Leyma: Empresa galega do sector lácteo

8°29′39.71″O / 43.3194389, -8.4943639

Leyma (Leche y Mantequilla) é unha empresa galega do sector lácteo. Ten as súas instalacións en Arteixo, e actualmente pertence ao grupo Leite Río.

Leyma
Leyma: Historia, Notas, Véxase tamén
Leyma: Historia, Notas, Véxase tamén
Leyma Central Leiteira Sabón, Arteixo.
Fundación1918
LocalizaciónGalicia Polígono de Sabón parcela 136, 15142, Arteixo, A Coruña, Galicia
IndustriaLeiteira
ProdutosLeite envasado e nata
editar datos en Wikidata ]

Historia

A orixe de Leyma data de 1918, pero non é ata 1952 cando sae á luz UTECO (Unión Territorial de Cooperativas del Campo) da Coruña, que desde 1962 utiliza como marca o nome de Leyma para comercializar leite pasteurizado, tras facerse en 1957 coa concesión para o abastecemento da cidade da Coruña.

En 1979 trasládase ao polígono industrial de Sabón (Arteixo), deixando as instalacións que hoxe ocupa o Club Financiero Atlántico á entrada da Coruña. En 1980 a UTECO transfórmase en Cooperativa Agraria Provincial, que en 1989 constitúe coa Central Lechera Asturiana a sociedade anónima Leyma S.A., con sede social na Coruña.

En 1993 créase o Grupo Lácteo Gallego, que adquire os activos de Leite Xallas, que era a terceira cooperativa láctea de industrialización en importancia en Galiza, e acádase un acordo con Cooperativas Lácteas de Galicia (COLAGA), en virtude do cal COLAGA pasa a ser propietaria do 50 % do grupo.

En 1994, a Corporación Agroalimentaria Gallega acada un acordo con Central Lechera Asturiana (CLAS), de xeito que esta recompra o 20% das accións de Leyma. En 1995, o Grupo Lácteo Gallego adquírelle a Tabacalera o 100% de Lactaria Española (LESA), comercializadora da marca RAM, comezando os problemas, ao adquirir débedas superiores aos 12.000 millóns de pesetas.

En abril de 1999, o grupo granadino PULEVA conmocionou o sector lácteo galego ao anunciar a compra de Leyma-RAM. Esta compra rompía as expectativas para crear o chamado gran grupo lácteo galego, que contaba co visto e prace do presidente da Xunta, Manuel Fraga, e que consistía en que Caixa Galicia e Leite Celta se aliaran para facerse con Leyma-RAM e logo ofrecer participacións a Leite Río e a Feiraco.

A finais do ano 2000, PULEVA fusionouse con Azucarera Ebro Agrícola, sendo o principal accionista da resultante Ebro Puleva o francés Saint Louis, que posúe o 13,5 % dos títulos, polo que a francesa era tamén a principal accionista da láctea galega.

En 2005 Leite Río merca as instalacións de Arteixo e a marca Leyma.

En 2012 Jesús Lence (propietario da empresa) presentou concurso de acredores no Xulgado Mercantil de Lugo para Gensabon SAU, empresa que xestionaba a planta de coxeración enerxética da fábrica de Sabón cunha débeda de catro millóns de euros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Leyma HistoriaLeyma NotasLeyma Véxase taménLeymaCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pilar AbellaAbraham MateoRaíña LupaMascatoOs outros feirantesFentaniloNordésMoañaAntártidaDiego AnidoAbu ZabiShakiraAnatemaO GroveXosé Lois FoxoJosé Darse SobrinoNordés (vento)ProxyCasto Sampedro FolgarPortomarínA EstradaLiña Verde (Chipre)EndovélicoSegunda República EspañolaThe WeekndMiguel Ángel RevillaAlexandre o GrandeCatedral de Santiago de CompostelaLista de palabras galegas de orixe celtaLa escopeta nacionalIrene Urdangarin y BorbónWilliam ShakespeareLuís Pérez BarralPilar RaholaSara García AlonsoEduardo PondalJesús Vázquez AlmuíñaBaldo RamosAna PeleteiroEstación de OrdesPO-201Papel vergadoPO-213Luísa VillaltaAntonio de la TorrePaís VascoGustave CourbetMiguel Ángel Zabalza BerazaDani CarvajalXosé Luís Méndez FerrínPO-206Toni KroosPneumáticoRamón NietoAnxo Lorenzo SuárezWikipedia17 de abrilAbel CaballeroXohana TorresJames BrownBarón RojoRamón Otero PedrayoRaúl Santamaría GonzálezEva MejutoEstadio Municipal de RiazorXXX edición dos Premios GoyaVómito (grupo musical)Lista das canles de YouTube máis subscritasFC Bayern MünchenGerardo Criado GuizánPartido LibertarioEuropaVKBelén RegueiraPaulo Carril🡆 More