Universidade: Centro de ensino superior e investigación

Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais.

Para aloxamento dos estudantes ten Colexios Maiores (Colexios Universitarios) e Residencias.

Universidade: Historia, Primeiras Universidadees de Europa e América, En Galicia
Colexio Maior Fonseca, no Campus Sur da USC.
Universidade: Historia, Primeiras Universidadees de Europa e América, En Galicia
Universidade de Bologna, a máis antiga do mundo aínda con actividade académica
Universidade: Historia, Primeiras Universidadees de Europa e América, En Galicia
A universidade de Coímbra, fundada por D. Dinís, a máis antiga de Portugal

Historia

O precedente de todas as Universidades occidentais atópase na Academia Alexandrina, fundada no 288 a.C. No 340 fundouse a de Constantinopla. Na India hai datadas universidades no século V, como a de Nalanda, aínda que as modernas foron creadas durante a Idade Media europea. A primeira institución deste tipo que segue en funcionamento é a Universidade de Boloña, que máis tarde servirá de modelo para centros educativos similares. Por extensión utilízase para referirse noutras culturas a centros de educación superior e de reflexión, aínda que a súa creación pode ser moito anterior á Idade Media.

Inicialmente evolucionaron a partir do modelo das corporacións artesanais e como case todo na Idade Media, estaban moi vinculadas á Igrexa. Inicialmente, ensinábanse as ensinanzas inspiradas nas chamadas sete artes liberais (trivium ou trivio e quadrivium ou cuadrívio):

  • Trivium: gramática, lóxica e retórica.
  • Quadrivium: aritmética e xeometría, astronomía e música.

de onde proceden as actuais divisións entre disciplinas literarias e científicas.

Primeiras Universidadees de Europa e América

En Galicia

A universidade moderna xurdiu en Europa na Idade Media. En Galicia existen hoxe en día tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela con campus en Santiago de Compostela e Lugo; a Universidade de Vigo con campus en Vigo, Pontevedra e Ourense; e a Universidade da Coruña con campus na Coruña e máis en Ferrol. A de Santiago foi historicamente a universidade galega, criada a fins do século XIV. Foi na década de 80 do século XX que a Xunta de Galicia decidiu a creación das universidades da Coruña e Vigo, a partir dos campus que a de Santiago tiña xa nestas cidades. En Galicia tamén están presentes dúas universidades públicas de ensino a distancia, a Universidad Nacional de Educación a Distancia con catro centros asociados así como a Universidade Aberta portuguesa cun centro para toda Galicia, e un centro universitario privado, o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), afiliado ao University College Dublin.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Universidade HistoriaUniversidade Primeiras es de Europa e AméricaUniversidade En GaliciaUniversidade NotasUniversidade Véxase taménUniversidadeColexio MaiorEnsino superiorFacultade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Fernando Salgado GarcíaPablo PicassoLuis Mateo DíezCarlos SoberaShōgunPoesíaXXXTentacionSalvador DalíJackson PollockJordi PujolTeoría de númerosLeymaLola FloresClara CampoamorManuel MurguíaLista de emperadores romanosFiúnchoAlberte PagánAntiga CartagoCuarzoTeresa García-SabellXunta de GaliciaMark Lewis JonesÁlvaro Porto DapenaBaby ReindeerProvincias de EspañaNacho VegasFalange EspañolaVietnamRepública Democrática do CongoPere Pau Ripollès AlegreMiss Vaca (certame)AltriOldhamRepública ChecaHolocaustoMexacán2024Joan Manuel SerratPortadaXinzo de LimiaSusana FortesVicepresidencia do Goberno de EspañaInglaterrapxhj6Lista de castelos de PortugalAsalto do bou EvaSantiago de CompostelaProxyGoogleQueiroa2020Nacho CastañoVento feridoCohesión25 de abrilLondresMemorias dun neno labregoMark WahlbergEspañaPorno suaveJohannes VermeerLeopoldo RubidoAlexandre BóvedaMilánCamilo Díaz BaliñoFC Ilves (feminino)Reino UnidoLuísa VillaltaJuana AcostaMovimento das Forças ArmadasVacaAustraliaDiáspora galega🡆 More