Universidade De Vigo: Universidade pública galega

A Universidade de Vigo é unha universidade pública inserida dentro do Sistema Universitario de Galicia con sede na cidade de Vigo.

Conta con campus en tres cidades: Campus de Vigo, Campus de Pontevedra e Campus de Ourense. No 2010 a Universidade de Vigo converteuse no centro do campus de excelencia internacional interuniversitario Campus do Mar, no cal participan as tres universidades galegas e varias portuguesas do norte, así como centros CSIC e IEOs.

Universidade de Vigo
Universidade De Vigo: Historia, Campus, Centros docentes
Logo da Universidade de Vigo
Datos xerais
LocalizaciónVigo
Fundación24 de xaneiro de 1990
Datos actuais
ReitorManuel Joaquín Reigosa Roger
Profesores1459
Alumnos20 311
Orzamento198.700.000 € (2022)
Datos de contacto
EnderezoCampus Universitario As Lagoas-Marcosende
Páxina webwww.uvigo.gal
Facebook: uvigo Twitter: uvigo Instagram: universidadedevigo Dialnet: 819122 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

O antecedente directo da institución foi o chamado Colexio Universitario de Vigo, creado tras a aprobación en 1972 da construción do citado nas Lagoas, en Marcosende, na parroquia de Zamáns, e baixo o patrocinio da Caixa de Aforros de Vigo. No curso 1977-78 iniciáronse as clases nas titulacións que naquel entón se ofrecían: Ciencias Químicas e Biolóxicas, Económicas e Filoloxía. Dous anos despois do comezo da docencia na institución a Universidade de Compostela integrou os estudos impartidos en Vigo baixo a súa tutela administrativa e académica.

A Lei 11/1989 de 20 de xullo de ordenación do sistema universitario de Galicia reordenou o panorama universitario da comunidade autónoma. A Universidade de Vigo foi constituída como tal en 1990 tras a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro reitor (1990-1994) foi o enxeñeiro químico Luís Espada Recarey que sería substituído no cargo polo profesor José Antonio Rodríguez Vázquez (1994-1998). Entre os anos 1998 e 2006 o posto estivo en mans do catedrático redondelán Domingo Docampo Amoedo, entre 2006 e 2010 Alberto Gago Rodríguez, e entre 2010 e 2018 Salustiano Mato. Dende o 2018 Manuel Reigosa, fisiólogo vexetal, ocupa o cargo de reitor.

A Universidade acadou o maior número de matrículas no curso 1999-2000 (29 000 alumnos/as), desde entón houbo un continuo descenso do alumnado. En 2022 contaba con 18 577 matriculados/as (9 904 no Campus de Vigo, 4 677 no de Ourense e 3 905 no de Pontevedra).

Campus

A Universidade de Vigo conta con tres campus en diversas poboacións do territorio galego: Vigo, Ourense e Pontevedra.

O Campus de Vigo, ou Campus Vigo Tecnolóxico, atópase distribuído en diversas sedes. A principal delas é a cidade universitaria das Lagoas-Marcosende situada na parroquia de Zamáns, a 15 quilómetros do centro da cidade. Porén, no centro de Vigo sitúase o chamado Campus Urbano, asentado nun edificio da década de 1930 deseñado polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez. Este edificio, situado na rúa Conde de Torrecedeira e coñecido aínda na actualidade como Escola de Peritos Industriais, é hoxe parte da Escola de Enxeñaría Industrial da universidade. Anexa a este edificio atópase unha biblioteca universitaria. Xusto enfronte, no outro lado da rúa, está a Escola Universitaria de Estudos Empresariais. Na Illa de Toralla, no Edificio Filomena Dato, ten a súa sede a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), na marxe sur da Ría de Vigo.

O Campus de Pontevedra dispón de varios espazos dentro da cidade homónima. Posúe un campus central coñecido como A Xunqueira, na zona norte da vila, alén de diversas facultades no centro da cidade. A sede do vicerreitorado está enclavada na Casa das Campás, un edificio histórico de propiedade municipal cedido para uso da Universidade de Vigo.

O Campus de Ourense-Campus da Auga atópase plenamente inserido no casco urbano da cidade, no barrio das Lagoas. Ocupa as instalacións do antigo Hospital da Lonia. Conta, ademais, con outras infraestruturas, coma o Edificio de Ferro (sede das Facultades de Educación e Traballo Social e mais de Historia), ou o Edificio Politécnico, no que se atopa a Facultade de Ciencias e a Escola Superior de Enxeñaría Informática. Na parte nova, coñecida como Campur Sur, sitúanse as Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e mais a de Dereito, ambas no mesmo edificio, e mais a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Outras instalacións inclúen a Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro, a piscina universitaria, a pista polideportiva e diferentes espazos para practicar deporte ao ar libre, entre eles un campo de herba sintética.

Centros docentes

Universidade De Vigo: Historia, Campus, Centros docentes 
Escola de Enxeñaría Industrial.

