia OrriolsProtocolo de transferencia de arquivosTamara CanosaCirrioDaniel CraigLista de paísesTeresa García-SabellSegunda guerra mundialAlcaldes da CoruñaAves non voadorasFauna de GaliciaConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeEstados Unidos de AméricaOs pronomes persoais galegosMaría ReimóndezHelena Bonham CarterBuxo comúnXosé Ramón Fernández-OxeaLeninBechamelLua (linguaxe de programación)HorteláContactorFermin MuguruzaÁureoSalgueiro MaiaDiada de Sant JordiCohesiónGonzalo Fernández de CórdobaReino suevoGuepardoPedro Campos CouceiroGeorg Wilhelm Friedrich HegelAmazonAlberto PomboPraza da QuintanaLingua galegaJoaquín SabinaVladimir PutinHistoria de Croacia🡆 More