Ir ao índice do Curso de lingua galega.
Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Os demostrativos son uns determinantes que acompañan un substantivo e que indican proximidade ou lonxanía no espazo ou no tempo respecto da cousa da que fala o emisor:
As formas que poden tomar os determinantes demostrativos son as que amosamos no seguinte cadro:
Singular | Plural | |||
---|---|---|---|---|
Masculino | Feminino | Masculino | Feminino | |
Proximidade | Este | Esta | Estes | Estas |
Distancia Media | Ese | Esa | Eses | Esas |
Lonxanía | Aquel | Aquela | Aqueles | Aquelas |
Decatádevos que os plurais masculinos escríbense: estes, eses, aqueles (e non *estos, *esos, *aquelos)
Cando acompañan a un substantivo acostuman ir diante, dado que haxa un artigo ou algún outro determinante:
Os demostrativos que acompañan a un substantivo fan a función de determinante e, polo tanto, concordan co substantivo en xénero e número:
Cando os demostrativos substitúen un substantivo dicimos que fan a función de pronome:
Nesta función atopamos as formas neutras iso/, isto/, e aquilo/ que sempre son pronomes:
Tende en conta que as formas neutras son invariables, isto é que non teñen feminino nin plural: Isto gústame, pero iso non
Os demostrativos contraen coas preposicións de e en do seguinte xeito:
este | estes | esta | estas | |
---|---|---|---|---|
de | deste | destes | desta | destas |
en | neste | nesta | nestes | nestas |
ese | eses | esa | esas | |
---|---|---|---|---|
de | dese | deses | desa | desas |
en | nese | nesa | neses | nesas |
aquel | aqueles | aquela | aquelas | |
---|---|---|---|---|
de | daquel | daqueles | daquela | daquelas |
en | naquel | naqueles | naquela | naquelas |
isto | iso | aquilo | |
---|---|---|---|
de | disto | diso | daquilo |
en | nisto | niso | naquilo |
estoutro | estoutros | estoutra | estoutras | |
---|---|---|---|---|
de | destoutro | destoutros | destoutra | destoutras |
en | nestoutro | nestoutros | nestoutra | nestoutras |
esoutro | esoutros | esoutra | esoutras | |
---|---|---|---|---|
de | desoutro | desoutros | desoutra | desoutras |
en | nesoutro | nesoutros | nesoutra | nesoutras |
aqueloutro | aqueloutros | aqueloutra | aqueloutras | |
---|---|---|---|---|
de | daqueloutro | daqueloutros | daqueloutra | daqueloutras |
en | naqueloutro | naqueloutros | naqueloutra | naqueloutras |
Por exemplo:
Aquel pode significar "encanto, atractivo... ou outras calidades que non se acertan a expresar":
Daquela ten dous valores:
Nisto, niso, nestas, con estas pódense usar como locucións co significado de "entón, nese momento, de repente, inmediatamente despois":
As palabras aquelar ou aqueloutrar pódense empregar para nos referirmos a algo que non somos quen de expresar coas palabras precisas. Teñen o significado que nós lle queiramos dar:
This article uses material from the Wikipedia Galego article Os demostrativos galegos, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.