1801: Ano

1801
Calendario gregoriano1801
MDCCCI
Ab urbe condita2554
Calendario armenio1250
Calendario chinés4497 – 4498
Calendario hebreo5561 – 5562
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1856 – 1857
 ·  Shaka Samvat1723 – 1724
 ·  Kali Yuga4902 – 4903
Calendario persa1179 – 1180
Calendario musulmán1216 – 1217
Calendario rúnico2051
Década de 1800
1797 1798 1799 1800 1801 1802 1803 1804 1805

Acontecementos

Gran Bretaña

  • Os arquitectos, Salford Matthew Boulton e James Watt edifican unha fábrica de fiados de sete pisos, cuxo conxunto de paredes mestras, de cachotería, se acompaña dunha estrutura interna que ordena trabes mestras e columnas en forma de T. Este deseño converterase no patrón dos edificios industriais.
  • Durante o 14 de marzo o primeiro ministro, William Pitt (o Novo), avoga pola emancipación dos católicos irlandeses e a entrada destes no Parlamento, trala integración de Irlanda. Pero o rei Xurxo III oponse e Pitt vese na obriga de dimitir. A petición súa, o tory Henry Addington subtitúeo e firma a paz de Amiens no ano 1802 (que se romperá en maio de 1803). As presións políticas fan que o rei teña un novo acceso de demencia, que caerá na loucura absoluta no ano 1810.
  • O 24 de decembro Richard Trevithick, que traballa de enxeñeiro de minas, emprega a primeira locomotora de vapor de alta presión construída por el mesmo e experiméntaa con pasaxeiros.

Exipto

Alemaña

  • O 25 de marzo Novalis (que na realidade chamábase Friedrich Leopold von Hardenberg e que nacera na rexión de Oberwiederstedt o 2 de maio de 1772), poeta lírico alemán, prosista e pensador místico-relixioso do romanticismo temperán, morre na cidade de Weissenfels (capital de Turinxia). O autor tiña obras de recoñecido nome como: "Hymnen an die Nacht", "Heinrich von Ofterdingen" entre outras.

España

  • O 13 de febreiro fírmase na localidade española de Aranjuez un convenio entre Francia e España. O convenio, firmado por Godoy (na parte española) e por Luciano Bonaparte (na parte francesa), establece o auxilio da frota de guerra española a Napoleón Bonaparte, que a necesita para poder enfrontarse aos británicos.
  • O 20 de maio, pouco despois de que España declarase a guerra a Portugal, como represalia por negarse a cerra-los seus portos ó comercio inglés, os españois invaden Portugal. Unha vez firmado o tratads de Madrid (o 29 de xaneiro de 1801) e ratificado polo convenio de Aranjuez (o 13 de febreiro de 1801), España, premida por Napoleón, declara a guerra a Portugal o 22 de febreiro de 1801. Godoy, convertido novamente en árbitro dos destinos de España trala caída de Urquijo y Mazarredo (separado do mando da escuadra hispana), é nomeado xefe do exército español. Na invasión participa un continxente español de 60 000 homes (10 000 en Andalucía; 20 000 en Galicia e 30 000 en Estremadura), secundado por un corpo expedicionarios francés, que non chega a participar. As tropas invasoras fanlles fronte a un exército de 40 000 portugueses, comandado polo duque de Lafões. Os españois entran en Portugal e fanse con algunhas prazas, entre elas Olivenza. Trala derrota portuguesa na batalla de Arronches, a conquista do Alentexo e os asedio de Elvas, onde a contenda recibe o nome da "guerra das Laranxas", a causa das pólas da árbore que os soldados entregan a Godoy (que llas ofrece da súa parte á raíña María Luisa), chégase deseguido ao armisticio.
  • O 6 de xuño España e Francia firman con Portugal un tratado de paz en Badaxoz, que trae consigo a perda (por parte de Portugal) da praza de Olivenza, que pasa a España, teñen que pagar unha forte indemnización a Francia e cerra-las portas ao comercio británico. O tratado pon fin á guerra das Laranxas. Non contento co tratado, Napoleón esixe a súa revisión. A consecuencia de todo iso, Godoy retira a escuadra de Brest e ameaza o francés con volver de novo ás relacións con Gran Bretaña. A intención de Napoleón de invadir España co obxecto de destronar os Borbóns, induce a Luciano Bonaparte e Nicolao de Azara a mediar na disputa.
  • O 29 de setembro ratifícase a Paz de Badaxoz firmada con Portugal. Ambos os países cambian a alianza con Inglaterra por outra con Francia. Con iso, España perderá a súa frota. Aínda que o tratado ratificado se asinase en Madrid, coa finalidade de ratifica-la fin da guerra das Laranxas entre España e Portugal, o acordo comportaba, ademais, o acceso ás antigas esixencias francesas. Portugal cede a Francia a Güiana, dálle un trato de favor na materia comercial e paga unha indemnización de guerra.