Campus de Vigo

Campus das Lagoas, Marcosende

Universidade De Vigo: Historia, Campus, Centros docentes 
Facultade de Ciencias Económicas (Campus Lagoas-Marcosende).
Universidade De Vigo: Historia, Campus, Centros docentes 
Facultade Filoloxía e Tradución (campus Lagoas-Marcosende).

Campus de Vigo Centro

Centros adscritos

  • EU de Enfermaría (Meixoeiro)
  • EU de Enfermaría (Povisa)
  • EU de Maxisterio "María Sedes Sapientiae"
  • Escola de Negocios Afundación

Campus de Pontevedra

Campus da Xunqueira

Campus de Pontevedra Centro

Centros adscritos

Campus de Ourense

  • Escola Superior de Enxeñaría Informática
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Ciencias da Educación
  • Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Historia
  • Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
  • Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)

Centros Adscritos

  • Escola Universitaria de Enfermaría

Estrutura de goberno

O 23 de abril de 2018 tiveron lugar eleccións á reitoría da Universidade de Vigo con dúas candidaturas: Ideas que suman, liderada por Emilio Fernández Suárez, e Horizonte 2040, liderada por Manuel Joaquín Reigosa Roger. Esta última resultou a vencedora na cita electoral co 57,55% dos votos. O actual equipo de goberno está formado polas seguintes persoas:

  • Reitoría: Manuel Reigosa
  • Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade: José Luis Míguez Tabarés
  • Vicerreitoría de Comunucación e Relacións Institucionais: Mónica Valderrama Santomé
  • Vicerreitoría de Economía: José M.ª Martín Moreno
  • Vicerreitoría de Investigación: M.ª Belén Rubio Armesto
  • Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado:
  • Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria: Natalia Caparrini Marín
  • Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación: María Isabel Doval Ruiz
  • Vicerreitoría do Campus de Ourense: María Esther de Blas Varela
  • Vicerreitoría do Campus de Pontevedra: Jorge Soto Carballo
  • Secretaría Xeral: Miguel-Ángel Michinel Álvarez

Graos, mestrados, estudantado e outros datos de interese

Desde a súa segregación da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo foi pouco a pouco incrementando tanto o número de titulacións como a cantidade de profesorado e alumnado.

A universidade ten nos seus tres campos 22 centros universitarios propios, 7 centros adscritos e 5 centros tecnolóxicos, e que cobren 140 áreas do coñecemento. Neles predomina as titulacións en ciencias sociais e xurídicas e as enxeñarías En 2017 a universidade formaba a 21 235 estudantes: 17237 cursando graos, 2048 mestrados e 1365 doutoramentos. Así mesmo, tiña a 1376 persoas adicadas a investigación e docencia, 434 investigadores en formación ou técnicos e 484 persoas vencelladas a proxectos. O persoal de administración e de servizos foron 702 persoas. Ademais, pasou dun investimento en investigación de 0,51 millóns de euros no ano 1991 a 5,23 millóns no 2001. O orzamento total da institución para 2016 ascende a 160.586.524 €. A meirande parte do gasto corresponde a gasto de persoal e gastos correntes e distribuído na súa maioría nos grupos de investigación tecnolóxica e xurídica e social.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Universidade De Vigo HistoriaUniversidade De Vigo CampusUniversidade De Vigo Centros docentesUniversidade De Vigo Estrutura de gobernoUniversidade De Vigo Graos, mestrados, estudantado e outros datos de intereseUniversidade De Vigo Galería de imaxesUniversidade De Vigo NotasUniversidade De Vigo Véxase taménUniversidade De Vigo2010Campus Universitario de PontevedraConsello Superior de Investigacións CientíficasInstituto Español de OceanografíaRexión Norte, PortugalSistema Universitario de GaliciaUniversidadeVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

As dúas MaríasOllos de augaAmérica do NorteRaquel Atanes2020Luís CíliaJosé Manuel Rodríguez Puente28 de decembroLudwig van BeethovenLista de programas de Televisión EspañolaDiego AnidoMedalla CastelaoBidueiroEspañaGabriel García MárquezAntónio de Oliveira SalazarMovimento das Forças ArmadasOTANShinovaScarlett JohanssonAna TurpinNúmero piCunnilingusCarlos de Matos GomesPere Pau Ripollès AlegreMeigaJosé María Barreiro GómezEl Pueblo GallegoXiros idiomáticos galegosMártires de CarralTraxe galegoHomosexualidadeMario CaneiroLuísa VillaltaAlberto Núñez FeijóoSusana FortesHard GZGheadaXunta Suprema do Reino de GaliciaOs demostrativos galegosFrancisco Asorey2024Pobo palestinoFrancisco FrancoIgnacio Rivera QuintanaJosé SaramagoFabiola GarcíaMexacánTECOR societarioMiss Vaca (certame)OldhamPonte 25 de AbrilLondresRefraneiro galego sobre o panCalorEsencia de trementinaMíster EspañaEva CárdenasSonDeSeuZeca AfonsoCarlos SoberaAlberto FortesThomas Alva EdisonAlbert EinsteinAustraliaLista de filmes coas maiores recadaciónsGabriel RufiánXabier DeiveMedoNacho VegasFC Ilves (feminino)GoogleArroazOurense🡆 More