A Universidade da Coruña é unha universidade pública, creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia.
Encóntrase estruturada territorialmente en sete campus na Coruña —A Mestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Oza, Bastiagueiro e Oleiros (estes dous no concello de Oleiros)— e dous en Ferrol —Esteiro e Serantes—.
Universidade da Coruña | |
---|---|
Logotipo da UDC coa lenda Hac Luce ('Aquí, a luz'). | |
Datos xerais | |
Localización | A Coruña / Oleiros / Ferrol |
Datos actuais | |
Reitor | Ricardo Cao |
Alumnos | 21.136 (Curso 2010-2011) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Rúa da Mestranza, s/n. 15001 A Coruña Galicia |
Páxina web | www.udc.gal |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia, como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñaría de Deseño Industrial, Enxeñaría Naval e Oceánica, Podoloxía, Socioloxía ou Xestión Industrial da Moda.
A Universidade da Coruña foi creada o 20 de xullo de 1989 coa aprobación da Lei 11/1989 do 20 de xullo. O seu claustro constituínte aprobou en 1992 os estatutos e o primeiro programa universitario..
Desde a súa fundación, a Universidade da Coruña mantivo nos seus campus e centros adscritos un alumnadoo superior ou próximo aos vinte mil, co máximo nos inicios dos anos 2000. Desde a década de 2010, o alumnado foi diminuíndo. A evolución do alumnado foi a seguinte:
A rede de bibliotecas da Universidade da Coruña conta con 17 espazos repartidos entre os campus ferroláns e coruñeses e un servizo central no Edificio Xoana Capdevielle no Campus de Elviña, amais dunha biblioteca dixital. En 2005 abriuse o repositorio da Universidade da Coruña, no que hai catalogadas obras producidas na universidade e dixitalizadas.
A máxima autoridade da Universidade da Coruña ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.
É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. Ten un mandato de catro anos con posibilidade de reelección.
As Vicerreitorías coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico baixo a autoridade da reitoría. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes:
En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade. Este recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega, tal e como establecen os seus estatutos. Este Plano veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005. A través del, a UDC debe pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución. Cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa.
Entre outras medidas recollidas no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. Respecto ás materias, a UDC quere lograr que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade da Coruña |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Universidade da Coruña, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.