Vaticano

  • Un 15 de xullo o concordato firmado entre o papa Pío VII e o primeiro cónsul francés Napoleón Bonaparte restaura en parte os Estados Pontificios. Namentres, o clero francés queda sometido ao estado, e a relixión católica queda recoñecida como a máis practicada en Francia. Aínda que o concordato se firmase na noite do 15 ao 16, acabará de acentuarse por disposicións de vigor en Francia no ano 1905.

Dinamarca

Europa

Rusia

  • Na noite do 23 o 24 de marzo o tsar Paulo I (que nacera en San Petersburgo o 1 de outubro de 1754), aparece estrangulado na súa habitación. É asasinado polos oficiais da súa garda, que forman parte dunha conspiración feita por un grupo de nobres, comerciantes e militares, quen contaban co visto e prace do futuro tsar Alexandre I. Dirixidos por N. Panin e o conde Palen, opóñense á política de hostilidade do tsar cara a Gran Bretaña e as concesións a Roma. Despois de morrer a tsarina Catarina II, Paulo accede ao poder no 1796, pero revélase cunha ausencia total de sensatez na política. O temor que alberga ao posible contaxio das ideas revolucionarias lévao a cerra-las fronteiras e censura-los textos que proveñen de Francia. O seu estilo de goberno é imprevisible e a súa política arbitraria de alianzas e axudas causa estupor. Alexandre I ten 23 anos cando o sucede. Pero o 1 de decembro de 1825, despois de 23 anos de reinado, Alexandre abdicará no favor de seu irmán Nicolao; segundo algúns historiadores, Alexandre terminou a súa vida retirado como eremita.

Nacementos

Mortes

Outros

Breves

    • - A fragata dos Estados Unidos Chesapeake captura o navio pirata francés, La Jeune Creole.
    • - O astrónomo italiano Giuseppe Piazzi efectúa o descubrimento do primeiro asteroide: Ceres.
    • - Un forte tremor sacode a rexión chilena de La Serena.
    • - Jean Antoine Chaptal, asume o poder do ministerio francés do interior.

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Carballo comúnOs EoasManuel OuteiriñoJorge PeteiroNoelia ReyShinovaDavid BustamanteLupus eritematoso sistémicoShan TaoAdriana LastraManuel Fernández DoalloSemeMarta Fernández-TapiasMela CasalMurciaCarro galegoArxentinaÁlex FidalgoLuís DavilaVerme da sedaAna BotellaRosario Porto OrtegaMemorias dun neno labregoBoyanka Kostova (grupo musical)Raquel AtanesFingeringNico HülkenbergIsabel II do Reino UnidoBillardaLista de estacións de tren de GaliciaErnesto ChaoDavid MellaJosé Manuel García-MargalloAcademia Chinesa de CienciasOs ÁnxelesDodecágonoXosé Luís Méndez FerrínSantiago de CompostelaEstragónCarmen MéndezDiáspora galegaLuka ModrićGheadaGuillermo del ToroBulgariaFariña (serie de televisión)Michael DouglasLorbé, Dexo, OleirosPoloniaEva MejutoSupermartesMarineda CityPili PampínAC-422WikiZakat al-FitrEduardo Paredes RodríguezCarlos II de EspañaCayetana Guillén CuervoLista de nomes masculinos en galegoJoe BidenBugalloEduardo PondalRafael NadalReal Federación Española de FútbolXabarín ClubPartido Comunista dos Traballadores de EspañaCMSManfred GnädingerJulio Alén MontesDolores O'RiordanBragaAfganistánFuga de cerebros🡆 More