Eva Mejuto: Xornalista e escritora galega

Eva Mejuto Rial, nada en Sanxenxo o 8 de maio de 1975, é unha escritora galega.

Infotaula de personaEva Mejuto
Eva Mejuto: Traxectoria, Obras, Tradutora
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1975
Sanxenxo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil e xuvenil Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , editora literaria , xornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Facebook: Eva Mejuto Instagram: evamejuto AELG: 534 Dialnet: 2473262 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Doutorouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004 e en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordinou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 formou parte do Proxecto Capicúa de xestión cultural.

A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no mestrado Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros en colexios.

É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas. En 2017 publicou 22 segundos, narrativa para adolescentes. A sinopse da obra segundo David González é:

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. "Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son." Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. “22 segundos” relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

En 2019 publicou en Xerais Memorias do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a segunda guerra mundial.

Eva Mejuto: Traxectoria, Obras, Tradutora 
Con María Reimóndez e Manuel Bragado en Pontevedra o 21 de marzo de 2018

Obras

  • A casa da mosca chosca (2002). Kalandraka. ISBN 84-8464-155-4. Adaptación dun conto popular ruso. Ilustracións de Sergio Mora. Foi publicado en catalán, éuscaro, castelán, portugués, inglés e italiano
  • Rato de campo e rato de cidade (2002). Kalandraka. ISBN 84-8464-139-2. Ilustracións de Kiko da Silva. Foi publicado en castelán por Kalandraka
  • O zapateiro e os trasnos (2003). Kalandraka. ISBN 84-8464-212-7. Adaptación dun conto popular. Ilustracións de Elia Manero. Foi publicado en castelán por Kalandraka
  • Corre, corre, cabaciña (2006). OQO Editora. Adaptación dun conto tradicional portugués. Ilustracións de André Letria. Foi publicado en castelán, catalán, portugués e italiano
  • Tres desexos (2007). OQO Editora. ISBN 978-84-96788-63-3. Adaptación dun conto tradicional portugués. Ilustracións de Gabriel Pacheco. Foi publicado en castelán e en italiano
  • Maruxa (2014). OQO Editora. ISBN 978-84-9871-490-6. A partir dunha canción tradicional polaca. Ilustracións de Mafalda Milhoes
  • 22 segundos (2017). Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-239-3, 136 p. Foi traducida ao castelán.
Eva Mejuto: Traxectoria, Obras, Tradutora 
Presentación de Memoria do silencio na Casa da Luz de Pontevedra o 29 de xaneiro de 2019 con Su Garrido Pombo, María Xesús López Escudeiro e Fran Alonso
  • Memoria do silencio (2019). Xerais, Colección Fóra de Xogo. 152 paxs. ISBN 978-84-9121-461-8
  • Dez gatiñas viaxeiras (2019). Xerais. Colección Pequeno Merlín. 32 páxs. Ilustracións de Víctor Rivas
  • A lavandeira de San Simón (2020). Xerais, Pequena memoria. Bea Gregores, Ilustradora. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-762-6. Traducida ao castelán pola propia autora en 2021
  • Neko (2021). Oqueleo. 80 páxs. ISBN 9788416834310. Ilustracións de Bea Gregores
  • Cando leo (2022). Xerais. Ilustracións de Bea Gregores. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-073-1
  • A ladroa da biblioteca de Meirás (2022). Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-105-9.
  • Memoria diversa (2022). Deputación da Coruña. 260 páxs. ISBN 978-8498123951. É unha proposta para dar visibilidade ás persoas que loitaron pola dignidade do Orgullo LGTBI e ás vítimas da represión e o rexeitamento por cuestións de orientación ou identidade de xénero.
  • O día que choveron gatos (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Susana Suniaga. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-302-2. ePub: ISBN 978-84-1110-312-1.
  • Os contos do lobicán (2023). A Coruña: Baía, Barriga Verde / Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, AGADIC. 31 páxs. ISBN 978-84-9995-427-1.

Colaborou nas obras colectivas:

Tradutora

Premios

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Eva Mejuto TraxectoriaEva Mejuto ObrasEva Mejuto TradutoraEva Mejuto PremiosEva Mejuto NotasEva Mejuto Véxase taménEva Mejuto19758 de maioSanxenxo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O incerto señor Don HamletMedalla CastelaoTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaAlbert EinsteinGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Distritos de PortugalFlora invasora de GaliciaVoleibolFerroAtlánticaAlberte PagánEva MejutoCatedral de Santiago de CompostelaEva Iglesias MiguénsJosé Luis Rodríguez ZapateroHolocaustoRefraneiro galego sobre o panEstanislao FiguerasRaquel Castro MartínezVigoHarry StylesRataTonhito de PoiMoscovaPrestigeSonsoles EspinosaInstagramWayback MachineLeninLCalorRafael NadalBella ciaoRastroLista de nomes masculinos en galegoEmilio Aragón ÁlvarezManuel Curros EnríquezXinzo de LimiaMeigaÁnxel CasalGarbiñe MuguruzaEcce HomoTribadismoCessna T-37 TweetCarrizo (paxaro)Baby ReindeerReino UnidoRaposo comúnFalange EspañolaHelsingin JalkapalloklubiPanxermanismoMúsica tradicional galegaSerés, Serés, CastroverdePosición do misioneiroToxo arnalPonte 25 de Abril22 de xulloMark WahlbergpdwqjPello OtxandianoVictoria Núñez LópezAC-312António de SpínolaCunnilingusSystem of a DownVox populiO CarballiñoMiguel Ángel Zabalza BerazaPLuis Mateo DíezManuel FragaLingua casteláEduardo IndaOldhamLuís Seoane🡆 More